Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Relixión, cultura e valores Código 652G01044
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
López Calvo, Jesús Andrés
Correo electrónico
a.lopez.calvo@udc.es
Profesorado
López Calvo, Jesús Andrés
Correo electrónico
a.lopez.calvo@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura de RELIXION, CULTURA E VALORES ofrécese como optativa a todos os alumnos dos Graos de Infantil e Primaria, e como parte da formación necesaria para a habilitación de profesor de Relixión Católica.
As competencias a que se accede con esta asignatura son: o coñecemento das relixións e do cristianismo en particular, os criterios para comprender os conflitos e problemas interculturais e interrelixiosos e o achegamento académico ás orixes do cristianismo e a reelixiosidade popular galega.
Na Facultade de CC. da Educación da UDC ofrécese un Curso específico de Posgrao de Experto en Teoloxía Católica e a súa Didáctica, de tipo semipresencial, que concederá os créditos necesarios para a obtención da DECA, Declaración Eclesiástica de Competencia Académica, requisito indispensable para ser profesor de Relixiión Católica en Infantil e Primaria.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. Coñecemento das relixións e a súa interacción na sociedade actual. A37
B20
B24
C4
Coñecemento doutras culturas e doutros costumes. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B20
B24
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A13
B24
C4
Coñecer a tradición oral e o folclore, especialmente no ámbito das tradicións relixiosas populares de Galicia. A45
B24
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Estudo do feito relixioso nas súas dimensións histórica e antropolóxica. 1.1 As ciencias da relixión
1.2 A estrutura e expresións do feito relixioso
2. Estudo dos grandes sistemas relixiosos máis presentes na poboación mundial actual.
2.1 As grandes relixións do Oriente: Hinduísmo, Budhismo
2.2 As relixións do Libro: Xudaismo, Cristianismo, Islam
3. Iniciación ao coñecemento da Biblia, en especial o Novo Testamento.
3.1 Estudo histórico-crítico dos evanxeos canónicos.
4. O feito relixioso cristián, a súa singularidade específica, e os valores cívicos, éticos e culturais que conleva.
4.1 Achegamento ao Xesús histórico. As fontes e balance.
4.2 A relixiosidade popular galega
5. Relixións e sociedade.
5.1 A secularización do occidente cristián.
5.2 O renacer do feito relixioso. Novos movementos relixiosos e sectas.
6. O encontro entre as relixións; diálogo interrelixioso e ecumenismo. As relixións e a paz. 6.1 O Ensino relixioso escolar. Problemática, lexislación, características.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 9 0 9
Traballos tutelados 2 8 10
Sesión maxistral 20 40 60
Proba mixta 2 20 22
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Comentarios de texto de actualidade que suscitan debate e permiten esclarecer os núcleos básicos dos temas en cuestión
Traballos tutelados Recensión de libros e/ou sinxelos traballos de investigación sobre algún dos temas do curso
Sesión maxistral Sesións ordinarias de clase, na que se expoñen os contidos principais do temario.
Proba mixta Proba final de avaliación, distribuída en dúas partes: unha proba obxectiva e un cuestionario de ítems que o alumno ten que desenvolver.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
Moitas das cuestións relixiosas están hoxe na actualidade e nos medios de comunicación. Cómpre establecer a relación entre os acontecementos e o estudo teórico das súas orixes e evolución. A discusión dirixida implica a participación do alumno e o intercambio de perspectivas e opinións.
Os cuestionarios e comentarios de clase son debatidos e compartidos polos alumnos presentes.

Os traballos tutelados responderán aos intereses do alumno e serán acordados co profesor e terán un seguimento con el por medio de entrevistas persoais. Son un factor de personalización dos temas do curso.
A proba mixta será o exame final, clave da avaliación, deberá ser preparada persoalmente por cada un dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Os traballos tutelados non serán obrigatorios, responderán aos intereses do alumno e serán acordados co profesor, que lles fará o seguimento por medio de entrevistas persoais e on line. Son un factor de personalización dos temas do curso e representan un vinte por cento da avaliación final. 20
Proba mixta Consisitirá nunha proba obxectiva e ademais un cuestionario con varios ítems sobre os que alumno demostrará a adquisición de coñecementos sobre os contidos da asignatura
As dúas partes da proba mixta servirán para facer a nota media final.
80
 
Observacións avaliación
Para os alumnos que non fagan traballo tutelado as dúas partes da proba mixta sumarán o cen por cen da avaliación final.

Fontes de información
Bibliografía básica

· DÍAZ, Carlos (2003)
Religiones personalistas y religiones transpersonalistas
Bilbao. Desclee de Brouwer

· GUERRA GÓMEZ, Manuel (1999)
Historia de las religiones
Madrid. BAC

· KÜNG, H. (ed.) (1987)
El cristianismo y las grandes religiones.
Madrid .

· VAZQUEZ BORAU, José Luis (2003)
El hecho religioso (Símbolos, mitos y ritos de las religiones)
Madrid. San Pablo

· VAZQUEZ BORAU, José Luis (2002)
Las Religiones del Libro (Judaísmo, Cristianismo e Islam)
Madrid. San Pablo

· VAZQUEZ BORAU, José Luis (2002)
las religiones tradicionales (Animismo, Hinduísmo, Budismo, Taoísmo...)
Madrid. San Pablo

Bibliografía complementaria

· KÜNG, Hans (1999) ¿Existe Dios? Respuesta alproblema de Dios en nuestro tiempo Madrid.
· MARTIN PINDADO, V.(Coord.) (1995) El hecho religioso. Datos,estructura, valoración Madrid. CCS
· MARTIN VELASCO,Juan de Dios (1987) Introducción a la fenomenologíade la religion Madrid. Cristiandad
· MARTIN VELASCO,Juan de Dios (1993) El malestar religioso denuestra cultura Madrid. San Pablo
· PIKAZA,Xabier (1999) El fenómeno religioso. Cursofundamental de Religión Madrid. Trotta
· TÉLLEZ, A., e MORANTE, G. (1996) Religión y cultura. Didácticadel hecho religioso .
· TORRES QUEIRUGA, Andrés Creo en Deus Pai Vigo. Sept


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
A asigntura de RELIXIÓN, CULTURA E VALORES require do alumno, non unha explicita simpatía pola fe católica, pero si unha certa familiaridade coa mesma: manexo da Biblia, coñecementos básicos de Relixión Católica adquiridos en Secundaria e Bacharelato, ou na catequese ou grupos parroquiais. Sen esta disposición e competencias previas non será imposible, pero si moi dificil adquirir os coñecementos e contidos do programa da asignatura.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías