Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Teoría da Educación non Formal e Informal Código 652811202
Titulación
Diplomado en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Profesorado
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Comprender os supostos e os fundamentos teóricos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A4 Coñecer as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A8 Coñecer as características dos contornos de intervención do/a educador/a social, da súa evolución e prospectiva, así como da súa configuración e regulamentación a través de institucións profesionais.
A18 Coñecer, integrar e articular os recursos sociais, institucionais persoais para levar a cabo o traballo nun determinado ámbito de acción.
A25 Desenvolver unha disposición, aptitude e competencia lingüística que favoreza o traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Coñecer, e saber utilizar as fontes de información.
B3 Saber presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B6 Comunicarse oralmente e por escrito nas linguas oficiais.
B9 Capacidade crítica e autocrítica.
B11 Recoñecer e respectar a diversidade e a multiculturalidade.
B12 Ser capaz de cuestionar a propia escala de valores e comprender as responsabilidade éticas, profesionais e sociais da profesión.
B17 Ser capaz de actuar con creatividade, incorporando perspectivas diferentes e ofrecendo novas solucións aos problemas.
B18 Ser quen de actuar con iniciativa, autonomía e creatividade, incorporando perspectivas diferentes e ofrecendo novas solucións aos problemas.
B19 Saber traballar en equipo de xeito colaborativo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os supostos e os fundamentos teóricos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. A3
B1
B3
B9
B11
B18
B19
C1
C3
C4
C7
C8
Coñecer as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. A4
Coñecer as características dos contornos de intervención do/a educador/a social, da súa evolución e prospectiva, así como da súa configuración e regulamentación a través de institucións profesionais. A8
Coñecer, integrar e articular os recursos sociais, institucionais persoais para levar a cabo o traballo nun determinado ámbito de acción. A18
Desenvolver unha disposición, aptitude e competencia lingüística que favoreza o traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. A25
Coñecer, e saber utilizar as fontes de información. B1
Comunicarse oralmente e por escrito nas linguas oficiais. B6
Ser capaz de cuestionar a propia escala de valores e comprender as responsabilidade éticas, profesionais e sociais da profesión. B12
Ser capaz de actuar con creatividade, incorporando perspectivas diferentes e ofrecendo novas solucións aos problemas. B17
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
I: Educación formal, non formal e informal como universo educativo. Delimitacións conceptuais, terminolóxicas e relacionais.

1.- O universo educativo: diversos planteamentos.
2.- Expresións e conceptos pedagóxicos próximos ós de educación informal e non formal.
3.- Tripartición do universo educativo e relación entre os tres sectores. Cuestións críticas.
II: Educación informal

1.- A educación informal e outros conceptos sociolóxicos, antropolóxicos e psicolóxicos.
2.- O concepto de educación informal.
3.- Educación informal e formalización.
III: Educación non formal.


1.- Aspectos conceptuais, históricos e metodolóxicos da educación non formal.
2.- Ámbitos de educación non formal.
3.- Planificación e avaliación en educación non formal.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 3 0 3
Análise de fontes documentais 9 18 27
Aprendizaxe colaborativa 0 15 15
Eventos científicos e/ou divulgativos 0 6 6
Lecturas 0 20 20
Traballos tutelados 0 20 20
Presentación oral 2 0 2
Recensión bilbiográfica 0 20 20
Sesión maxistral 2 0 2
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Lecturas
Traballos tutelados
Presentación oral
Recensión bilbiográfica
Descrición
Tanto as sesións maxistrais como a análise de fontes documentais, así como os traballo relativos ao estudo de casos, as presentacións orais ou as actividades de aprendizaxe colaborativa terán unha atención personalizada ao alumnado coa finalidade de facer un seguimento individualizado do seu traballo e das súas actividades de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 15
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. 5
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. 10
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
35
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. 25
 
Observacións avaliación
- A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será obxecto de avaliación.
- Calquer circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración

Fontes de información
Bibliografía básica VARELA ULLA, C. M. (Coord.) (2002). A Realidade da acción cultural, xuvenil e deportiva dos concellos da provincia da Coruña : informe preliminar. Coruña, Deputacion Provincial de A Coruña
KAPUSCINSKI, R. (1998). Ébano. Barcelona, Anagrama
SARRAMONA, J. et al. (1998). Educación no formal. Barcelona, Ariel
SANZ FERNÁNDEZ, F. (2006). El aprendizaje fuera de la escuela. Tradición del pasado y desafío para el futuro. Madrid, Ediciones Académicas
VIDAL P. (coord.) (2006). El movimiento asociativo juvenil : escuelas de ciudadanía: la valoración social de los aprendizajes en las organizaciones juveniles. Madrid, Consejo de la Juventud de España
CASTILLO ARREDONDO, S., CABRERIZO DIAGO, J. (2004). Evaluación de programas de intervención socioeducativa : agentes y ámbitos. Madrid, Pearson
DOMÍNGUEZ ARANDA, R., LAMATA COTANDA, R., BARÁIBAR LÓPEZ, J. M. (Coords.) (2003). La construcción de procesos formativos en educación no formal. Madrid, Narcea
TRILLA, J. et al. (1998). La educación fuera de la escuela: ámbitos no formales y educación social. 3ª ed.. Barcelona, Ariel
TRILLA, J. (1986). La educación informal. Barcelona, PPU
BADIA GARGANTÉ, A., MAURI MAJÓS, T., MONEREO FONT, C. (Coords.): (2006). La práctica psicopedagógica en educación no formal. Volumen II.. Barcelona, UOC
PASTOR HOMS, Mª. I. (2001). Orígenes y evolución del concepto de educación no formal”, en :Rev. Española de Pedagogía, año LIX, nº 220, 525-544..
Galeano, E. (1998). Patas arriba. Madrid, Siglo XXI
SANTOS REGO, A. (ed.) (2009). Políticas educativas y compromiso social. Barcelona, Octaedro
ESPADA, A. (2000). Raval. del amor a los niños. Barcelona, Anagrama
RODRÍGUEZ-ABELLA GÓMEZ, XOSÉ M. (2000). Recursos educativos públicos do municipio de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Concello de Santiago de Compostela, Departamento de Educación e Mocidade
JORDÁN SIERRA, J. A. (1993). Reflexiones en torno a la consideración pedagógica de la educación formal, no formal e informal, Teoría de la educación, vol. 5, 139-148..
(2005). REVISTA DE EDUCACIÓN .
PASTOR HOMS, Mª. I. (1999). “Ámbitos de intervención en educación no formal. Una propuesta taxonómica”, en Teoría de la educación, vol. 11 (1999), 183-215..

Bibliografía complementaria BOUZADA FERNÁNDEZ, X. (Coord.) (2000). Cultura e concellos : as estratexias da promoción cultural no ámbito local: actas dos I Encontros Cultura e Concellos celebrados en Santiago de Compostela o 27 e 28 de novembro de 1998. Santiago de Co. Santiago, Consello da Cultura Galega
BOUZADA FERNÁNDEZ, X. (Coord.) (2001). Cultura e desenvolvemento local : actas dos II Encontros Cultura e Concellos celebrados en Santiago de Compostela o 23 e 24 de xuño de 2000. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega
BOUZADA FERNÁNDEZ, X. (Coord.): (2006). Cultura e novas tecnoloxías : actas dos IV Encontros Cultura e Concellos celebrados os días 18 e 19 de xuño de 2004 en Santiago de Compostela. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega
BOUZADA FERNÁNDEZ, X. (Coord.) (2004). Cultura e participación : actas dos III Encontros Cultura e Concellos celebrados os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2001 en Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
BOUZADA FERNÁNDEZ, X. (Coord.) (2004). Cultura e participación : actas dos III Encontros Cultura e Concellos celebrados os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2001 en Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
MOCHÓN MORCILLO, F. (2009). Economía, Teoría y Política. Aravaca (Madrid). McGraw Hill
AGUIAR DE LUQUE (dIR.) (2009). Estado aconfesional y laicidad. Cuadernos de Derecho Judicial. Madris, CGPJ


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
- É obrigatoria a entrega cumprimentada da ficha de identificación personal. - Non se admitirán traballos dos que o profesor ou profesora non teña constancia da sua realización. - As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. - Para poder ser calificado/a e avaliado/a é neceario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A. - Os traballos escritos presentaránse grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora). Non é necesario entregalos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou diseños similares. É aconsellable facer copi do orixinal que se entregue. - As Titorías serán, Luns: de 11-12:30 e de 16 a 18 horas martes: de 10:30 a 14:30 horas - Data do examen: decembro: 01/02/2010 12-14 horas, aula -1/3 setembro: 14/09/2010 09-11 horas, 1aula 1/1


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías