Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A10 |
Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural. |
A12 |
Mediar en situacións de risco e conflito. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer as diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración que afectan aos procesos de intervención socioeducativa. |
A5 A10 A20
|
B1 B3
|
|
Analizar as vantaxes da colaboración e a dixitalización da comunicación na intervención socioeducativas. |
A5 A7 A10 A20
|
B1 B3
|
|
Utilizar diferentes estratexias de comunicación e de xestión da información no desenvolvemento de proxectos socioeducativos.
|
A5 A7 A10 A12 A20
|
B1 B3
|
C4
|
Aplicar diferentes estratexias de rexistro, interpretación e difusión da información no desenvolvemento da acción socioeducativa.
|
A5 A7 A10 A12 A20
|
B1 B3
|
C4
|
Comprender, valorar e transmitir de forma crítica a información no contexto da dinamización cultural e a intervención socioeducativa. |
A5 A7 A10 A12 A20
|
B1 B3
|
C4
|
Asumir un compromiso ético co tratamento das novas formas de comunicación social a favor da intervención e desenvolvemento sociocumunitario. |
A5 A7 A10 A20
|
B1 B3
|
C4
|
Coñecer diferentes estratexias de colaboración para a dinamización dos equipos de traballo na acción socioeducativa. |
A5 A7 A10 A12 A20
|
B1 B3
|
C4
|
Desenvolver diferentes dinámicas democráticas de inclusión, representación e participación na realización de proxectos de animación sociocumunitaria. |
A5 A7 A10 A12 A20
|
B1 B3
|
C4
|
Avaliar o sentido e funcionamento das dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa. |
A5 A10 A12 A20
|
B1 B3
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Perspectivas sobre a comunicación e a colaboración na acción socioeducativa: vantaxes socioeducativas da colaboración e a axilización da comunicación. |
|
2. Estratexias de comunicación e xestión da información nas distintas fases de realización do proxecto socioeducativo: formas, prácticas e instrumentos de intercambio comunicacional; estratexias de rexistro, almacenamento, interpretación, presentación e distribución de información en interaccións comunitarios e/ou colectivos usando recursos gráficos, audiovisuais e electrónicos; virtudes comunicativas (saber escoitar, non interromper, opinar respetuosamente, etc.); análise crítica da comunicación. |
|
3. Estratexias de colaboración na acción socioeducativa: traballo en equipos; creación de espazos para o diálogo, a reflexión colectiva e a resolución de problemas; establecemento de redes de intercambio; apoio mutuo; formación de coalicións e alianzas; dinámicas e técnicas específicas de aprendizaxe colaborativo. |
|
4. Dinámicas democráticas de inclusión, participación, representación, deliberación, diálogo, reciprocidade, asignación de roles, e repartición igualitaria e dotación de poder nos procesos socioeducativos (de ensino, aprendizaxe e animación sociocomunitaria). |
|
5. Valoración, desde o diagnóstico ata a avaliación, do sentido e do funcionamento da comunicación e a colaboración nas diversas facetas e ámbitos da acción socioeducativa. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
28 |
49 |
Discusión dirixida |
10 |
21 |
31 |
Traballos tutelados |
10 |
40 |
50 |
Proba mixta |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
|
Discusión dirixida |
Mediante esta metodoloxía abordaranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e o desenvolvemento da acción socioeducativa. Ten como obxecto construír unha visión crítica respecto das diferentes formas de dinamizar as accións que se levan a cabo nos distintos contextos de intervención. |
Traballos tutelados |
En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos de grupo. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
|
Proba mixta |
A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado da materia.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:
ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.
EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva. |
60 |
Proba mixta |
A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación contempla dúas opcións: Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%): a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (40%). b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).
Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%): a) Un exame escrito sobre os contidos da materia (100%).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
1) PatiñoSantos, A. (2007). Extraños en las aulas. En L. Martín Rojo & L. Mijares(Eds.), Voces del aula: Etnografías de la escuela multilingüe. Madrid:Centro de Investigación Documentación Educativa (CIDE), Ministerio deEducación, Cultura y Deporte. 2) FloresRamos, E. (2005). Capítulo 5, Propuesta pedagógica de educación no-formal paraalumnos inmigrantes e Capítulo 6, pp. 99-139. 3) Lalueza,J.L., Crespo, I., Sáchez, S., Camps, S., Cazorla, A. (2004) Intervenciónpsicopedagógica en comuniades minoritarios. En Monero, C. (Ed) La prácticapsipedagógica en no informal . Barcelona: EDIUOC. 4) FundaciónSecretariado Gitano (2007) Competencias interculturales y resolución deconflictos. Apartado Interacción Multicultural. Aula Intercultural: http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=2541. 5) BruMartín, P., y Basagoiti R. (2003). La Investigación-Acción Participativa comometodología de mediación e integración socio-comunitaria. Comunidad:Publicación periódica del Programa de Actividades Comunitarias en AtenciónPrimaria, nº 6. 6) CIMAS (Observatorio Internacional deCiudadanía y Medio Ambiente Sostenible) (2009). Manualde técnicas participativas, pp. 1-41. 7) CIMAS(Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente Sostenible) (2009). Manualde técnicas participativas, pp. 42-84. 8) RedDeaseartePaz(2010) Seleccións: pp. 1-13, 38-41, 56-67. 9) Comas Arnau,D. (2010). LosPresupuestos Participativos y las políticas de juventud: Un estudio de casosobre la cultura de la participación social en España. Pp. 8-26; 48-71. 10) De Ugarte, D.(2007) ElPoder de las redes: Manual ilustrado para personas, colectivos y empresasabocados al ciberactivismo (¿De qué habla este libro?, Observe laslíneas de puntos, Brevísima historia de las redes sociales, De la pluriarquía ala blogsfera, Mumis y efectos red, La primavera de las redes, Ciberactivistas, Ciberturbas,Una definición y dos modelos de ciberactivismo, Ciberactivismo para activistas dela vida cotidiana), 23-92 |
Bibliografía complementaria
|
|
Ayuntamiento
de Sevilla & Instituto Paulo Freire (s.d.). Materiales
Didácticos para trabajar la Participación Ciudadana. Kemmis,
S. & McTaggart, R. (1988) Cómo planificar la investigación-acción.
Capítulo 1, Naturaleza de la Investigación-Acción, pp. 9-37.
Disalvo,
D. (2011). Comunidades virtuales. Mente y Cerebro 48, 60-67.
El Troudi, H.,
Harnecker, M., e Bonilla, L. (2005). Herramientas
para la participación. Francés
García, F. & Carrillo Cano, A. (2010). Guía
metodológica de presupuestos participativos Ganuza, E., Paño, P., , Olivari, L., Buitrago,
L., & y Lorenzana, C. (2010). La
democracia en acción: una visión desde las metodologías participativas Priegue
Caamaño, D. (2008). A escola en Galicia e os desafios do alumnado inmigrante:
Avaliación dun programa para familias inmigrantes. Revista Galega de
Educación, 41, 157-163. Proyecto
Jalda (s.d.) Manual
de técnicas participativas Torres
Santomé, J. (2011). Redes
Sociales: Posibilidades de una educación democrática y crítica. Ponencias
Jornadas Andaluzas, 10 de Junio de 2011. Westerhof,
N. (2011). Juntos somos diferentes. Mente
Y Cerebro 48, 54-59. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|