A asignatura de RELIXION, CULTURA E VALORES ofrécese como optativa a todos os alumnos dos Graos de Infantil e Primaria, e como parte da formación necesaria para a habilitación de profesor de Relixión Católica en Infantil e Primaria. Esta formación deberá completarse nos Centros de Estudios Superiores da Igrexa.
As competencias a que se aspira con esta formación son: o coñecemento das relixións e do cristianismo en particular, os criterios para comprender os conflitos e problemas interculturais e interrelixiosos e o achegamento académico ás orixes do cristianismo e á relixiosidade popular galega.
Competencias do título
Código
Competencias da titulación
A15
Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A23
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A36
Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura.
B6
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B18
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe)
Competencias da titulación
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. Coñecemento das relixións e a súa interacción na sociedade actual.
A23 A36
B6 B18
C4 C7
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
A15
B18 B19
C4
Contidos
Temas
Subtemas
1. Estudo do feito relixioso nas súas dimensións histórica e antropolóxica.
1.1 As ciencias da relixión
1.2 A estrutura e expresións do feito relixioso
2. Estudo dos grandes sistemas relixiosos máis presentes na poboación mundial actual.
2.1 As grandes relixións do Oriente: Hinduísmo, Budhismo
2.2 As relixións do Libro: Xudaismo, Cristianismo, Islam
3. Iniciación ao coñecemento da Biblia, en especial o Novo Testamento.
3.1 Estudo histórico-crítico dos evanxeos canónicos.
4. O feito relixioso cristián, a súa singularidade específica, e os valores cívicos, éticos e culturais que conleva.
4.1 Achegamento ao Xesús histórico. As fontes e balance.
4.2 A relixiosidade popular galega
5. Relixións e sociedade.
5.1 A secularización do occidente cristián.
5.2 O renacer do feito relixioso. Novos movementos relixiosos e sectas.
6. O encontro entre as relixións; diálogo interrelixioso e ecumenismo. As relixións e a paz.
6.1 O Ensino relixioso escolar. Problemática, lexislación, características
Planificación
Metodoloxías / probas
Horas presenciais
Horas non presenciais / traballo autónomo
Horas totais
Discusión dirixida
10
0
10
Proba mixta
2
20
22
Sesión maxistral
20
40
60
Traballos tutelados
2
8
10
Atención personalizada
12
0
12
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Discusión dirixida
Comentarios de texto de actualidade que suscitan debate e permiten esclarecer os núcleos básicos dos temas en cuestión
Proba mixta
Proba final de avaliación, distribuída en dúas partes: unha proba obxectiva e un cuestionario de ítems que o alumno ten que desenvolver.
Sesión maxistral
Sesións ordinarias de clase, nas que se expoñen os contidos principais do temario.
Traballos tutelados
Recensión de libros e/ou sinxelos traballos de investigación sobre algún dos temas do curso
Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Moitas das cuestións relixiosas están hoxe na actualidade e nos medios de comunicación. Cómpre establecer a relación entre os acontecementos e o estudo teórico das súas orixes e evolución. A discusión dirixida implica a participación do alumno e o intercambio de perspectivas e opinións.
Os cuestionarios e comentarios de clase son debatidos e compartidos polos alumnos presentes.
Os traballos tutelados responderán aos intereses do alumno e serán acordados co profesor e terán un seguimento con el por medio de entrevistas persoais. Son un factor de personalización dos temas do curso.
A proba mixta será o exame final, clave da avaliación, deberá ser preparada persoalmente por cada un dos alumnos.
Avaliación
Metodoloxías
Descrición
Cualificación
Proba mixta
Consistirá nunha proba obxectiva e ademais un cuestionario con varios ítems sobre os que alumno demostrará a adquisición de coñecementos sobre os contidos da asignatura
As dúas partes da proba mixta servirán para facer a nota media final
80
Traballos tutelados
Os traballos tutelados non serán obrigatorios, responderán aos intereses do alumno e serán acordados co profesor , que fará o seguimento do mesmo por medio de entrevistas persoais e on line. Son un factor de personalización dos temas do cursoe representan un vinte por cento da avaliación final.
20
Observacións avaliación
Para os alumnos que non fagan traballo tutelado as dúas partes da proba mixta sumarán o cen por cen da avaliación.
A asigntura de RELIXIÓN, CULTURA E VALORES require do alumno, non unha explicita simpatía pola fe católica, pero si unha certa familiaridade coa mesma: manexo da Biblia, coñecementos básicos de Relixión Católica adquiridos en Secundaria e Bacharelato, ou na catequese ou grupos parroquiais. Sen esta disposición e competencias previas non será imposible, pero si moi dificil adquirir os coñecementos e contidos do programa da asignatura.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías