Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Orientación ocupacional Código 652G03021
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación ocupacional, tamén chamada orientación laboral e orientación para o emprego, é unha actividade destinada ás persoas desempregadas. A súa finalidade é a adquisición e/ou mellora dalgúns dos factores persoais implicados na inserción laboral. O/a educador/a social está recoñecido como profesional da orientación ocupacional.






Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e a súa situación actual (accións e metodoloxías utilizadas e profesionais que as levan a cabo) A1
A3
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C3
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C5
Explorar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da igualdade de oportunidades. A14
C4
Identificar os colectivos con especiais dificultades de inserción, analizar as súas características en relación cos factores de inserción laboral e coas necesidades de formación e orientación e valorar as implicacións para a orientación. A2
A20
B4
C4
Analizar e deseñar intervencións no campo da orientación ocupacional A6
A8
A9
A21
B1
B6
Analizar e deseñar actuacións de orientación ocupacional non sexista e reflexionar sobre o seu papel na consecución da igualdade de oportundiades entre homes e mulleres. A5
A9
B4
C4
Coñecer, consultar e valorar recursos para a práctica da orientación ocupacional. A15
Identificar e valora-los posibles usos de Internet para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral A15
C3
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral para a concepción e a praxe da orientación profesional e ocupacional A5
C4
Consolidar hábitos de traballo cooperativo e potencia-las habilidades e actitudes sociais necesarias no desenvolvemento profesional B3
B5
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Desenvolvemento institucional, situación actual da orientación laboral e perfil profesional dos/as orientadores/as laborais. 1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación nos servizos públicos de emprego, nas accións de formación para o emprego e nos programas e proxectos de inserción sociolaboral. Análise da situación en Galicia e no resto das CCAA.
1.3 Perfil profesional do/a orientador/a laboral
1.4. O/a educador/a social: profesional da orientación ocupacional/laboral.
TEMA 2. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación ocupacional 2.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional: delimitación conceptual, relacións e aclaracións terminolóxicas
2.2. Enfoques explicativos da inserción
2.3. Modelos de intervención
2.4. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dficultade de inserción
Tema 3. Áreas de intervención, itinerarios personalizados de inserción e recursos para a praxe da OO 3.1. Áreas de intervención: propostas de distintos autores e proposta de síntese
3.2. A integración da perspectiva de xénero nas áreas de intervención: razóns, características e obxectivos.
3.3. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dificultades de inserción
3.4. Recursos para a praxe da Orientación Ocupacional
TEMA 4. Mercado laboral e Formación Profesional 4.1. Características do mercado laboral: implicacións para a concepción e para a praxe da OP
4.2. Terminoloxía específica, finalidades e ordenación da Formación Profesional.
4.3. Papel da orientación no recoñecemento e acreditación de competencias
4.4. Saídas profesionais para os/as educadoras/es sociais na Formación Profesional


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 3 21 24
Estudo de casos 7 23 30
Presentación oral 1 1 2
Proba mixta 0 10 10
Simulación 14 40 54
Sesión maxistral 21 7 28
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
Estudo de casos As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa.
Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
Simulación Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Simulación
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento das actividades de estudo de casos, de simulación e de preparación da presentación oral. Para a actividade de simulación é obrigatoria a asistencia a titoría.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou ca actividade de simulación 35
Simulación Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas). 45
Estudo de casos As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (máximo catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia  é imprescindible  obter   a metade da cualificación outorgada a cada unha das tres actividades que computan na avaliación. Na convocatoría de xullo  só se  valora a proba mixta que incrementa o seu valor até 10.




Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter unha asistencia (por encima do 85%), poden acollerse  a unha modalidade de avaliación específica. Para poder optar por este sistema deben de contactar coa docente para concretar as actividades de avaliación  e o proceso de supervisión e seguimento das mesmas.  Para estes casos,  varíanse as caracteristicas e o peso na cualificación global das actividades de avaliación do alumnado asistente e engádese a elaboración de un informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.   


Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez Moreno, M.L. (2010). Desarrollo de competencias:teoria y práctica. Barcelona: Laertes
Alastruey. R. (2009). Empleo 2.0. Barcelona: Editorial UOC
Cobos, A.; Gutiérrez-Crespo, E. e Planas, A. (2012 ). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral . Barcelona: Editorial Grao
Manzano, N. (2011). Orientación laboral con jóvenes en riesgo de exclusión. Madrid. Ed. Sanz y Torres.
Sánchez García. M. F. (2004). Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio. Madrid: Sanz y Torres
Echeverría, B. (Coord) (2008). Orientación Profesional. Barcelona: UOC
Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva

Para cada tema vaíse proporcionar bibliografía e webgrafía especifica, diferenciando a que é  de lectura obrigatoria e a de profundización.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia optativa Orientación e Políticas de Emprego permite profundizar  na crise de emprego e nas políticas de emprego que se desenvolven na Unión Europea, en España e en Galicia.  



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías