Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
1. Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais inherentes á Educación Social. |
A1 A14
|
B2 B5 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa |
A3 A5
|
B2 B5
|
|
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social |
A11
|
B2 B5
|
|
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contextos multiculturais e plurilingüísticos |
A20
|
B6
|
C1 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da educación social e os labores inherentes a eles. Así, accións como identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa, detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos ou desenvolver disposicións favorables ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües etc. serán motivo de atención e titorización do alumnado polos respectivos titores. Enténdese que a inserción laboral é un campo con presencia nos distintos ámbitos profesionais da educación social.
De igual maneira, será de interese garantir a presenza do/a educador/a social en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional. |
O Practicum I realizarase en institucións e servizos pertencentes aos seguintes ámbitos:
1. Menores (desprotección e conflito social)
2. Diversidade funcional (Discapacidade)
3. Dinamización social - cultural - educativa
4. Drogodependencias
5. Muller. Políticas de igualdade
6. Educación ambiental
7. Inmigración e educación para o desenvolvemento.
8. Educación de persoas adultas / centros para maiores.
9. Servizos sociais |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Saídas de campo |
125 |
0 |
125 |
Análise de fontes documentais |
0 |
30 |
30 |
Portafolios do alumno |
0 |
120 |
120 |
Seminario |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Saídas de campo |
Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución etc. |
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no practicum, cos comentarios e cualificacións asignadas polo titor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo titor, etc. |
Seminario |
1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección da institución (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional.
- Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Saídas de campo |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para os alumnos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum I e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
|
10 |
Saídas de campo |
O/a titor/a da institución colaborador/a realizará a avaliación de implicación e actuación do alumnado no centro/aula |
45 |
Portafolios do alumno |
O titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolio cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica.
- Dominio conceptual e capacidade analítica.
- Capacidade para relacionar ideas e accións.
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva.
- Capacidade de descripción de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
- Orixinalidade da proposta.
|
45 |
|
Observacións avaliación |
a) Requisitos para superar a materia:
1. Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas socioeducativas e portafolios.
b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):
1. As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.
2. Os seminarios non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.
3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.
c) Cualificacións:
1. A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.
2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.
3. Non realizar as practicas socioeducativas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.
4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón obter como máximo a cualificación de 4, que se corresponde con un 10 nas prácticas socioeducativas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cómpre consultar a
bibliografía das diferentes materias da titulación segundo o ámbito elixido e de
acordo coas indicacións dos titores. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|