Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa Código 652G03020
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da educación social sexan capaces atender ás diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración nos procesos de desenvolvemento da acción socioeducativa. Oriéntase pois, ao desenvolvemento de capacidades que permitan a utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen a dinamización dos proxectos no marco dos contextos de intervención destes profesionais.

Deste modo, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das estratexias de colaboración, comunicación e de xestión da información para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos que se levan a cabo nos diferentes ámbitos da acción socioeducativa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración que afectan aos procesos de intervención socioeducativa. A5
A10
A20
B1
B3
Analizar as vantaxes da colaboración e a dixitalización da comunicación na intervención socioeducativas. A5
A7
A10
A20
B1
B3
Utilizar diferentes estratexias de comunicación e de xestión da información no desenvolvemento de proxectos socioeducativos. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Aplicar diferentes estratexias de rexistro, interpretación e difusión da información no desenvolvemento da acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Comprender, valorar e transmitir de forma crítica a información no contexto da dinamización cultural e a intervención socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Asumir un compromiso ético co tratamento das novas formas de comunicación social a favor da intervención e desenvolvemento sociocumunitario. A5
A7
A10
A20
B1
B3
C4
Coñecer diferentes estratexias de colaboración para a dinamización dos equipos de traballo na acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Desenvolver diferentes dinámicas democráticas de inclusión, representación e participación na realización de proxectos de animación sociocumunitaria. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Avaliar o sentido e funcionamento das dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa. A5
A10
A12
A20
B1
B3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Perspectivas sobre a comunicación e a colaboración na acción socioeducativa: vantaxes socioeducativas da colaboración e a axilización da comunicación.
2. Estratexias de comunicación e xestión da información nas distintas fases de realización do proxecto socioeducativo: formas, prácticas e instrumentos de intercambio comunicacional; estratexias de rexistro, almacenamento, interpretación, presentación e distribución de información en interaccións comunitarios e/ou colectivos usando recursos gráficos, audiovisuais e electrónicos; virtudes comunicativas (saber escoitar, non interromper, opinar respetuosamente, etc.); análise crítica da comunicación.
3. Estratexias de colaboración na acción socioeducativa: traballo en equipos; creación de espazos para o diálogo, a reflexión colectiva e a resolución de problemas; establecemento de redes de intercambio; apoio mutuo; formación de coalicións e alianzas; dinámicas e técnicas específicas de aprendizaxe colaborativo.
4. Dinámicas democráticas de inclusión, participación, representación, deliberación, diálogo, reciprocidade, asignación de roles, e repartición igualitaria e dotación de poder nos procesos socioeducativos (de ensino, aprendizaxe e animación sociocomunitaria).
5. Valoración, desde o diagnóstico ata a avaliación, do sentido e do funcionamento da comunicación e a colaboración nas diversas facetas e ámbitos da acción socioeducativa.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 28 49
Discusión dirixida 10 21 31
Traballos tutelados 10 40 50
Proba mixta 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirixida Mediante esta metodoloxía abordaranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e o desenvolvemento da acción socioeducativa. Ten como obxecto construír unha visión crítica respecto das diferentes formas de dinamizar as accións que se levan a cabo nos distintos contextos de intervención.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos de grupo. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado da materia.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
60
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 40
 
Observacións avaliación

A avaliación contempla dúas opcións:

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):

a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (40%).

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).



Opción B.
Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao  80%):

a) Un exame escrito sobre os contidos da materia (100%).


Fontes de información
Bibliografía básica

1) PatiñoSantos, A. (2007). Extraños en las aulas. En L. Martín Rojo & L. Mijares(Eds.), Voces del aula: Etnografías de la escuela multilingüe. Madrid:Centro de Investigación Documentación Educativa (CIDE), Ministerio deEducación, Cultura y Deporte.

2) FloresRamos, E. (2005). Capítulo 5, Propuesta pedagógica de educación no-formal paraalumnos inmigrantes e Capítulo 6, pp. 99-139.

3) Lalueza,J.L., Crespo, I., Sáchez, S., Camps, S., Cazorla, A. (2004) Intervenciónpsicopedagógica en comuniades minoritarios. En Monero, C. (Ed) La prácticapsipedagógica en no informal . Barcelona: EDIUOC.

4) FundaciónSecretariado Gitano (2007) Competencias interculturales y resolución deconflictos. Apartado Interacción Multicultural. Aula Intercultural: http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=2541.

5) BruMartín, P., y Basagoiti R. (2003). La Investigación-Acción Participativa comometodología de mediación e integración socio-comunitaria. Comunidad:Publicación periódica del Programa de Actividades Comunitarias en AtenciónPrimaria, nº 6.

6) CIMAS (Observatorio Internacional deCiudadanía y Medio Ambiente Sostenible) (2009). Manualde técnicas participativas, pp. 1-41.

7) CIMAS(Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente Sostenible) (2009). Manualde técnicas participativas, pp. 42-84.

8) RedDeaseartePaz(2010) Seleccións: pp. 1-13, 38-41, 56-67.

9) Comas Arnau,D. (2010). LosPresupuestos Participativos y las políticas de juventud: Un estudio de casosobre la cultura de la participación social en España. Pp. 8-26; 48-71.

10) De Ugarte, D.(2007)

ElPoder de las redes: Manual ilustrado para personas, colectivos y empresasabocados al ciberactivismo

(¿De qué habla este libro?, Observe laslíneas de puntos, Brevísima historia de las redes sociales, De la pluriarquía ala blogsfera, Mumis y efectos red, La primavera de las redes, Ciberactivistas, Ciberturbas,Una definición y dos modelos de ciberactivismo, Ciberactivismo para activistas dela vida cotidiana), 23-92

Bibliografía complementaria

Ayuntamiento de Sevilla & Instituto Paulo Freire (s.d.). Materiales Didácticos para trabajar la Participación Ciudadana.

Kemmis, S. & McTaggart, R. (1988) Cómo planificar la investigación-acción. Capítulo 1, Naturaleza de la Investigación-Acción, pp. 9-37.

Disalvo, D. (2011). Comunidades virtuales. Mente y Cerebro 48, 60-67.

El Troudi, H., Harnecker, M., e Bonilla, L. (2005). Herramientas para la participación.

Francés García, F. & Carrillo Cano, A. (2010). Guía metodológica de presupuestos participativos

Ganuza, E., Paño, P., , Olivari, L., Buitrago, L., & y Lorenzana, C. (2010). La democracia en acción: una visión desde las metodologías participativas

Priegue Caamaño, D. (2008). A escola en Galicia e os desafios do alumnado inmigrante: Avaliación dun programa para familias inmigrantes. Revista Galega de Educación, 41, 157-163.

Proyecto Jalda (s.d.) Manual de técnicas participativas

Torres Santomé, J. (2011). Redes Sociales: Posibilidades de una educación democrática y crítica. Ponencias Jornadas Andaluzas, 10 de Junio de 2011.

Westerhof, N. (2011). Juntos somos diferentes. Mente Y Cerebro 48, 54-59.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías