Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
|
A6 A19 A21
|
|
|
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
|
|
B1 B3 B6
|
|
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
|
|
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Perspectivas actuais da Educación Social, programas e servizos socioeducativos. |
1.1. Áreas de intervención.
1.2. Delimitación e ámbito dos servizos socioeducativos.
1.3. Programas socioeducativos. |
2. Investigación e avaliación de calidade. |
2.1. Avaliación.
2.2. Investigación avaliativa.
2.3. Calidade. |
3. Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos. |
3.1. Modelos de calidade.
3.2. Modelos de avaliación. |
4. O proceso de avaliación da calidade dos programas e servizos socioeducativos. |
4.1. Cuestións previas.
4.2. Elaboración do deseño da investigación.
4.2.1. Alcance, aspectos, variables e indicadores.
4.2.2. Recopilación de datos e de información.
4.2.3. Elaboración e presentación de resultados.
4.2.4. Aplicación dos resultados. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
15 |
36 |
Aprendizaxe colaborativa |
21 |
30 |
51 |
Resumo |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
2 |
25 |
27 |
|
Atención personalizada |
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Por iso, as clases expositivas (que se imparten un día á semana durante 1,5 horas) céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidad de transmitir coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.
|
Aprendizaxe colaborativa |
As clases expositivas combinaranse con clases interactivas (que se imparten igualmente un día á semana durante 1,5 horas) guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante.
Nas clases expositivas, empregaranse un gran conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
|
Resumo |
O resumo consiste na síntese dos principais contidos traballados.
O alumnado empregará esta metodoloxía para recopilar a información adquirida tanto nas clases expositivas como nas interactivas xa que é un recurso óptimo para facilitar a comprensión dos textos e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Finalmente, recopilará toda esta información nunha Reflexión Final da materia que se entregará a final de curso. |
Proba mixta |
Ademáis da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia elaborando o alumnado en canto á procura, elaboración e presentación de materiais relacionados co contido da materia.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse, polo tanto, no aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:
* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizarase nas clases expositivas).
* A grupos de traballo pequeno (realizarase en clases interactivas -prácticas- ou no despacho do profesorado).
* Individuais (realizaranse no despacho do profesorado e versarán sobre o progreso do alumnado, para o cal presentaranse os traballos realizados).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Ademais da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta.
A exame centrarase nos contidos traballados en todas as clases (expositivas e interactivas).
O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:
- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.
- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - errores/nº alternativas - 1.
A puntuación total da exame é de 8 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 4 puntos) para poder aprobar a materia. Esta puntuación deberá estar repartida entre a parte teórica e a parte práctica (é dicir, 2 puntos en cada unha como mínimo). |
80 |
Resumo |
Para a realización do traballo colaborativo, é preciso formar pequenos grupos de traballo. Para realizar esta tarefa, débese ter en conta o seguinte:
- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).
- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso no que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.
- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.
- Sobre todo o traballo realizado, entregarase unha reflexión final da materia (individual) que será valorada co 20% da calificación final da materia. Esta reflexión final deberá constar de:
* Valoración persoal con respecto ao funcionamento do seu grupo de traballo: rol desenvolvido no equipo, como se organizou o traballo,...
* Reflexión persoal acerca dos contidos desenvolvidos: que aprendín, que sei facer agora,...
* Valoración da metodoloxía seguida nas clases.
* Reflexión persoal acerca das competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente.
* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contenidos ao mundo da educación social, que aprendín para o meu futuro profesional,...
* Apreciacións personales sobre as titorías realizadas: horarios, puntualidade, trato, principais dúbidas consultadas, principais funcións das titorías (persoal, académica, profesional,...).
* Análise das prácticas realizadas ao longo das clases interactivas.
* Valoración da temporalización dos traballos efectuados.
* Apreciación persoal con respecto aos criterios de avaliación planificados.
* Outros aspectos: calquera outra consideración a maiores do solicitado como suxestións, materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...
É dicir, a reflexión final debe ser a valoración final froito do traballo do curso completo e o prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
A puntuación deste traballo é de 2 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 1 punto) para poder aprobar a materia.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase. Considérase alumnado asistente a aquel que asiste a un mínimo do 80% das clases; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída. O/a estudiante poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes, a reflexión final ou non asista regularmente ás clases, só terá dereito a presentarse á exame final da materia na convocatoria oficial fixada pola Facultad (será considerado como non asistente ao 80% das clases). A exame puntuará o 100% da puntuación.
Se o alumnado asistente a clase suspende a exame, a puntuación acadada na reflexión final da materia realizada pérdese; é dicir, non se reservará a nota acadada polo alumnado nesta tarefa para as seguintes convocatorias. Na exame que terá que superar na próxima convocatoria será considerado como non asistente ao 80% das clases.
A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamién serán tidos en conta polo profesorado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
AGUILAR, M.J. y ANDER-EGG, E. (1992). Evaluación de servicios y programas sociales.. Madrid: Siglo XXI.
STUFFLEBEAM, D.L. y SHINKFIELD, A.J. (1985). Evaluación sistemática. Guía teórica y práctica.. Madrid:MEC.
WEISS, C.H. (1975). Investigación evaluativa. Métodos para determinar la eficacia de los programas de acción.. México: Trillas. |
|
Bibliografía complementaria
|
VENTOSA, V.J. (2001). Desarrollo y evaluación de proyectos socioculturales.. Madrid: CCS.
FERNÁNDEZ BALLESTEROS, R. (1995). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud.. Madrid: Síntesis.
COLÁS BRAVO, M.P y REBOLLO CATALÁN, M.A. (1993). Evaluación de programas. Una guía práctica.. Sevilla: Kronos.
COHEN, E. y FRANCO, R. (1992). Evaluación de proyectos sociales.. México: Siglo XXI. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|