Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G01029
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia fundaméntase nos coñecementos adquiridos en Medio Social e Cultural e a súa Didáctica, ampliándoos e, ao tempo, concretándoos no medio xeográfico e histórico de Galicia.

Está orientada ao traballo práctico, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o contorno, o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe e de transposición de coñecementos.

Trabállase sobre temas e aspectos concretos da realidade xeográfica e histórica galega axeitados a esta etapa a fin de coñecer, deseñar, experimentar, e aplicar a metodoloxía didáctica que se precisa para o ensino do medio en Infantil.

A metodoloxía a seguir está fundamentada na participación activa do alumnado nas actividades que se realizan e que conforman o núcleo da materia. A mesma dinámica do curso irá definindo os centros de interese do alumnado que irán conformando a materia dende a súa estrutura xeral.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A14 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A25 Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26 Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A62 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
B1 Aprender a aprender.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e comprender a realidade xeográfica, histórica, social e cultural de Galicia como un espazo dinámico. Comprender Galicia no contexto do mundo. A37
B20
B24
Coñecer e comprender os temas e momentos principais da evolución histórica de Galicia e a súa relación coa didáctica na Educación Infantil. A14
A37
B20
Diseñar traballos de indagación e propostas didácticas sobre o entorno galego axeitados ó ensino infantil. A40
B1
B5
B11
B17
C3
Recoñecer no entorno xeográfico, histórico e cultural galego aqueles recursos metodolóxicos e didácticos mais axeitados para traballar a área do entorno social e cultural galego. A23
A24
A25
A26
B11
B12
Coñecer e analizar os contidos referidos ao coñecemento do entorno do curriculum de educación infantil. A1
A62
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A40
B6
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución ao Medio Xeográfico e Histórico de Galicia.
- Como formulamos a materia?
- Contidos e metodoloxía
- Do contorno inmediato ao universal.
Unidade 2. Temas de xeografía física e humana. - O clima, o relevo, a auga, a flora, a fauna.
- A poboación.
- As formas de vida ao longo do tempo e as mudanzas na actualidade.
Unidade 3. Paisaxes naturais, históricas e culturais. - As fontes de información e documentación no entorno.
- Iniciación á recolleita de información a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte, textos escritos, etcétera.

Unidade 4. Evolución histórica dende os primeiros poboadores. - A Prehistoria e a Historia na educación Infantil: temas, aspectos, acontecementos significativos.
- A vida cotiá dende os primeiros poboadores.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
Unidade 5. Galicia contemporánea. - A vida cotiá das xeracións inmediatas anteriores.
- A Democracia.
- A vida no século XXI.
Unidade 6. Temas monográficos. - Temas monográficos no discurso da historia e recursos para a didáctica. Nesta unidade trataranse cuestións concretas que ao longo do curso vaian xurdindo, motivadas polo interese que esperten os temas traballados, con especial atención ás propostas didácticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 3 0 3
Aprendizaxe colaborativa 3 9.5 12.5
Eventos científicos e/ou divulgativos 3 3 6
Discusión dirixida 6 1 7
Saídas de campo 8 24 32
Sesión maxistral 16 1.6 17.6
Proba mixta 2.5 30 32.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cada bloque temático iniciarase con debates de ideas previas que poñen en relación o seu contido cos contidos traballados na asignatura Medio social e cultural e a sua didáctica.
Aprendizaxe colaborativa Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xordan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Eventos científicos e/ou divulgativos Realizarase alunha actividade tipo conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e coñecer as experiencias que se están a realizar na Educación Infantil, relacionadas co ámbito da materia.
Discusión dirixida Levarase a cabo durante todo o curso, con especial incidencia naqueles temas que requiran unha maior participación na discusión, para traballar a capacidade de exposición, diálogo e argumentación principalmente.
Saídas de campo Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática cara a recollida de información do medio xeográfico e histórico galego para a percepción do seu potencial educativo e formador.
Son saídas concebidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizarase co apoio de documentación específica e terá especial incidencia na metodoloxía e na práctica para a didáctica do medio histórico e xeográfico.
Proba mixta Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas.
Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
O traballo colaborativo terá un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. 10
Discusión dirixida Participación nos debates de aula 10
Saídas de campo A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 30
Proba mixta Realizarase unha proba escrita que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade.
30
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a asistencia ás sesións de
docencia interactiva (que será obrigatoria) así como a participación activa nestas. Valorarase a participación e
cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en
grupo, os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita, a creatividade e as actitudes positivas.


-Na primeira oportunidade
de avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as
alumno/as
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e
tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías
relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito
actividade ningunha da materia.

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas
"metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades, conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Espinós, J. ((2008)). Así vivían los romanos. Anaya
AA.VV. ((1999)). Atlas histórico de Galicia.. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Andrade Cernadas, J.M. ((1995)). Didáctica de la Hª de Galicia. Tosoxuotos
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia.. Lundwerg
AA.VV. ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules Editorial.
Carballo Arceo, L.X. ((2005)). Guía de los castros de Galicia. Vigo: NigraTrea
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia.. Vigo: Galaxia
Pazo Labrador, A. X. ((2007)). Nocións básicas de xeografía xeral física para mestres: as consecuencias xeográficas dos procesos naturais.. Vigo: Universidade
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea
Saavedra Fernández, P. ((1994)). Vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen.. Crítica, Barcelona

Esta é unha bibliografía básica para o coñecemento do medio histórico e xeográfico de Galicia nos temas xerais e naqueles aspectos que poden ter maior relación cos temas e coas actividades que se traballarán e realizarán no curso.
Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras fontes de información, ademais das bibliográficas que se irán incrementando.

Páxinas web:

www.aaviladonga.es

www.atapuerca.com

www.educabarrie.org

http://innovarteinfantil.wordpress.com/

http://clio.rediris.es

www.edu.xunta.es

www.educahistoria.com

www.orellapendella.org

www.culturagalega.orr

www.brincadeira.com

www.prensaescuela.com

www.educoruna.es

www.proxectoterra.coag.es

www.nova-escola-galega.org

www.museobelasartescoruna.xunta.es

Bibliografía complementaria



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

Trátase dunha materia que se realizará principalmente cunha metodoloxía activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. Así, a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais como nas sesións interactivas e en todas as actividades desenvoltas no contexto da materia, son de grande importancia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías