Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A8 |
Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan. |
A9 |
Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades. |
A12 |
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. |
A13 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A19 |
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. |
A21 |
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6. |
A26 |
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. |
A32 |
Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B16 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
B20 |
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
- Situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural mediante o racismo, o etnocentrismo, a dominanción lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. |
A9 A13 A19 A26
|
B3 B11 B20 B24
|
|
O alumnado: - Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. |
A1 A9 A13
|
B11 B20 B24
|
C4
|
- Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutábeis, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. |
A1 A19 A26
|
B20
|
C6
|
- Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro. |
A8 A12 A21 A32
|
B5 B16 B20 B24
|
C4
|
- Comprenderá, analízará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe. |
A1 A9 A12 A21 A26
|
B3 B5 B11 B16 B24
|
C6 C8
|
- Iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. |
A1 A8 A9 A12 A13 A19 A21 A26 A32
|
B3 B5 B11 B16 B20 B24
|
C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Estratexias didácticas na atención á diversidade e a educación inclusiva na etapa de Educación Infantil
|
A educación como práctica cultural
Contextos institucionais da educación
|
Modelos de Educación Multicultural
|
Procesos da marxinazatión nos espazos escolares
Identidade, fronteiras, e a globalización
Pedagoxía crítica e xustiza social |
Atención á diversidade cultural e funcional, discapacidade e inclusión na escolaridade temperán: minorías étnicas, inmigrantes, emigrantes, persoas con discapacidade
|
Diversidade funcional: “a diferenza que fai unha diferenza”
A construción social do éxito e do fracaso escolar
Asimilación, integración, e “Atención á diversidade” |
Multiculturalismo, prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares |
Construíndo o Outro- racismo e xenofobia
Sexo, xénero, e heteronormatividade
Minorización de linguas e variacións dialectais
|
Globalización e curriculum na Educación Infantil, formas interculturais de representación e participación na etapa de Infantil |
Transversalidade, flexibilidade, e cooperación
Representación, recognición, e participación
Procesos de reflexión, investigación, e innovación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
20 |
0 |
20 |
Lecturas |
0 |
30 |
30 |
Sesión maxistral |
22 |
40 |
62 |
Proba mixta |
2 |
4 |
6 |
Traballos tutelados |
0 |
30 |
30 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Os traballos tutelados (ver descrición abaixo) e as actividades puntuais que se levan a cabo nas clases interactivas |
Lecturas |
Lecturas obrigatorias que se len fora da aula e que se poden clarificar durante as clases expositivas, e lecturas adicionais que apoian a información presentada nas clases expositivas e que forman a base bibliográfica para os traballos. |
Sesión maxistral |
Exploracións e explicacións baseadas tanto nas lecturas básicas da materia como noutras que complementan e enriquecen as básicas |
Proba mixta |
Exame final enfocado nos apuntes das clases expositivas, nas actividades nas clases interactivas, e nas lecturas obrigatórias |
Traballos tutelados |
Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Recíbese unha atención personalizada, ao nivel do grupo de traballo, durante as clases interactivas e as titorías (por iniciativa do alumnado). Pódese recibir unha atención personalizado ao nivel individual durante as titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Exame final enfocado nos apuntes das clases expositivas, nas actividades nas clases interactivas, e nas lecturas obrigatórias |
60 |
Traballos tutelados |
Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A materia é presencial. As
faltas de asistencia deberían ser xustificadas por informe medico ou
laboral.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Unha lista de
lecturas obrigatorias, máis os documentos ou enlaces aos documentos, atópanse
no Moodle. |
Bibliografía complementaria
|
|
Unha lista de
lecturas complementarias, máis algúns documentos ou enlaces aos documentos, atópanse
no Moodle. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|