Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Literatura infantil e a súa didáctica Código 652G01024
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Sobrino Freire, Iria
Verdini Deus, Xoan Carlos
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
xoan.verdini.deus@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a tradición oral e o folclore. A45
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e o seu ensino. A47
Coñecer e utilizar correctamente recursos de animación á lectura. A50
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil. A51
Achegarse á evolución e ás características fundamentais da literatura infantil en lingua galega A51

Contidos
Temas Subtemas
1. O concepto de literatura infantil 1.1. Que é a literatura infantil?
1.2. O nacemento e desenvolvemento da literatura infantil até a actualidade
2. A didáctica da literatura infantil 2.1. Introdución aos principais xéneros e a súa didáctica
2.1.1. A poesía infantil e a súa didáctica
2.1.2. A narrativa infantil e a súa didáctica
2.1.3. O teatro infantil e a súa didáctica
2.2. A biblioteca escolar e a animación á lectura
3. A literatura infantil en lingua galega 3.1. Un primeiro achegamento
3.2. A segunda metade do século XX e o século XXI
3.2.1. Os inicios (1950-1978)
3.2.2. A consolidación (1979-1988)
3.2.3. O desenvolvemento e o éxito (1989-2000)
3.2.4. O século XXI

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 18 18 36
Presentación oral 2 4 6
Traballos tutelados 0 20 20
Sesión maxistral 24 24 48
Proba de ensaio 1 20 21
Lecturas 0 16 16
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición na clase do traballo tutelado.
Traballos tutelados Traballo en grupo consistente na investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico.
Lecturas Lectura de obras ou fragmentos seleccionados de obras de literatura infantil.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá ao profesorado trabar coñecemento co alumnado e facer o seguimento dos seus progresos. As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a na elaboración do traballo tutelado.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballo en grupo e presentación oral do mesmo. A tarefa poderá consistir na investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. 50
Proba de ensaio Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico. 50
 
Observacións avaliación

A avaliación dos temas 1 e 2 realizarase mediante un traballo en grupo e a presentación oral do mesmo. O grupo estará constituído por un máximo de cinco persoas, e o prazo de entrega dos traballos rematará o día de exame estabelecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade. Á súa vez, a avaliación do tema 3 farase mediante unha proba escrita.

Tanto o traballo como a proba escrita cualificaranse sobre un máximo de 5 puntos e, para que se poida realizar a suma da nota final, cada cualificación terá que ser igual ou superior a 2 puntos. Se a nota final é igual ou superior a 5 puntos a materia estará aprobada e, no caso contrario, suspensa.

O alumnado que concorra á oportunidade de xullo estará obrigado a examinarse da parte ou partes suspensas, é dicir, aquelas nas que na oportunidade de xaneiro obtivera unha cualificación inferior a 2,50 puntos. De todas as maneiras, este alumnado poderá repetir a parte aprobada en xaneiro, caso no que a cualificación de xullo será a única válida para a suma da nota final.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bravo Villasante, C. (1979). Historia de la literatura infantil española. Madrid: Escuela Española.

Bravo Villasante, C. (1988). Historia y antología de la literatura infantil universal. Murcia: Universidad de Murcia.

Bravo Villasante, C. (1989). Ensayos de literatura infantil. Murcia: Universidad de Murcia.

Cerrillo, P.C. e J. García Padrino (coords.) (2001). La literatura infantil en el siglo XXI. Cuenca: Universidad de Castilla la Mancha.

Cerrillo Torremocha, P.C., C. Cañamares Torrijos e César Sánchez Ortiz (coords.) (2007). Literatura infantil: nuevas lecturas, nuevos lectores. Cuenca: Universidad de Castilla la Mancha.

Cervera, J. (1991). Teoría de la literatura infantil. Bilbao: Mensajero.

Cobas Brenlla, X. (1982). A voltas coa literatura pra nenos. Sada-O Castro: Ediciós do Castro.

Cobas Brenlla, X. (1991). Historia da literatura infantil e xuvenil. Santiago de Compostela: ed. do autor.

Colomer, T. (2010). Introducción a la poesía infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis. 2ª ed.

Fernández Paz, a. (1999). A literatura infantil e xuvenil en galego. Vigo: Xerais.

Fernández Paz, A. (1990). Ler en Galego I. Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas. Vigo: Ir Indo.

Garralón, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil. Madrid: Anaya.

García Padrino, J. (1992). Libros y literatura para niños en la España contemporánea. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Neira Cruz, X.A. (2004). "105 anos de literatura infantil e xuvenil en galego". Grial XLII (161), 107-113.

Nobile, A. (1992). Literatura infantil y juvenil. Madrid: Morata.

Rodari, G. (1976). Gramática de la fantasía. Barcelona: Avance.

V.V.A.A. (2005). Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. Monográfico do Boletín galego de literatura.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías