Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A14 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar. |
A23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. |
A24 |
Dominar as técnicas de observación e rexistro. |
A25 |
Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais. |
A26 |
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. |
A37 |
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
A40 |
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. |
A62 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
B20 |
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer e comprender a realidade xeográfica, histórica, social e cultural de Galicia como un espazo dinámico. Comprender Galicia no contexto do mundo. |
A37
|
B20 B24
|
|
Coñecer e comprender os temas e momentos principais da evolución histórica de Galicia e a súa relación coa didáctica na Educación Infantil. |
A14 A37
|
B20
|
|
Diseñar traballos de indagación e propostas didácticas sobre o entorno galego axeitados ó ensino infantil. |
A40
|
B1 B5 B11 B17
|
C3
|
Recoñecer no entorno xeográfico, histórico e cultural galego aqueles recursos metodolóxicos e didácticos mais axeitados para traballar a área do entorno social e cultural galego. |
A23 A24 A25 A26
|
B11 B12
|
|
Coñecer e analizar os contidos referidos ao coñecemento do entorno do curriculum de educación infantil. |
A1 A62
|
|
|
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia |
A40
|
B6
|
C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: Introdución ao Medio Xeográfico e Histórico de Galicia.
|
- Como formulamos a materia?
- Contidos e metodoloxía
- Do contorno inmediato ao universal.
|
Unidade 2. Temas de xeografía física e humana. |
- O clima, o relevo, a auga, a flora, a fauna.
- A poboación.
- As formas de vida ao longo do tempo e as mudanzas na actualidade.
|
Unidade 3. Paisaxes naturais, históricas e culturais. |
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Iniciación á recolleita de información a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte, textos escritos, etcétera.
|
Unidade 4. Evolución histórica dende os primeiros poboadores. |
- A Prehistoria e a Historia na educación Infantil: temas, aspectos, acontecementos significativos.
- A vida cotiá dende os primeiros poboadores.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade. |
Unidade 5. Galicia contemporánea. |
- A vida cotiá das xeracións inmediatas anteriores.
- A Democracia.
- A vida no século XXI.
|
Unidade 6. Temas monográficos. |
- Temas monográficos no discurso da historia e recursos para a didáctica. Nesta unidade trataranse cuestións concretas que ao longo do curso vaian xurdindo, motivadas polo interese que esperten os temas traballados, con especial atención ás propostas didácticas. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
3 |
0 |
3 |
Aprendizaxe colaborativa |
3 |
9.5 |
12.5 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
3 |
3 |
6 |
Discusión dirixida |
6 |
1 |
7 |
Saídas de campo |
8 |
24 |
32 |
Sesión maxistral |
16 |
1.6 |
17.6 |
Proba mixta |
2.5 |
30 |
32.5 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Cada bloque temático iniciarase con debates de ideas previas que poñen en relación o seu contido cos contidos traballados na asignatura Medio social e cultural e a sua didáctica. |
Aprendizaxe colaborativa |
Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xordan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Realizarase alunha actividade tipo conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e coñecer as experiencias que se están a realizar na Educación Infantil, relacionadas co ámbito da materia. |
Discusión dirixida |
Levarase a cabo durante todo o curso, con especial incidencia naqueles temas que requiran unha maior participación na discusión, para traballar a capacidade de exposición, diálogo e argumentación principalmente.
|
Saídas de campo |
Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática cara a recollida de información do medio xeográfico e histórico galego para a percepción do seu potencial educativo e formador.
Son saídas concebidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizarase co apoio de documentación específica e terá especial incidencia na metodoloxía e na práctica para a didáctica do medio histórico e xeográfico. |
Proba mixta |
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas.
Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
O traballo colaborativo terá un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. |
10 |
Discusión dirixida |
Participación nos debates de aula |
10 |
Saídas de campo |
A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. |
30 |
Proba mixta |
Realizarase unha proba escrita que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a asistencia ás sesións de
docencia interactiva (que será obrigatoria) así como a participación activa nestas. Valorarase a participación e
cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en
grupo, os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita, a creatividade e as actitudes positivas.
-Na primeira oportunidade
de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as
alumno/as
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e
tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías
relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito
actividade ningunha da materia.
-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas
"metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades, conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Espinós, J. ((2008)). Así vivían los romanos. Anaya
AA.VV. ((1999)). Atlas histórico de Galicia.. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Andrade Cernadas, J.M. ((1995)). Didáctica de la Hª de Galicia. Tosoxuotos
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia.. Lundwerg
AA.VV. ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules Editorial.
Carballo Arceo, L.X. ((2005)). Guía de los castros de Galicia. Vigo: NigraTrea
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia.. Vigo: Galaxia
Pazo Labrador, A. X. ((2007)). Nocións básicas de xeografía xeral física para mestres: as consecuencias xeográficas dos procesos naturais.. Vigo: Universidade
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea
Saavedra Fernández, P. ((1994)). Vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen.. Crítica, Barcelona |
Esta é unha bibliografía básica para o coñecemento do medio histórico e xeográfico de Galicia nos temas xerais e naqueles aspectos que poden ter maior relación cos temas e coas actividades que se traballarán e realizarán no curso. Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras fontes de información, ademais das bibliográficas que se irán incrementando. Páxinas web: www.aaviladonga.es www.atapuerca.com www.educabarrie.org http://innovarteinfantil.wordpress.com/ http://clio.rediris.es www.edu.xunta.es www.educahistoria.com www.orellapendella.org www.culturagalega.orr www.brincadeira.com
www.prensaescuela.com www.educoruna.es www.proxectoterra.coag.es www.nova-escola-galega.org www.museobelasartescoruna.xunta.es |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Trátase dunha materia que se realizará principalmente cunha metodoloxía activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. Así, a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais
como nas sesións interactivas e en todas as actividades desenvoltas no
contexto da materia, son de grande importancia. |
|