Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Métodos de evaluación de programas Código 652G03023
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Grado 1º cuatrimestre
Tercero Obligatoria 6
Idioma
Castellano
Gallego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinador/a
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/dptos/fmide/index.php
Descripción general Esta materia redáctase pensando no alumnado das diferentes disciplinas da intervención social (traballo social, servizos sociais, animación socio-cultural,...) que deberán realizar avaliacións sistemáticas, ofrecéndolles unha formación teórica-metodolóxica específica no campo da avaliación.

Esta materia ha de axudar ao alumnado na iniciación e na realización de avaliacións sistemáticas de diferentes programas de intervención social.

Así, presentaranse os fundamentos metodolóxicos e os procedementos operativos da investigación avaliativa de tal forma que se consiga que os futuros profesionais introduzan elementos de avaliación no seu propio quefacer profesional.

Competencias del título
Código Competencias de la titulación
A6 Seleccionar diferentes métodos y técnicas para la planificación y evaluación de programas y servicios.
A19 Asesorar y supervisar programas, planes, proyectos y centros socioeducativos.
A21 Diseñar e implementar procesos de evaluación de programas y estrategias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar y transmitir críticamente la información.
B3 Generar la cultura profesional colaborativa, fomentando el trabajo en red e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa y responsabilidad.
B6 Adquirir y dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas y propuestas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaje
Competencias de materia (Resultados de aprendizaje) Competencias de la titulación
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. A6
A19
A21
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. B1
B3
B6
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C1
C3
C4
C6
C8

Contenidos
Tema Subtema
1. Perspectivas actuais da Educación Social, programas e servizos socioeducativos. 1.1. Áreas de intervención.
1.2. Delimitación e ámbito dos servizos socioeducativos.
1.3. Programas socioeducativos.
2. Investigación e avaliación de calidade. 2.1. Avaliación.
2.2. Investigación avaliativa.
2.3. Calidade.
3. Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos. 3.1. Modelos de calidade.
3.2. Modelos de avaliación.
4. O proceso de avaliación da calidade dos programas e servizos socioeducativos. 4.1. Cuestións previas.
4.2. Elaboración do deseño da investigación.
4.2.1. Alcance, aspectos, variables e indicadores.
4.2.2. Recopilación de datos e de información.
4.2.3. Elaboración e presentación de resultados.
4.2.4. Aplicación dos resultados.

Planificación
Metodologías / pruebas Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Sesión magistral 21 15 36
Aprendizaje colaborativo 21 30 51
Resumen 0 30 30
Prueba mixta 2 25 27
 
Atención personalizada 6 0 6
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Sesión magistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas (que se imparten un día á semana durante 1,5 horas) céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidad de transmitir coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.

Aprendizaje colaborativo As clases expositivas combinaranse con clases interactivas (que se imparten igualmente un día á semana durante 1,5 horas) guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante.

Nas clases expositivas, empregaranse un gran conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Resumen O resumo consiste na síntese dos principais contidos traballados.

O alumnado empregará esta metodoloxía para recopilar a información adquirida tanto nas clases expositivas como nas interactivas xa que é un recurso óptimo para facilitar a comprensión dos textos e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.

Finalmente, recopilará toda esta información nunha Reflexión Final da materia que se entregará a final de curso.
Prueba mixta Ademáis da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodologías
Sesión magistral
Aprendizaje colaborativo
Descripción
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia elaborando o alumnado en canto á procura, elaboración e presentación de materiais relacionados co contido da materia.

É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.

As titorías desenvolveranse, polo tanto, no aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:

* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizarase nas clases expositivas).

* A grupos de traballo pequeno (realizarase en clases interactivas -prácticas- ou no despacho do profesorado).

* Individuais (realizaranse no despacho do profesorado e versarán sobre o progreso do alumnado, para o cal presentaranse os traballos realizados).


Evaluación
Metodologías Descripción Calificación
Prueba mixta Ademais da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta.

A exame centrarase nos contidos traballados en todas as clases (expositivas e interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - errores/nº alternativas - 1.

A puntuación total da exame é de 8 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 4 puntos) para poder aprobar a materia. Esta puntuación deberá estar repartida entre a parte teórica e a parte práctica (é dicir, 2 puntos en cada unha como mínimo).
80
Resumen Para a realización do traballo colaborativo, é preciso formar pequenos grupos de traballo. Para realizar esta tarefa, débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso no que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

- Sobre todo o traballo realizado, entregarase unha reflexión final da materia (individual) que será valorada co 20% da calificación final da materia. Esta reflexión final deberá constar de:

* Valoración persoal con respecto ao funcionamento do seu grupo de traballo: rol desenvolvido no equipo, como se organizou o traballo,...

* Reflexión persoal acerca dos contidos desenvolvidos: que aprendín, que sei facer agora,...

* Valoración da metodoloxía seguida nas clases.

* Reflexión persoal acerca das competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente.

* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contenidos ao mundo da educación social, que aprendín para o meu futuro profesional,...

* Apreciacións personales sobre as titorías realizadas: horarios, puntualidade, trato, principais dúbidas consultadas, principais funcións das titorías (persoal, académica, profesional,...).

* Análise das prácticas realizadas ao longo das clases interactivas.

* Valoración da temporalización dos traballos efectuados.

* Apreciación persoal con respecto aos criterios de avaliación planificados.

* Outros aspectos: calquera outra consideración a maiores do solicitado como suxestións, materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...

É dicir, a reflexión final debe ser a valoración final froito do traballo do curso completo e o prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

A puntuación deste traballo é de 2 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 1 punto) para poder aprobar a materia.

20
 
Observaciones evaluación

As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase. Considérase alumnado asistente a aquel que asiste a un mínimo do 80% das clases; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída. O/a estudiante poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes, a reflexión final ou non asista regularmente ás clases, só terá dereito a presentarse á exame final da materia na convocatoria oficial fixada pola Facultad (será considerado como non asistente ao 80% das clases). A exame puntuará o 100% da puntuación.


Se o alumnado asistente a clase suspende a exame, a puntuación acadada na reflexión final da materia realizada pérdese; é dicir, non se reservará a nota acadada polo alumnado nesta tarefa para as seguintes convocatorias. Na exame que terá que superar na próxima convocatoria será considerado como non asistente ao 80% das clases.


A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamién serán tidos en conta polo profesorado.


Fuentes de información
Básica AGUILAR, M.J. y ANDER-EGG, E. (1992). Evaluación de servicios y programas sociales.. Madrid: Siglo XXI.
STUFFLEBEAM, D.L. y SHINKFIELD, A.J. (1985). Evaluación sistemática. Guía teórica y práctica.. Madrid:MEC.
WEISS, C.H. (1975). Investigación evaluativa. Métodos para determinar la eficacia de los programas de acción.. México: Trillas.

Complementária VENTOSA, V.J. (2001). Desarrollo y evaluación de proyectos socioculturales.. Madrid: CCS.
FERNÁNDEZ BALLESTEROS, R. (1995). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud.. Madrid: Síntesis.
COLÁS BRAVO, M.P y REBOLLO CATALÁN, M.A. (1993). Evaluación de programas. Una guía práctica.. Sevilla: Kronos.
COHEN, E. y FRANCO, R. (1992). Evaluación de proyectos sociales.. México: Siglo XXI.


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios


(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías