Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Programas de Animación Sociocultural Código 652811201
Titulación
Diplomado en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Segundo Troncal 5.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web http://htpp://www.udc.es/dep/pdce/CV_Hector.htm
Descrición xeral Procúrase a adquisición de competencias e habilidades na acción e xestión cultural, dominando a terminoloxía básica e o manexo de ferramentas habituais no deseño e elaboración de programacións socioculturais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A10 Comprender os fundamentos do deseño e uso dos medios e recursos para a acción socioeducativa.
A15 Deseñar e desenvolver proxectos, programas, servizos e accións nos diversos ámbitos de traballo socioeducativo.
A16 Planificar procesos de avaliación e avaliar a calidade de proxectos, programas, servizos e accións nos ámbitos de traballo socioeducativo.
B1 Coñecer, e saber utilizar as fontes de información.
B17 Ser capaz de actuar con creatividade, incorporando perspectivas diferentes e ofrecendo novas solucións aos problemas.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Deseñar e desenvolver proxectos, programas, servizos e accións nos diversos ámbitos de traballo socioeducativo. A15
B17
Planificar procesos de avaliación e avaliar a calidade de proxectos, programas, servizos e accións nos ámbitos de traballo socioeducativo. A16
Coñecer, e saber utilizar as fontes de información. B1
Promover a utilización integrada de elementos metodolóxicos para a configuración e o desenvolvemento de programas de ASC. A10
Contribuir á capacitación do alumnado na adquisición e no desenvolvemento de capacidades de análise, reflexión, programación e acción sociocultural nas comunidades.

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. INTRODUCIÓN
Tema 1.- A Animación Sociocultural: análise conceptual, aparición e evolución histórica. O Desenvolvemento Local e a terminoloxía afín.
Tema 2.- Principais ámbitos de intervención da Animación Sociocultural. Diversas perspectivas.
BLOQUE II. DESEÑO, PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN DE PROGRAMAS DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL.
Tema 3.- Deseño e avaliación de proxectos de Animación Sociocultural: as súas fases de elaboración.
Tema 4.- Os/as animadores socioculturais: a súa profesionalización. Breve achegamento a súa problemática profesional.
BLOQUE III. A INTERVENCIÓN.
Tema 5.- Animación Sociocultural e territorio: espazos, recursos e experiencias. 5-1 Acción Sociocultural Local: Propostas organizativas para os municipios.
5-2 Áreas de intervención. Exemplificacións prácticas.
5-3 Cidadanía e participación. A promoción da participación social.
5-4 Aproveitamento sociocultural dos recursos endóxenos: o Patrimonio Cultural como motor de desenvolvemento local.
5-5 Xestión cultural: artes escénicas e musicais, exposicións...
5-6 A promoción da creatividade na cidadanía e o apoio aos creadores

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 40 40 80
Estudo de casos 6 6 12
Discusión dirixida 4 0 4
Traballos tutelados 4 15 19
Recensión bilbiográfica 0 10 10
Lecturas 0 4 4
Saídas de campo 4 4 8
Portafolios do alumno 0 4 4
Proba de ensaio 2 8 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Non será un traballo individual, neste caso. O alumnado deberá desenvolver un traballo en grupo (máximo 4 compoñentes) consistente en realizar unha petición de subvención en base a un proxecto diante dunha administración pública.

Para a realización de dito traballo en grupo, todos os compoñentes de cada grupo deberán asistir a un mínimo de titorías co profesor.



Prof. Héctor M. Pose
Despacho: PB08
Luns, 18 a 20h.
Mércores, 10-14h.
Télf. 981-167000 ext. 1897
hector@udc.es

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral A asistencia e participación activa nas sesións maxistrais será avaliada en positivo. Ao remate de cada sesión, o profesor estimará aquelas intervencións (en término de número e calidade) producidas na aula. 15
Traballos tutelados Ao momento de pactar o traballo do grupo (deseño...) o profesor dirá os criterios avaliativos 20
Recensión bilbiográfica Valorarase correctamente a recensión do libro acordado ao principio do curso 15
Lecturas Os documentos que o profesor irá proporcionando ao alumnado estarán a súa disposición no servizo de reprografía ou serán entregados polo propio docente 10
Proba de ensaio A proba consistirá en preguntas abertas e a desenvolvar, nun caso, e noutro, será unha pregunta curta 30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica (). .

ALBERICH, T. (1994): "Experiencias positivas de participación ciudadana en municipios españoles". En HERRERA, F. (ed.): Izquierda europea y poder local. Alfa-Delta, Madrid, pp. 157-173.

ALDANONDO, P. e ESCUDERO, J. (2002): La política cultural en el municipio. Fund. Autor, Madrid.

ANDER EGG, E. (1984): Metodología y práctica de la A. Sociocultural. Humanitas, Bos Aires.

ANDER- EGG, E. (1987): Política cultural a nivel municipal. Humanitas, Bos Aires.

ANDER-EGG, E. (1989): La animación y los animadores. Narcea, Madrid.

ARMAS, P. (2003): “Turismo cultural e desenvolvemento local”. interea visual, nº 1, pp. 28-30.

ASENSIO, M. e POL, E. (2002): Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. Aique, Buenos Aires.

AYTO. BARCELONA (1992): La ciudad educadora. Barcelona.

BESNARD, P. (1991): La animación sociocultural. Paidós, Barcelona.

BONET, L. e outros (2000): Gestión de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.

BOUZADA, X. (coord.) (1999): O desenvolvemento comunitario local. Un reto da sociedade civíl. Galaxia, Vigo.

BOUZADA, X. (coord.) (2000): Cultura e concellos: as estratexias da promoción cultural no ámbito local. Consello da Cultura Galega, Santiago.

BOUZADA, X. (coord.)(2004): Cultura e Participación. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

BUENO, J. R. (1991): Hacia un modelo de servicios sociales de acción comunitaria. Popular, Madrid.

CABALLO, B. e outros (1997): 131 conceptos clave en Educación Social. Universidade de Santiago, Santiago de Compostela.

CABALLO, Mª B. (2001): Los educadores sociales en la animación sociocultural. Pedagogía Social, nº 8. pp. 199-207.

CABALLO, Mª. B. e FRAGUELA, R. (coords.) (2005): A acción municipal no tempo libre. Deputación da Coruña, A Coruña.

CALVO, A. (2002): La animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación. Alianza editorial, Madrid.

CALAF, R. (coord.) (2003): Arte para todos. Miradas para enseñar y aprender el patrimonio. Trea. Xixón.

CAMARERO, C. e GARRIDO, Mª J. (2004): Marketing del patrimonio cultural. Pirámide, Madrid.

CAMPILLO, R. (1998): La gestión y el gestor del patrimonio cultural. ED. KR, Murcia.

CARIDE, J. A. (coord.) (2000): Educación Social y Políticas Culturales. Facultad de Ciencias da Educación, Santiago de Compostela.

CARRION, M. (1988): Manual de bibliotecas. Fund. GSR, Salamanca.

CEMBRANOS, F. e outros (1988): La A. Sociocultural: una propuesta metodológica. Popular, Madrid.

COLBERT, F. e CUADRADO, M. (2003): Marketing de las Artes y la Cultura. Ariel Patrimonio, Madrid.

COLOM, A. (1987): Modelos de Intervención Socioeducativa. Narcea, Madrid.

CONCELLO DE VIGO (edit.) (2005): Ámbitos de Galicia. Análise e perspectiva de Galicia do século XXI. Fundación Caixa Galicia e Concello de Vigo, Vigo.

CUADRADO, M. e BERENGUER,G. (2002): El consumo de servicios culturales. ESIC, Madrid.

CUENCA, M. (1984): Educación para el ocio. Actividades escolares. Cincel, Madrid.

DIAZ, A. (1992): Gestión sociocultural. La eficacia social. Comunidad de Madrid.

ESCUDERO, J. (2004): Análisis de la realidad local. Técnicas y métodos de investigación desde la animación sociocultural. Narcea. Madrid.

FEMP (2002): La política cultural en el municipio.SGAE, FEMP. Madrid.

FERNANDEZ, E. (1991): La política cultural. Trea, Xixón.

FONTAL, O. (2003): La educación patrimonial. Trea, Xixón.

FRANCH, J. e MARTINELL, A. (1994): Animar un proyecto de educación social. Paidós. Madrid.

FROUFE, S. e SANCHEZ, M. (1991): Planificación e intervención socioeducativa. Amaru, Salamanca.

FROUFE, S. e SÁNCHEZ, M. A. (1990): Animación sociocultural. Nuevos enfoques. Amarú. Salamanca.

GONZALEZ, R. (1989): Centros cívicos: presente y futuro. Cultura y participación. Popular, Madrid.

GUTIÉRREZ RUEDA, L. (2001): Métodos para la Animación Sociocultural. CCS, Madrid.

http://www.agenda21cultura.net

http://cidadedacultura.es

http://www.portoalegre.rs.gov.br/agenda_21

IBAR, M. e outros (1992): Como organizar y gestionar una entidad de ASC. Narcea. Madrid.

LÓPEZ DE AGUILETA, I. (2000): Cultura y Ciudad. Trea. Xixón.

LÓPEZ DE CEBALLOS, P. (1991): Formación de animadores y dinámicas de animación. Popular, Madrid.

MARCHIONI, M. (1989): Planificación social y organización de la comunidad. Popular, Madrid.

MARIN, R. e PEREZ, G. (1990): Investigación en ASC. Uned, Madrid.

MARTIN, M.T. (coord.) (2000): Planificación y diseño de proyectos de ASC. Sanz y Torres. Madrid.

MERINO, J. V. (1997): Programas de Animación Sociocultural. Narcea. Madrid.

NOGUEIRAS, L. M. (1996): La práctica y teoría del Desarrollo Comunitario. Narcea, Madrid.

PASTOR, Mª I. (2004): Pedagogía museística. Ariel Patrimonio, Madrid.

PATTE, G. (1988): ¡Dejadles leer! Los niños y las bibliotecas. Pirene, Barcelona.

PÉREZ, M. P. (1994): Como determinar las necesidades de intervención socioeducativa. Narcea, Madrid.

PEREZ SERRANO, G. (1993): Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Narcea. Madrid.

PETRUS, A. (coord.) (1997): Pedagogía Social. Ariel. Madrid.

POSE, H. (coord.) (2003a): Actas do interea 2002. Deputación da Coruña. A Coruña.

POSE, H. (2003b): “Creatividade e cidadanía: binomio fantástico”. interea visual nº 1, pp. 34-36.

PUIG, T. (1988): A. Sociocultural, cultura y territorio. Popular, Madrid.

QUINTANA, J. Mª. (1985): Fundamentos de ASC. Narcea, Madrid.

QUINTANA, J. Mª (1993): Los ámbitos profesionales de la Animación. Narcea, Madrid.

REV. INTERUNIV. De PEDAGOGIA SOCIAL (1992): Monográfico “Educación y Desarrollo Comunitario”. Nº 7.

RESOHAZY, R. (1988): El desarrollo comunitario. Narcea, Madrid.

REVISTA DE EDUCACIÓN (2005): Sociedad lectora y educación. MEC, Madrid.

REVISTA GRIAL (1996): Os dilemas da acción cultural. nº 130. Galaxia. Vigo.

REVISTA INTEREA VISUAL: Nºs 0, 1 e 2. Deputación da Coruña, A Coruña.

ROSELLÓ, D. (2004): Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.

SANCHEZ, M. (1991): Metodología y práctica de la participación. Popular, Madrid.

SANTCOVSKY, H. (1995): Los actores de la cultura. Hacer, Barcelona.

SANTILLÁN, R.; ARIEL, H. (comp.) (2004): El gestor cultural: ideas y experiencias para su capacitación. Ediciones CICCUS, Buenos Aires.

SOLER, P. (1995): La animación sociocultural como metodología y sector profesional del educador social. Claves de Educación Social. Nº 1. Pp. 28-31.

SUBIRATS, J. (Editor) (1999): ¿Existe sociedad civil en España? Fund. Encuentro, Madrid.

TEJERINA, I. (1994): Dramatización y teatro infantil. SXXI, Madrid.

TRILLA, J. (1993): Otras educaciones. Animación Sociocultural, formación de adultos y ciudad educativa. Anthropos, Madrid.

TRILLA, J. (coord.) (1997): Animación Sociocultural. Ariel, Barcelona.

UCAR, X. (1992): La animación sociocultural. CEAC, Barcelona.

UCAR, X. (1992): El teatro en la animación sociocultural. Diagrama, Madrid.

ÚCAR, X.; LLENA, A. (coords.) (2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó, Barcelona.

VV. AA.(1982): La animación sociocultural en los municipios. Popular, Madrid.

VV. AA.(1989): Procesos socioculturales y participación. Popular, Madrid.

VV. AA. (2001): Cultura, Desarrollo y territorio. Xabide. Vitoria-Gasteiz.

VENTOSA, V. (1992): Educación social, animación e instituciones. CCS, Madrid.

VENTOSA, V. (1992): Evaluación de la animación sociocultural. Popular, Madrid.

------------------ (1996): La expresión dramática como medio de animación en educación social. Amarú, Salamanca.

-------------- (1998): Manual del monitor de tiempo libre. CCS. Madrid.

VICHE, M. (1989): Intervención sociocultural. Dissabte, Valencia.

-------------- (1999): Una pedagogía de la cultura. Certeza, Zaragoza.

VIEITES, M. (1999): Do novo teatro á nova dramaturxia. Vigo, Xerais.

VIEITES, M. (coord.) (2000): Animación teatral. Teorías, materiais, experiencias. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

XUNTA DE GALICIA (2002): O patrimonio cultural. Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Santiago de Compostela.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías