Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Didáctica da lingua galega Código 652G01015
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é proporcionar un marco teórico e metodolóxico para o traballo da lingua galega na aula. Trátase, en primeiro lugar, de facer consciente o alumnado do carácter transversal do ensino lingüístico e da responsabilidade das mestras e mestres como modelos de lingua. Incidirase, neste sentido, na importancia de adquirir unha competencia lingüística e comunicativa suficiente en lingua galega. Estudaranse, de modo xeral, os condicionamentos do ensino de linguas en contextos multilingües e, máis especificamente, as características do caso galego. Esta análise sociolingüística servirá de alicerce ás estratexias que se poñan en práctica na aula de Educación Infantil para o ensino-aprendizaxe das linguas. A materia abordará así mesmo cuestións curriculares que atinxen a todo o bloque de Linguaxe Verbal e tentará familiarizar as alumnas e alumnos coa programación didáctica nesta área, en particular no que atinxe ao traballo no eido da comunicación oral.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A5 Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A31 Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
A60 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A65 Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Capacidade de adaptación a situacións novidosas.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B14 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B23 Habilidades sociais para exercer o liderado na aula.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico A48
B6
B24
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega A43
A44
A46
B14
B19
C1
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega A42
A45
A50
A51
B11
C6
C7
C8
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego A31
Coñecer os fundamentos do currículo de lingua da etapa de Educación Infantil en Galiza A31
Familiarizarse con documentos como a planificación sociolingüística, o proxecto educativo e o proxecto lingüístico de centro A31
A48
A62
B2
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística A4
A5
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües A48
Coñecer as particularidades da situación sociolingüística galega A13
A23
A26
B24
C4
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galego-falante e non galego-falante A42
A43
A44
A46
A47
A48
A49
A63
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega A48
B24
Saber programar actividades para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais A43
A44
A46
A49
A60
A65
B8
B18
B23
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos do ensino lingüístico 1.1. Que é ensinar lingua?
1.2. A competencia lingüística e comunicativa do profesorado
2. A aprendizaxe da lingua en contextos multilingües 2.1. Conceptos básicos de Sociolingüística e Planificación Lingüística
2.2. Achegamento á situación sociolingüística galega
2.3. As linguas no sistema educativo galego: marco xurídico
2.4. Pautas para a planificación lingüística nos centros educativos galegos
3. O ensino da lingua na escola infantil 3.1. A Área de Linguaxes: Comunicación e Representación no currículo da Educación Infantil
3.2. Do currículo á programación didáctica
3.3. Algunhas estratexias para o traballo das habilidades lingüísticas na aula: a comunicación oral

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 10 2 12
Aprendizaxe colaborativa 10 2 12
Discusión dirixida 10 2 12
Estudo de casos 10 2 12
Lecturas 0 10 10
Obradoiro 10 2 12
Presentación oral 10 2 12
Proba de ensaio 2 16 18
Traballos tutelados 0 10 10
Proba oral 1 15 16
Sesión maxistral 22 0 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos bibliográficos e audiovisuais para a reflexión e crítica.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequenos grupos para resolver tarefas propostas polo profesorado.
Discusión dirixida Debate en grupos.
Estudo de casos Presentación dunha situación sociolingüística ou educativa concreta para a análise e discusión en grupos.
Lecturas Documentos para a ampliación dos contidos traballados na aula.
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición verbal na que se abordan contidos da materia de forma dinámica.
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico.
Traballos tutelados Traballo en grupo consistente na presentación dunha proposta didáctica
Proba oral Proba na que se avalían as habilidades lingüísticas e comunicativas do alumnado en lingua galega
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Obradoiro
Presentación oral
Proba de ensaio
Traballos tutelados
Proba oral
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá ao profesorado trabar coñecemento co alumnado e facer o seguimento dos seus progresos. As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado. 10
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico. 50
Traballos tutelados Traballo en grupo consistente na presentación dunha proposta didáctica 40
Proba oral Proba na que se avalían as habilidades lingüísticas e comunicativas do alumnado en lingua galega 0
 
Observacións avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que asistisen como mínimo ao 80% das sesións interactivas: participación activa nas clases (10% da cualificación), un traballo en grupo (50% da cualificación), un exame escrito (50% da cualificación) e un exame oral (ao que non se atribuirá nota númerica, senón as cualificacións "apto" ou "non apto"). Para superar a materia é preciso ter aprobados os dous exames e o traballo tutelado.

2. Para as persoas cuxa asistencia ás sesións interactivas non alcance o 80%: un exame escrito (100% da cualificación) e un exame oral (ao que non se atribuirá nota númerica, senón as cualificacións "apto" ou "non apto"). Para superar a materia é preciso ter aprobados os dous exames.


Fontes de información
Bibliografía básica

Álvarez Blanco, Rosario e Xosé Xove (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Barragán, Catalina et al. (2005). Hablar en clase. Cómo trabajar la lengua oral en el centro escolar. Caracas e Barcelona: Laboratorio Educativo e Graó.

Bigas, Montserrat e Montserrat Correig (eds.) (2000). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Madrid: Síntesis.

Bryant, Sara Cone (2003). El arte de contar cuentos. Barcelona: Biblaria.

Calvet, Louis-Jean (1998). A (socio)lingüística. Santiago de Compostela: Laiovento.

Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2009). Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.

Castro Macía, Luis (2007). Dicionario Xerais de sinónimos e antónimos. Vigo: Xerais.

Castro Macía, Luís (2008). Dicionario Xerais galego-castelán, castellano-gallego. Vigo: Xerais.

Crystal, David (2003). A morte das linguas. Vigo: Galaxia.

Feixó Cid, Xosé G. (2006). Gramática da lingua galega: síntese práctica. Vigo: Xerais.

Gonzalo-Bilbao Fernández, Pedro I. (1997). Estimulación del lenguaje oral en Educación Infantil. Vitoria-Gasteiz: Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.

González González, Manuel e Antón Santamarina Fernández (coords.) (2004). Vocabularioortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: Real Academia Galega. Accesíbel en liña en http://www.realacademiagalega.org/volga/

Monfort, Marc e Adoración Juárez Sánchez (1999). El niño que habla. El lenguaje oral en el preescolar. Madrid: CEPE.

Pablo Sánchez, Mª Jesús e Carmen Pérez Montero (1995). El taller de lenguaje oral en la Escuela Infantil. Baúl de recursos. Madrid: Siglo Veintiuno de España Editores.

Palou, Juli e Carmina Bosch (coords.) (2005). La lengua oral en la escuela. 10 experiencias didácticas. Barcelona: Graó.

Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega (2005). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. [A Coruña e Santiago de Compostela:] Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega. Accesíbel en liña en http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf

Rodari, Gianni (2001). Gramática de la fantasía. Introducción al arte de inventar historias. Barcelona: Ediciones del Bronce.

Sánchez-Cano, Manuel (coord.) (2009). La conversación en pequeños grupos en el aula. Barcelona: Graó.

Silva-Valdivia, Bieito (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago de Compostela: Universidade.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumnado debe ser capaz de expresarse correctamente en lingua galega, tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é preceptivo para a superación da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías