Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Didáctica da lingua castelán Código 652G01018
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=203
Descrición xeral Didáctica da lingua castelá (cód. 652G01018) é unha materia obrigatoria do 2º curso dos estudos do Grao en Educación Infantil. En colaboración con Didáctica da lingua galega (cód. 652G01015), contribúe a capacitar o/a futuro/a docente para perseguir e conseguir os obxectivos formativos propios da área de coñecemento «Linguaxes: comunicación e representación», terceira e derradeira das que constitúen o currículo da Educación Infantil.

Apenas é necesario ponderar a importancia que a Didáctica da lingua reviste para quen aspira a exercer a profesión docente. Abondará con advertir que é proporcional á que para o/a neno/a encerra o pleno desenvolvemento das súas habilidades lingüísticas. Nacida como instrumento para a exteriorización das necesidades do organismo, a linguaxe medra no neno ata se transformar en porta de entrada a un mundo intelectual que se superpón ao mundo material en que os seres humanos asentamos os nosos pés. Os humanos non vivimos soamente no universo físico, senón tamén, como dixo o filósofo Ernst Cassirer, nun universo simbólico. O noso medio ambiente non está constituído de xeito exclusivo por obxectos físicos, senón tamén por obxectos culturais —se así se pode dicir— que «viven» na linguaxe, a aos que só podemos acceder por medio da linguaxe: os costumes, as leis, os mitos, as lendas, os saberes científicos... A non ser pola conquista da palabra, o/a neno/a viviría nun perpetuo desterro, por sempre á marxe de todas esas realidades especificamente humanas (ou, mellor dito, das dimensións especificamente humanas da realidade). O/a docente debe, como é obvio, acompañalo na súa loita; debe ser para el un modelo e un acicate. Ora ben, non pode cumprir ese papel se non está dotado da formación necesaria; de aí que a presenza da glotodidáctica nos estudos de Maxisterio sexa unha necesidade universalmente recoñecida.

Logo destas consideracións preliminares (que poderían, de facto, encabezar a guía de calquera materia da área de didáctica da lingua), cabe xa detallar os obxectivos específicos de Didáctica da lingua castelá. A fin de non alongar en exceso a listaxe, sinalaranse soamente tres, cada un dos cales corresponde —como máis adiante se verá— a un bloque de contido:

1. Garantir que o alumnado posúe as ferramentas conceptuais necesarias para describir tanto os produtos da actividade verbal (isto é, os textos) como as habilidades que subxacen a toda manifestación de dita actividade (isto é, as competencias «gramatical», «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica»).
2. Ofrecer ao alumnado unha vista panorámica do proceso de adquisición da primeira lingua, con atención especial ás fases que se desenvolven entre o nacemento e os tres anos de idade (momento en que adoita producirse a incorporación dos/as nenos/as aos colexios, e que coincide con inicio do segundo ciclo da Educación Infantil).
3. Contribuír á preparación do alumnado para o desempeño dos seus futuros labores profesionais. Evidentemente, este obxectivo é común a todas as materias do plan de estudos do Grado, se ben cunha tradución diferentre en cada unha delas. No caso de «Didáctica de la Lengua Castellana», o que implica é:
a) Iniciar o alumnado no coñecemento dos obxectivos que, segundo a lexislación sobre a Educación Infantil, corresponden á área de coñecemento «Linguaxes: comunicación e representación» (mellor dito: ao primeiro dos bloques en que tal área se divide, correspondente á chamada linguaxe verbal, é dicir, á linguaxe propiamente dita).
b) Iniciar o alumnado no coñecemento dalgunhas das estratexias que cabe aplicar con vistas á consecución dos devanditos obxectivos, reparando tamén nos atrancos que poden xurdir durante a súa utilización, e dexergando posibles vías de solución.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A65 Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir as ferramentas conceptuais necesarias para describir tanto os produtos da actividade verbal (é dicir, os textos) como as habilidades que subxacen a toda manifestación de dita actividade (é dicir, as competencias «gramatical», «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica»). A42
A49
Coñecer as liñas mestras do proceso de adquisición da primeira lingua, prestando especial atención ás fases que se desenvolven entre o nacemento e os tres anos de idade (momento en que adoita producirse a incorporacións dos/as nenos/as aos colexios, e que coincide con inicio do segundo ciclo da Educación Infantil). A1
A2
A42
A49
Coñecer os obxectivos que, segundo a lexislación sobre a Educación Infantil, corresponden á área de coñecemento “Linguaxes: comunicación e representación” (mellor dito: ao primeiro dos bloques en que se divide, correspondente á chamada linguaxe verba). A42
A43
A44
A46
A47
A49
Coñecer algunhas das estratexias que cabe aplicar con vistas á consecución dos obxectivos da área de coñecemento “Linguaxes: comunicación e representación” (mellor dito: do primeiro dos bloques en que se divide, correspondente á linguaxe verbal), reparando tamén nos atrancos que poden xurdir durante a súa utilización, e dexergando posibles vías de solución. A42
A43
A44
A46
A47
A49
A50
A65
Ser quen a ler, comprender e resumir textos cuxo contido se relacione con calquera dos apartados do temario. B10
B12
B19
C1
Ser quen a expoñer (oralmente ou por escrito, e sempre cunha linguaxe correcta, adecuada e precisa) unha opinión informada verbo de calquera das cuestións que se recollen no temario. B10
B12
B19
C1
Ser quen a utilizar criticamente as diversas fontes de información dispoñibles, dende as máis tradicionais (artigos de prensa ou de revistas científicas, libros de divulgación ou para especialistas, etc.) ata as máis recentes (bibliotecas dixitais, páxinas web institucionais ou de investigadores...) B10
B11
B12
C3
C6
Decatarse da necesidade de se expresar con propiedade, servíndose da variedade lingüística máis axeitada para cada tipo de situación. A44
A46
B19
C1
Decatarse de que tódalas linguas son igualmente valiosas como ferramentas para a expresión e a comunicación, de tal xeito que non poden ser xerarquizadas en función das súas propiedades estruturais. B24
Decatarse das responsabilidades que o/a docente de Educación Infantil ten verbo do desenvolvemento lingüístico do seu alumnado, e tomar conciencia dos compromisos que implican. B6
B15
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Mínima introdución á linguaxe e á lingüística 1. 1. Que é a linguaxe?
1. 1. 1. Lugar da linguaxe no conxunto dos fenómenos comunicativos
1. 1. 2. Dous aspectos da linguaxe: «acto lingüístico» (produción e comprensión das mensaxes verbais) e «saber idiomático» (coñecemento intuitivo do código verbal)
1. 1. 3. A organización interna dos códigos verbais: caracteres fundamentais

1. 2. Que é falar?
1. 2. 1. O acto lingüístico como manifestación do saber idiomático
1. 2. 2. O acto lingüístico como superación do saber idiomático: o papel das competencias «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica» na produción e comprensión da fala
1. 2. 3. Texto e contexto: cómo as circunstancias que rodean o acto lingüístico inflúen sobre os procesos de elaboración e interpretación das mensaxes

1. 3. Qué é a lingüística?
1. 3. 1. Obxecto complexo, ciencia complexa
1. 3. 2. A lingüística teórica: disciplinas «micro» (Fonoloxía, Gramática, Lexicoloxía) fronte a disciplinas «macro» (Neuro- e Psicolingüística, Socio- e Etnolingüística)
1. 3. 3. A Lingüística aplicada
1. 3. 4. A Didáctica da lingua: o seu lugar no conxunto das ciencias da linguaxe
2. Os primeiros pasos no camiño cara o dominio da primeira lingua (0-3 anos) 2. 1. Que? Cando? Como? As grandes preguntas no eido dos estudos sobre o desenvolvemento lingüístico do neno

2. 2. Feitos xa comprobados:
2. 2. 1. A etapa prelingüística (0-9 meses, aprox.)
2. 2. 2. A aparición do signo (9-12 meses, aprox.)
2. 2. 3. A evolución dos sistema fonemático (a partir dos 12 meses)
2. 2. 4. A evolución dos sistemas léxico e gramatical (a partir dos 12 meses)

2. 3. Cuestións aínda abertas: a controversia sobre as achegas da herdanza (nature) e da crianza (nurture)
2. 3. 1. A aproximación «condutista»: propostas de Charles E. Osgood e Burrhus F. Skinner
2. 3. 2. A aproximación «innatista» (ou «nativista») de Noam Chomsky: o que é e o que non é
2. 3. 3. Máis aló de Chomsky e de Osgood e Skinner: esterilidade da controversia entre condutismo e innatismo
2. 3. 4. Un enfoque diferente: a proposta de Jerome S. Bruner
3. O desenvolvemento das habilidades lingüísticas na escola infantil (3-6 anos) 3. 1. A oralidade
3. 1. 1. Caracteres distintivos da comunicación oral
3. 1. 2. Valoremos a oralidade nos seus xustos termos: presentación e crítica dos dogmas «normativista» e «espontaneísta»
3. 1. 3. A miraxe da «naturalidade»: necesidade de traballar a linguaxe oral nas aulas
3. 1. 4. Algunhas pautas e estratexias para o «cultivo» da oralidade na escola infantil

3. 2. A lectoescritura
3. 1. 1. Caracteres distintivos da comunicación escrita
3. 1. 2. Orixe, desenvolvemento e natureza dos sistemas de escrita de carácter alfabético
3. 1. 3. O ensino da escrita onte: o conflito entre «métodos analíticos» e «métodos sintéticos».
3. 1. 4. O ensino da escrita hoxe: promesas e riscos da «linguaxe integrada»
3. 1. 4. Algunhas pautas e estratexias para o «cultivo» da escrita na escola infantil

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Obradoiro 21 21 42
Lecturas 0 21 21
Proba obxectiva 2 0 2
Traballos tutelados 0 22 22
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas aulas expositivas, o profesor presentará as liñas mestras dos diferentes puntos do temario. Farao, obviamente, por medio da palabra falada, mais tamén botará man (cando semellar conveniente) dos medios audiovisuais que a Facultade pon ao seu dispor. Cando o profesor fale, o alumnado debe adoptar unha actitude atenta e respectuosa, absténdose de interromper ou perturbar a marcha da exposición. O que si pode e debe facer é participar na sesión (con preguntas, con respostas, con conxecturas, etc.) sempre que lle sexa requirido, e mesmo por propia iniciativa.
Obradoiro Nas aulas interactivas, demandarase a participación do alumnado (individualmente ou en grupos) en actividades de diversa índole: debates, exercicios de solución de problemas, exercicios de comentario de texto, etc. As tarefas que se leven a cabo responderán a unha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas presentadas nas sesións expositivas; por outra banda, explorar a proxección que tales nocións poidan ter no eido da práctica docente.
Lecturas O alumnado universitario non debe contentarse con estudar por medio das notas que toma á presas na aula, pois tales documentos adoitan ser pouco satisfactorios no que toca á forma e pouco fiábeis no que toca ao contido. Cómpre que adquira, en troques, o costume de consultar bibliografía científica, isto é, textos de autor coñecido e acreditado, publicados a través de canles que conten con filtros de acceso. Co propósito de contribuír a consolidación deste hábito tan saudábel, disponse que a preparación dos tres bloques temáticos de que consta a materia pase pola lectura de varios textos (non máis de dous por bloque) nos que se acharán desenvolvidos as correspondentes cuestións de teoría.
Proba obxectiva Para superar a materia, o alumnado deberá someterse a un exame escrito de tipo test no que deberá acreditar que leu e comprendeu os textos de lectura obrigatoria. Este exame (cuxo peso na cualificación será máis que considerábel) celebrarase en data e hora aprobadas pola Xunta de Facultade e publicitadas a través dos condutos habituais (taboleiros de anuncios e/ou páxina web do centro). Trátase, xa que logo, dun «exame final».
Traballos tutelados Ademais de tomar parte nas actividades que se leven a cabo nas sesións interactivas, o alumnado deberá realizar un breve traballo que consistirá ben na resolución dun ou varios problemas de carácter teórico ou práctico, ben no comentario crítico dunha fonte documental (de carácter bibliográfico ou audiovisual) que achegue información sobre unha de entre as cuestións recollidas no temario. Antes de que remate o primeiro mes lectivo, forneceranse pautas e directrices para a confección do traballo, que farán referencia a aspectos de contido (tema sobre o que versará o traballo) e de forma (normas de presentación). Cómpre sinalar que axustarse ás instrucións non será unha opción, senón unha obriga cuxo incumprimento terá consecuencias moi graves a efectos de cualificación

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Durante o horario de titorías (que se fará público ao comezar o cuadrimestre), o profesor encontrarase no seu despacho, disposto a responder calquera pregunta verbo dos contidos teóricos da materia, da marcha das sesións interactivas, do proceso de avaliación, etc. Cómpre advertir, porén, que o diálogo co profesor non é unha obriga, senón unha posibilidade que se ofrece ao alumnado. A porta do despacho está aberta, mais son os/as estudantes quen teñen que petar nela, se o estiman conveniente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro As actividades que se desenvolvan nas sesións interactivas supoñerán un 10% da cualificación da materia; con outras palabras: pola súa realización (e entrega, cando sexan exercicios escritos) caberá obter un punto como máximo. Obviamente, os/as estudantes que se manteñan á marxe destas tarefas (sexa por non asistir ás sesións interactivas, sexa por non levar a cabo os labores que o profesor lles encomende) non poderán acadar unha cualificación final de dez puntos. 10
Proba obxectiva Esta actividade (que consistirá, como xa se dixo, nun control de lectura) supoñerá un 60% da cualificación da materia; dito doutro xeito: a súa realización achegaralle ao/á estudante un máximo de seis puntos. A fin de evitar malentendidos potencialmente graves, cómpre subliñar que a superación desta proba é condición necesaria para superar a materia. Así pois, quen fique por debaixo dos dous puntos e medio ficará inmediatamente suspenso, con independencia dos resultados que acadase noutras tarefas. 60
Traballos tutelados Esta actividade (que se realizará de xeito individual) supoñerá un 30% da cualificación da materia, isto é, contribuirá a ela cun máximo de tres puntos. Obviamente, todo aquel traballo no que se detecten plaxios —mellor dito: no que se detecten un ou máis casos de plaxio— recibirá a cualificación de cero. O/a estudante que o asine só poderá superar a materia se obtén un mínimo de cinco puntos coa proba obxectiva e co labor desenvolvido nas sesións interactivas. 30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

1. Elementos de lingüística xeral

Alarcos Llorach, Emilio (1971): «Lingüística estructural y funcional», en Comunicación y lenguaje [pp. 47-61], coord. por Rafael Lapesa, Madrid: Karpos.

Alarcos Llorach, Emilio (1977): «Metodología estructural y funcional en lingüística», Revista Española de Lingüística, 7/2, pp. 1-16.

Alcaraz Varó, Enrique & M.ª Antonia Martínez Linares (1997): Diccionario de lingüística moderna, Barcelona: Ariel.

Cardona, Giorgio R. (1991[1988]): Diccionario de lingüística [tradución de M.ª Teresa Cabello], Barcelona: Ariel.

Cenoz Iragui, Jasone (2008): «El concepto de competencia comunicativa», en Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua / lengua extranjera [pp. 449-465], coord. por Jesús Sánchez Lobato & Isabel Santos Gargallo, Madrid: Sociedad General Española de Librería.

Richards, Jack C. et alii (1997[1992]): Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas [tradución de Carmen Muñoz Lahoz & Carmen Pérez Vidal], Barcelona: Ariel.

2. Adquisición da primeira lingua

Berko Gleason, Jean & Nan Bernstein Ratner (1999[19982]): «La adquisición del lenguaje» [tradución de Ana M.ª Esquinas Rychen], en Psicolingüística [pp. 369-432], coord. por Jean Berko Gleason & Nan Bernstein Ratner, Madrid: McGraw-Hill.

Narbona, Juan & Claude Chevrie-Muller (eds.) (20012): El lenguaje del niño: desarrollo normal, evaluación y trastornos, Barcelona: Masson.

Puyuelo Sanclemente, Miguel & Jean-Adolphe Rondal (eds.) (2003): Manual de desarrollo y alteraciones del lenguaje: aspectos evolutivos y patología en el niño y el adulto, Barcelona: Masson.

Vas, Mariana (2009): Mi niño no habla bien: guía para conocer y solucionar los problemas del lenguaje infantil, Madrid: La Esfera de los Libros.

3. Ensinanza da lingua e a literatura

3. 1. Marco legal

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

[Consultábel en liña: http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf]

Real Decreto 1630/2006, de 29 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas del segundo ciclo de Educación Infantil.

[Consultábel en liña: http://www.boe.es/boe/dias/2007/01/04/pdfs/A00474-00482.pdf]

Lexislación da Educación Infantil en Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2009.

[Consultábel en liña: http://www.edu.xunta.es/web/node/2643.pdf]

3. 2. Obras xerais (compendios, manuais e tratados)

Bigas, Montserrat & Montserrat Correig (eds.) (2007): Didáctica de la lengua en la educación infantil, Madrid: Síntesis.

Mendoza Fillola, Antonio (coord.) (1998): Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura, Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori.

Mendoza Fillola, Antonio (coord.) (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria, Madrid: Pearson Educación.

Prado Aragonés, Josefina (20112): Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI, Madrid: La Muralla.

3. 3. Lectoescritura

Correig, Montserrat (2007): «¿Qué es leer? ¿Qué es escribir?», en Didáctica de la lengua en la educación infantil [pp. 125-155], ed. por Montserrat Bigas & Montserrat Correig, Madrid: Síntesis.

Cuetos [Vega], Fernando (20098): Psicología de la escritura, Madrid: Wolters Kluwer.

Cuetos [Vega], Fernando (20108): Psicología de la lectura, Madrid: Wolters Kluwer.

Fons, Montserrat (2007): «Aprender a leer y escribir», en Didáctica de la lengua en la educación infantil [pp. 157-178-155], ed. por Montserrat Bigas & Montserrat Correig, Madrid: Síntesis

Fons, Montserrat (2007): «Enseñar a leer y escribir», en Didáctica de la lengua en la educación infantil [pp. 157-179-212], ed. por Montserrat Bigas & Montserrat Correig, Madrid: Síntesis

Sánchez Miguel, Emilio (1996): «El todo y las partes: una crítica a las propuestas del lenguaje integrado», Cultura y Educación, 1, pp. 39-54.

Suárez Yáñez, Andrés (2000): Iniciación escolar a la escritura y la lectura: diseño de programas adaptados a la diversidad, Madrid: Pirámide.

3. 4. Oralidade

Quiles Cabrera, M.ª del Carmen (2006): La comunicación oral: propuestas didácticas para la Educación Primaria, Barcelona: Octaedro.

Reyzábal, María Victoria (1993): La comunicación oral y su didáctica, Madrid: La Muralla.

5. Lingua española

Alarcos Llorach, Emilio (1994): Gramática de la lengua española, Madrid: Espasa.

Asociación de Academias de la lengua española (2005): Diccionario panhispánico de dudas, Madrid: Santillana.

[Consultábel en liña:http://www.rae.es/dpd/]

Asociación de Academias de la Lengua Española (2011): Nueva gramática básica de la lengua española, Madrid: Espasa.

Asociación de Academias de la Lengua Española (2012): Ortografía básica de la lengua española, Madrid: Espasa.

Seco, Manuel (19944): Gramática esencial del español: introducción al estudio de la lengua, Madrid: Espasa.

Seco, Manuel (19929): Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid: Espasa.

Real Academia Española (200122): Diccionario de la lengua española, Madrid: Espasa.

[Consultábel en liña: http://www.rae.es/drae/]

6. Literatura infantil (textos clásicos e tradicionais)

Bravo-Villasante, Carmen (19836): Antología de la literatura infantil española, Madrid: Doncel.

Bravo-Villasante, Carmen (19883): Historia y antología de la literatura infantil universal, Madrid: Miñón.

Rodríguez Almodóvar, Antonio (1983): Cuentos al amor de la lumbre, Madrid: Alianza Editorial.

Bibliografía complementaria

1. Elementos de lingüística xeral

Alcaraz Varó, Enrique & M.ª Antonia Martínez Linares (1997): Diccionario de lingüística moderna, Barcelona: Ariel.

Bernárdez, Enrique (20042): ¿Qué son las lenguas?, Madrid: Alianza Editorial.

Cardona, Giorgio R. (1991[1988]): Diccionario de lingüística [tradución de M.ª Teresa Cabello], Barcelona: Ariel.

Coseriu, Eugenio (1981): Lecciones de lingüística general [tradución de José M.ª Azáceta y García de Albéniz], Madrid: Gredos.

Coseriu, Eugenio (19862): Introducción a la lingüística, Madrid: Gredos.

López, Ángel & Beatriz Gallardo (eds.) (2005): Conocimiento y lenguaje, València: Universitat de València.

Lyons (19933[1981]): Introducción al lenguaje y a la lingüística [tradución de Ramón Cerdá], Barcelona: Teide.

Martinet, André (19682[1960]): Elementos de lingüística general [tradución de Julio Calonge Ruiz], Madrid: Gredos.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas: crítica de la discriminación lingüística, Madrid: Alianza Editorial.

Tusón, Jesús (1984): Lingüística: una introducción al estudio del lenguaje, con textos comentados y ejercicios, Barcelona: Barcanova.

2. Adquisición da primeira lingua

Abdelilah-Bauer, Barbara (2007[2006]): El desafío del bilingüismo [tradución de Pablo Manzano Bernárdez], Madrid: M. E. C. / Morata.

Bruner, Jerome (1986[1983]): El habla del niño: aprendiendo a usar el lenguaje [tradución de Rosa Premat], Barcelona: Paidós.

Berko Gleason, Jean & Nan Bernstein Ratner (eds.) (2010[20097]): El desarrollo del lenguaje [tradución de Yago Moreno López], Madrid: Pearson Prentice Hall.

Karmiloff, Kyra & Ann Karmiloff-Smith (2005[2001]): Hacia el lenguaje: del feto al adolescente [tradución de Pablo Manzano], Madrid: Morata.

Lenneberg, Eric H. & Elizabeth Lenneberg (comps.) (1982[1975]): Fundamentos del desarrollo del lenguaje [tradución de Pilar Soto et alii], Madrid: Alianza Editorial.

O’Grady, William (2010[2005]): Cómo aprenden los niños el lenguaje [tradución de Antonio Benítez Burraco], Madrid: Akal.

Oléron, Pierre (1980): «La adquisición del lenguaje» [tradución de Luis Hernández Alfonso], en Tratado de psicología del niño, 6. Los modos de expresión [pp. 71-199], dir. por Hélène Gratiot-Alphandery & René Zazzo, Madrid: Morata.

Puyuelo Sanclemente, Miguel & Jean-Adolphe Rondal (eds.) (2003): Manual de desarrollo y alteraciones del lenguaje: aspectos evolutivos y patología en el niño y el adulto, Barcelona: Masson.

Serra, Miquel et alii (2000): La adquisición del lenguaje, Barcelona: Ariel.

3. Ensinanza da lingua e a literatura

3. 1. Obras xerais (compendios, manuais e tratados)

Bigas, Montserrat & Montserrat Correig (eds.) (2000): Didáctica de la lengua en la educación infantil, Madrid: Síntesis.

Bravo-Villasante, Carmen (1972): Historia de la literatura infantil española, Madrid: Doncel.

Cassany, Daniel et alii (1994): Enseñar lengua, Barcelona: Graó.

Colomer, Teresa (20102): Introducción a la literatura infantil y juvenil actual, Madrid: Síntesis.

Durán, Carmen et alii (2009): La palabra compartida: la competencia comunicativa en el aula, Barcelona: Octaedro.

Garralón, Ana (2001): Historia portátil de la literatura infantil, Madrid: Anaya.

González Nieto, Luis (2001): Teoría lingüística y enseñanza de la lengua: lingüística para profesores, Madrid: Cátedra.

López Valero, Armando & Eduardo Encabo Fernández (2001): El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica, Granada: Grupo Editorial Universitario.

López Valero, Armando & Eduardo Encabo Fernández (2002): Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico, Barcelona: Octaedro.

Lomas, Carlos (19992): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística, Barcelona: Paidós.

Lomas, Carlos & Andrés Osoro (comps.) (1993): El enfoque comunicativo en la enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

Lomas, Carlos et alii (1993): Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.

Martín Vegas, Rosa Ana (2009): Manual de didáctica de la lengua y la literatura, Madrid: Síntesis.

Mendoza Fillola, Antonio et alii (1996): Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.

Pérez Esteve, Pilar & Felipe Zayas (2007): Competencia en comunicación lingüística, Madrid: Alianza Editorial.

Ruiz Campos, Alberto Manuel (2000): Literatura infantil: introducción a su teoría y su práctica, Alcalá de Guadaira: Guadalmena.

Serrano, Joaquín & José Enrique Martínez (coords.) (1997): Didáctica de la lengua y la literatura, Barcelona: Oikos-Tau.

Unamuno, Virginia (2003): Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica, Barcelona: Graó.

3. 2. Lectoescritura

Escoriza Nieto, José & Carmen Boj Barberán (1997): Psicopedagogía de la escritura, Barcelona: Llibreria Universitària.

Ferreiro, Emilia & Ana Teberosky (1979): Los sistemas de escritura en el desarrollo del niño, Madrid: Siglo XXI.

Graves, Donald H. (1991[198711]): Didáctica de la escritura [tradución de Pablo Manzano], Madrid: M. E. C. / Morata.

Harris, Margaret & Giyoo Hatano (eds.) (1999): Learning to read and write: a cross-linguistic perspective, Cambridge, U. K.: Cambridge University Press.

Lacasa, Pilar et alii (1995): «Leer y escribir, ¿cómo lograrlo desde la perspectiva del lenguaje integrado?», CL & E: comunicación, lenguaje y educación, 25, pp. 31-50.

Lebrero Baena, M.ª Paz & M:ª Teresa Lebrero Baena (1988): Cómo y cuándo enseñar a leer y escribir, Madrid: Síntesis.

Lebrero Baena, M.ª Paz (coord.) (1990): La enseñanza de la lectoescritura: problemas y metodología, Madrid: Escuela Española.

Teberosky, Ana (1993): Aprendiendo a escribir, Barcelona: Horsori.

Vieiro Iglesias, Pilar (2007): Psicopedagogía de la escritura, Madrid: Pirámide.

Vieiro Iglesias, Pilar & Isabel Gómez Veiga (2004): Psicología de la lectura, Madrid: Pearson Prentice Hall.

Wells, Gordon (1988[1986]): Aprender a leer y escribir [tradución de Carlos Milla Soler], Barcelona: Laia.

3. 3. Oralidade

Río, María José del (1993): Psicopedagogía de la lengua oral: un enfoque comunicativo, Barcelona: Horsori.

3. 4. Textos con interese exclusiva ou principalmente histórico

Castro Alonso, Carlos A. (1971): Didáctica de la lengua española, Salamanca: Anaya.

Esquer Torres, Ramón (1968): Didáctica de la lengua española, Madrid: Alcalá.

Ferrández, Adalberto et alii (19862): Didáctica del lenguaje, Barcelona: CEAC.

Galí Herrera, J[ordi] (1967): Didáctica del lenguaje, Barcelona: Teide.

García Martínez, Ginés (19584): Lingüística española y metodología de la enseñanza del idioma, Murcia: Fiat.

Pellicer Rived, Félix (1969): Didáctica de la lengua española, Madrid: Magisterio Español.

Romera Castillo, José (1979): Didáctica de la lengua y la literatura, Madrid: Playor.

Rosales, Carlos (1984): Didáctica de la comunicación verbal, Madrid: Narcea.

4. Lingua española

Asociación de Academias de la Lengua Española (2010a): Nueva gramática de la lengua española: manual, Madrid: Espasa.

Asociación de Academias de la Lengua Española (2010b): Ortografía de la lengua española, Madrid: Espasa.

Gómez Torrego, Leonardo (20093): Hablar y escribir correctamente: gramática normativa del español actual, Madrid: Arco Libros.

Lapesa, Rafael (19819): Historia de la lengua española, Madrid: Gredos.

Moliner, María (20073): Diccionario de uso del español, Madrid: Gredos.

Montolío, Estrella et alii (2000): Manual práctico de escritura académica, Barcelona: Ariel.

Seco, Manuel et alii (1999): Diccionario del español actual, Madrid: Aguilar.

Seco, Manuel et alii (2000): Diccionario abreviado del español actual, Madrid: Aguilar.

Real Academia Española (1973): Esbozo de una nueva gramática de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe.

5. Literatura infantil (textos clásicos)

Andersen, Hans Christian (2001): La sombra y otros cuentos [tradución de Alberto Adell], Madrid: Alianza Editorial.

Andersen, Hans Christian (2002): La Reina de las Nieves y otros cuentos [tradución de Alberto Adell], Madrid: Alianza Editorial.

Andersen, Hans Christian (2004): La hija del Rey del Fango y otros cuentos [tradución de Enrique Bernárdez Sanchís], Madrid: Alianza Editorial.

Grimm, Jacob & Wilhelm Grimm (1998): Cuentos [tradución de Pedro Gálvez], Madrid: Alianza Editorial.

Perrault, Charles (2001): Cuentos completos [tradución de Emilio Pascual Martín], Madrid: Alianza Editorial.

6. Apéndice

Internet: repertorio de enlaces


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Didáctica da lingua estranxeira/652G01026
Literatura infantil e a súa didáctica/652G01024

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Didáctica da lingua galega/652G01015

Observacións

Observacións

Malia achárense implícitas no enunciado das competencias da materia, convén poñer por escrito algunhas advertencias ás que debe atender quen queira superala sen atrancos:

  • No estudantado universitario, a corrección e a propiedade na expresión (tanto oral coma, sobre todo, escrita) non son virtudes que merezan eloxio, senón deberes que hai que cumprir. Xa que logo, os erros na grafía das palabras, o desleixo no emprego dos signos de puntuación, a carencia das ferramentas léxicas e gramaticais necesarias para se elevar por riba do estilo conversacional, a incapacidade de artellar textos extensos sen mingua da cohesión e da coherencia, etc., non son simples chatas ante as cales caiba pechar os ollos. Constitúen, pola contra, faltas graves, e deben penalizarse rigorosamente, sen que a maior ou menor «validez» dos «contidos» do texto sexa circunstancia atenuante.
  • Entre as habilidades que un estudante universitario debe adquirir e cultivar, ocupan unha posición destacadísima as de recoller información con bo siso e empregala con honradez:
    • Dicir que o/a estudante debe recoller información bo siso é tanto como dicir que debe recollela crítica e, sobre todo, selectivamente. Entre a morea de fontes de información que ten ao seu dispor grazas a Internet, ten que saber elixir as de augas máis limpas, afastándose dos mananciais avoltos (v. gr., a célebre Wikipedia) e das pozas de augas lamacentas (v. gr., Buenas tareas ou El rincón del vago). Cómprelle tamén, por suposto, ser quen a explorar e utilizar os fondos biblio- e hemerográficos da Biblioteca Universitaria.
    • Dicir que o/a estudante debe empregar información con honradez é tanto como dicir que debe recoñecer de maneira explícita todas as débedas intelectuais que contraia. Quen reproduce palabras alleas está obrigado a indicar onde as atopou e quen as escribiu. A infracción desta norma (con outras palabras: a práctica do plaxio) será obxecto dunha severa penalización: abondará con detectar un so caso de corta-e-pega para que o exercicio en cuestión fique automaticamente suspendido (coa cualificación de cero, qué é a que obtén o/a estudante a quen se descobre copiando nun exame).
  • Os Estatutos da Universidade da Coruña dispoñen que a asistencia ás aulas é, ante todo, un dereito que se lle recoñece ao estudantado (art. 66). O Estatuto do estudantado inclúe entre os seus deberes, porén, o de «cumprir coa actividade académica específica dos estudos en que se matriculen, participando nas clases, teóricas e prácticas, así como en todas as actividades previstas na programación docente de cada unha das materias» (art. 44; cursivas engadidas). Existe, pois, un conflito normativo. Cando este se resolva, caberá tomar decisións no tocante ao peso da asistencia na avaliación e cualificación das materias. Entrementres, semella razoábel absterse de penalizar as faltas de asistencia (agás, por suposto, nos casos en que se traduzan na non realización de actividades de carácter obrigatorio: exercicios escritos, exposicións orais, exames, etc.).

Na primeira sesión do curso forneceranse instrucións para interpretar rectamente os preceptos anteriores, coa fin de que non haxa quen poida chamarse a engano nin alegar descoñecemento.

Aclaración

O idioma vehicular da materia Didáctica da lingua castelá será, por suposto, o castelán. Se esta guía docente se escribe en galego, é consonte as prescricións do Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña, cuxo artigo 2.4 reza:

Os centros e departamentos da Universidade da Coruña, da mesma maneira que as dependencias administrativas e de servizos, terán como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc., redactaranse en galego.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías