Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos Código 652G01007
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Porto Rioboo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.prioboo@udc.es
Profesorado
Porto Rioboo, Ana Maria
Santorum Paz, Maria Rosa
Correo electrónico
ana.prioboo@udc.es
rosa.santorump@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata da comprensión dos procesos educativos e da aprendizaxe e dos determinantes persoais e relacionais e contextuais da aprendizaxe escolar.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
B1 Aprender a aprender.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a psicoloxía da educación ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado da súa participación en situacións educativas. A1
Coñecer, comprender e reflexionar sobre as principais teorías, concepcións e tipos de aprendizaxe e as súas implicacións educativas e valorar a importancia de facer unha aprendizaxe constructiva, significativa e interactiva. A1
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza intrapersoal ou propias do alumnado, tanto do ámbito cognitivo como afectivo e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A5
A6
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza relacional ou contextual e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A5
A6
B1
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B1
B5
B24
C6
C7
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A1
B1
B5
C6
C7
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. A1
B1
C6
C7
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. A5
B5
B24
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. A6
B1
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outras compañeiras e compañeiros e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. A6
B1
B5
B24
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad B24

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: O PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE DESDE A PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN

1. A transformación da educación en desenvolvemento
2. O estudo da aprendizaxe a través da Psicoloxía da Educación
2.1. O obxecto de estudo da P.E.
2.2. Os contidos da P.E.
3. A sistematización dos procesos de ensino/aprendizaxe escolar

Actividades prácticas

TEMA 2: A APRENDIZAXE ESCOLAR NA PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN 1. Introdución
2. Principais enfoques psicolóxicos da aprendizaxe
2.1. Enfoque condutista
2.2. Enfoque cognitivo
3. Categorías/tipos de aprendizaxe escolar
4. Trazos relevantes da aprendizaxe escolar
5. Os procesos de aprendizaxe

Actividades prácticas

TEMA 3: MOTIVACIÓN PARA A APRENDIZAXE
1. Introdución
2. Que é a motivación escolar e de que depende?
3. O compoñente de valor da motivación: as metas académicas
3.1. Metas de aprendizaxe e metas de execución
3.2. O sistema educativo e a formación de metas
4. Os compoñentes de expectativa e afectivo-emocional da motivación
4.1. As atribucións causais
4.1.1. As dimensións da causalidade
4.1.2.Consecuencias cognitivas (expectativas) e afectivas das atribucións de causalidade
4.1.3. Estilos atribucionais e motivación
4.2. O autoconcepto como variábel motivacional
4.2.1. Teoría de autovalía

Actividades prácticas
TEMA 4: COMPETENCIAS SOCIO-EMOCIONAIS 1. Introdución
2. Intelixencia emocional
2.1. A importancia de desenvolver a intelixencia emocional
2.2. Habilidades emocionais
3. Competencias socio-emocionais
4. A práctica da educación emocional na educación infantil

Actividades prácticas
TEMA 5: FACTORES INTERPERSOAIS E CONTEXTUAIS QUE AFECTAN Á APRENDIZAXE ESCOLAR
1. Introdución
2. A interacción profesorado-alumnado
2.1. Representacións mutuas
2.2. Efectos das expectativas na educación
3. Interacción entre o alumnado
3.1. Introdución
3.2. Preferencia e popularidade entre iguais
3.3. Nivel de participación do alumnado
3.3.1. Aprendizaxe cooperativa
3.3.2. Titoría entre iguais
3.3.3. Colaboración entre iguais
3.4. A construción do coñecemento na interacción entre o alumnado
3.4.1. Mecanismos interpsicolóxicos
3.4.2. Factores moduladores

Actividades prácticas





Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 0 17
Estudo de casos 0 2 2
Traballos tutelados 6 40 46
Aprendizaxe colaborativa 10 28 38
Análise de fontes documentais 1 12 13
Portafolios do alumno 5 17 22
Proba mixta 2 10 12
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Estudo de casos Metodoloxía na que terán que elaborar informes-artigos psicoeducativos a partir de datos reais que terán que ser obtidos polo propio alumnado. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora en escenarios diferentes ao da aula.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, artigos etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado de forma colaborativa nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todas as actividades e prácticas relativas a cada tema.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de recordo libre e de recoñecemento sobre os contidos teórico-prácticos de cada un dos temas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Descrición

A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico e práctico e na elaboración dos informes pertinentes. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Traballo en grupos para elaborar informes-artigos de casos psicoeducativos, a partir da aplicación de probas. 0
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador de cada grupo de traballo, ordenado por temas, que contén as actividades e prácticas de aprendizaxe realizadas polo alumnado da materia.
Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos e análise de fontes documentais será o material que se contemple na avaliación.
75
Traballos tutelados Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 0
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 0
Análise de fontes documentais Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Proba mixta Esta proba de carácter individual realizarase ao finalizar cada un dos temas da materia, para verificar o grao de adquisición das competencias do saber e saber facer. 25
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. Dependendo
da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de
seguir a materia de “Psicoloxía da Aprendizaxe en Contextos Educativos” que
determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación
Continua e Modalidade B de Avaliación Final 


Modalidade A:
Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das
mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o
85% das horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4
módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola
modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia).

Esta avaliación
levarase a cabo a partir dun dossier ou carpeta de traballo (portafolio) que
incluirá: 

a/ As actividades individuais e de grupo de cada un dos temas que suporán un máximo dun 25% da cualificación 

b/ As prácticas grupais que se suxiren para cada tema e que suporán un máximo do 50% da cualificación.

Para
superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades e prácticas propostas para cada tema  e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas.

c/
As probas mixtas individuais sobre os contidos teórico-prácticos da
materia. Isto representa como máximo un 25% da cualificación.


Modalidade B:
Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas
presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta proba será a
fixada polo Centro.

OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica GONZÁLEZ PIENDA, J.A. e outros (Coords.) (2002). Manual de psicología de la educación.. Madrid: Pirámide.
SAMPASCUAL, G (2001). Psicología de la educación. Madrid: UNED.
BUENO, J.A. e CASTANEDO, C. (Coords.) (2001). Psicología de la educación aplicada. Madrid: CCS (2ª ed.)
TRIANES, M.V. (Coord.); ABASCAL, J.[et al.] (1992). Psicología de la Educación para profesores . Málaga:Secretariado de Publicaciones
SAMPASCUAL, G (2002). Psicología del desarrollo y de la educaicón. Vol. II: Psicología de la educación.. Madrid: UNED.
WOOLFOLK, A. (1999). Psicología educativa. México: Prentice Hall (7ª ed.)
BASSEDAS, E., HUGUET, T. e SOLÉ, I. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Barcelona:Graó
COLL, C., PALACIOS, J. e MARCHESI, A. (Comps.) (1990). Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la educación.. Madrid: Alianza Psicológica.
COLL, C., PALACIOS, J. e MARCHESI, A. (Comps.) (2001). Desarrollo psicológico y educación. II. Psicología de la educación escolar.. Madrid: Alianza. Psicología y Educación
PONTECORVO, Cl. (Coord.) (2003). Manual de psicología de la educación . Madrid: Editorial Popular
BELTRAN, J. e outros/as (1992). Psicología de la educación. Madrid: EUDEMA
BELTRAN, J. e BUENO, J.A. (Eds.) (1995). Psicología de la educación. Barcelona: Marcombo.
SPRINTHALL, N.A., SPRINTHALL, R.C. e OJA, S.N. (1996). Psicología de la educación. Madrid: McGraw Hill (6ª Ed.)
SANTROCK, J.W. (2001). Psicología de la educación. México: McGraw Hill.
SANTROCK, J.W. (2006). Psicología de la educación. México: McGraw Hill (2ª ed.)
MAYER, R.E. (2004). Psicología de la educación . Madrid : Pearson Educación
NAVARRO, J.I. e MARTÍN, C. (Coords.) (2010). Psicología de la educación para docentes. Madrid: Pirámide
TRIANES, M.V. (Coord.) (1996). Psicología de la educación para profesores. Madrid: Pirámide (Biblioteca Eudema)
GONZÁLEZ PÉREZ, J. e CRIADO, M.J. (2004). Psicología de la educación para una enseñanza práctica. Madrid:CCS
TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (1998). Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide.
TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (2004). Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares.. Madrid: Pirámide.
MARTÍN SÁNCHEZ, M.V. (2009). Psicología de la educación y del desarrollo en educación infantil . Málaga: Ediped
MIRAS MARTÍNEZ, F. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar . . Granada:Grupo Editorial Universitario
GOOD, T.H.L. e BROPHY, J. (1996). Psicología educativa contemporánea. . Madrid: McGraw Hill (5ª ed.).
HENSON, K.T. e ELLER, B.F. (2000). Psicología educativa para la enseñanza eficaz. . México: International Thompson Editores.
MARCHESI, A. (2004). Que será de nosotros, los malos alumnos. Madrid:Alianza Ensayo
GÓMEZ, A. (2010). Unha viaxe pola infancia. Vigo: Ir Indo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías