Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento Código 652G03003
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Ferradás Canedo , María del Mar
Correo electrónico
mar.ferradasc@udc.es
Profesorado
Ferradás Canedo , María del Mar
Correo electrónico
mar.ferradasc@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. C4
Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas. B1
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. C4
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. B3
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. B2
C6
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. A9
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. C1
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A1
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. A4

Contidos
Temas Subtemas
Introducción á Psicoloxía do desenvolvemento Concepto de desenvolvemento
Obxecto da Psicoloxía do desenvolvemento
Ámbitos, etapas e contextos de desenvolvemento
Factores determinantes do desenvolvemento
Evolución histórica da Psicoloxía do desenvolvemento
Perspectivas teóricas na Psicolxía do desenvolvemento Modelos e paradigmas na Psicoloxía do desenvolvemento
Principais orientacións teóricas na Psicoloxía do desenvolvemento:
- Teorías psicoanalíticas
- Teorías da aprendizaxe
- Teorías cognitivas
- Teorías sociobiolóxicas
- Teorías contextuais
Métodos e deseños na Psicoloxía do desenvolvento Metodoloxía experimental e cuasi-experimental
Metodoloxía non experimental
- Metodoloxía de autorreporte
- Metodoloxía observacional
- Estudos de caso
- Rexistros psicofisiolóxicos
- Estudos etnográficos
Deseños de investigación na Psicoloxía do desenvolvemento
- Deseños lonxitudinais
- Deseños transversais
- Deseños secuenciais
O desenvolvemento na infancia Desenvolvemento físico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento cognitivo na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento lingüístico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento socio-emocional na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
O desenvolvemento na adolescencia Desenvolvemento físico: adrenarquia e gonadarquia
Desenvolvemento cognitivo: a etapa das operacións formais
Desenvolvemento socio-emocional:
- Autoconcepto e autoestima
- Relacións familiares
- Relacións cos iguais
- Relacións de parella
O desenvolvemento na etapa adulta Cambios físicos na xuventude e na madurez
Desenvolvemento cognitivo na xuventude e na madurez: intelixencia e procesamento da información
Desenvolvemento socio-emocional na xuventude e na madurez: traballo, relacións sociais, matrimonio, fillos.
O desenvolvemento na vellez Cambios físicos na vellez
Desenvolvemento cognitivo: a memoria das persoas maiores
O benestar psicolóxico na vellez

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa 15 15 30
Lecturas 3 3 6
Análise de fontes documentais 10 10 20
Portafolios do alumno 3 12 15
Proba mixta 3 30 33
Resumo 2 2 4
Actividades iniciais 1 0 1
Solución de problemas 2 0 2
Xogo de rol (role playing) 2 0 2
Prácticas de laboratorio 2 0 2
Discusión dirixida 6 0 6
Glosario 1 1 2
Sesión maxistral 21 0 21
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Lecturas compartidas de documentos e postos en común
Lecturas Lecturas dos libros e documentos máis importantes desta materia para o seu posterior debate na aula. Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente
Resumo O resumo consiste na síntese dos principais contidos traballados.

O alumnado empregará esta metodoloxía para recopilar a información adquirida nas clases interactivas xa que é un recurso óptimo para facilitar a comprensión dos textos e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Solución de problemas Técnica segundo a cal debe resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos traballados previamente
Xogo de rol (role playing) Os xogos de rol son un elemento de práctica de entrevista ante diferentes dificultades coas que se poden atopar os profesionais da Educación Social.
Prácticas de laboratorio Prácticas realizadas en clase coa finalidade de reforzar o coñecemento e a comprensión de diversos temas de especial interese.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, coordinados por un moderador.
Glosario Catálogo de palabras dunha mesma disciplina, dun mesmo campo de estudo, etc., definidas ou comentadas.
Ao remate de cada tema, os estudantes deberán adxuntar ao portafolios unha recopilación dos termos claves xunto coa súa definición.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Proba mixta
Descrición
Tanto a preparación do exame como a realización das actividades que se incluirán no portafolio serán obxecto de atención individualizada ao longo do curso durante as horas de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. 30
Proba mixta Proba escrita (preguntas de resposta breve e tipo test) utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 70
 
Observacións avaliación

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA AULA (> 85%):
O sumatorio das cualificacións obtidas na proba mixta (máx. 7 puntos) e no portafolio (máx. 3 puntos) constitúe a cualificación final da materia.

A cualificación final será a media entre a cualificación dos coñecementos teóricos (exame) e prácticos (portafolio). Esta media só se realizará cando  se obteña un mínimo de 3,5 e de 1,5 puntos respectivamente.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE NA AULA (< 85%)
A avaliación farase en función da cualificación obtida na proba mixta. Este alumnado non poderá presentar o portafolio, dado que as actividades que nel se inclúen desenvolveranse fundamentalmente nas clases interactivas. Polo tanto, a máxima cualificación á que optan é dun 7. Esto é, deberán obter un mínimo de 5 puntos (sobre 7) para superar a asignatura.

Opción C. ALUMNADO DE OUTRAS CONVOCATORIAS
Se aplicará a opción A ou B segundo sexa o caso. 

NOTAS.
1. No caso de terse aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada soamente na convocatoria de xullo.
2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas


Fontes de información
Bibliografía básica Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2010). Desarrollo humano. . México D. F.: McGraw Hill.
Serulnikov, A., y Suárez, R. (2001). Piaget para principiantes. Buenos Aires, Argentina: Era Naciente SRL
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2009). Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. México D. F.: McGraw Hill.
Giménez-Dasí, M. y Mariscal, S. (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia.. UNED: McGraw Hill.
Delgado, B. (2008). Psicología del desarrollo. Desde la infancia a la vejez. . UNED: McGraw Hill.
Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo. El ciclo vital. . Madrid: McGraw Hill.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías