Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 652G03028
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
gabriel.vazquez@udc.es
Profesorado
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
gabriel.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta asignatura o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización co papel e función da educación nas nosas sociedades. Trátase dunha formación que non persigue o curto prazo senón que os coñecementos acadados se integren tanto a nivel persoal como profesional a máis longo prazo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A4 Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
A18 Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento dos compoñentes básicos das desigualdades sociais e as diferencias culturais, que se producen polo feito educativo A1
A2
A5
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidades en elaborar, utilizar e interpretar indicadores sociais e instrumentos de medición social aplicados á educación A1
A5
A9
A10
A11
A13
A14
A15
A16
A17
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C7
C8
Habilidades no desenvolvemento das organizacións (asesoramento, diseño e xestión de organizacións e institucións) escolares A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
Capacidades en recoñecer a diversidade de estudiantes e a complexidade do proceso de aprendizaxe e ensino A1
A2
A4
A5
A6
A7
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Socioloxía da educación 1.1. Definición e teorías da educación: O desenvolvemento da Socioloxía da educación e seus dilemas na actualidade.
1.2. Funcións da educación: Funcións sociais e políticas da educación. Problemas para a súa consecución.
1.3. Educación e sociedade:a educación como fenómeno social. Impacto das condicións sociais sobre os aspectos biolóxicos.

Tema 2. Procesos de organización escolar
2.1. Significado e definición do ensino e a aprendizaxe: a análise dos procesos de aprendizaxe na súa dimensión social.
2.2. Socialización e escola: o proceso de socialización. Institución escolar e socialización. Socioloxía da escola.
2.3. Centros escolares como institucións sociais do coñecemento. Significado social do aula e da relación educativa.
2.4. Profesorado e alumnado: A relación pedagóxica alumno/profesor e a autoridade pedagóxica no discurso educativo actual.

Tema 3. Educación e desigualdade
3.1. Desigualdade invisible: Desigualdades sociais que inflúen en que a escola non troque. Razóns e porques.
3.2. Grupos desiguais: Factores que inciden no fracaso escolar, e a súa influencia na sociedade actual
3.3. Exclusión social e educación ¿como buscar os factores para correxir o modelo educativo actual e reducir a exclusión?
Tema 4. Reformas educativas e políticas públicas 4.1. Sistemas de ensino:obxectivos educativos das reformas educativas.
4.2. Reformas educativas: Contrarreforma, LOGSE, ESO. Discusión das propostas e reforma educativas.
4.3. Políticas públicas: Limites e dificultades externas ó propio sistema educativo. Reforma da Formación profesional. Novo modelo de acceso á universidade.
4.4. Avalidación da calidade da educación.
4.5. Educación para a cidadanía: dereitos e deberes ciudadáns. Relacións humanas, convivencia e participación escolar.
Tema 5. Sistema educativo e capital humano 5.1. Análise do sistema educativo español: o sistema de ensino como construcción histórica e social.
5.2. Educación e capital humano: o sistema educativo e formativo.
5.3.Cambio e desigualdade da Universidade actual: o avance da muller.
5.4. Transición e mercado laboral. Educación e mercado laboral ¿están relacionados?
Tema 6. Internacionalización da educación 6.1. Comparacións dos sistemas educativos de educación superior.
6.2. Paradigmas e políticas da ciencia.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 6 18 24
Traballos tutelados 3 27 30
Proba obxectiva 3 18 21
Recensión bilbiográfica 4 16 20
Análise de fontes documentais 3 12 15
Discusión dirixida 7 28 35
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividades teóricas e prácticas presenciais: Clases directas e exercicios na aula co obxectivo de que o/a alumno/a adquira as competencias de Tipo A (relativas á comprensión dos contidos temáticos da asignatura), tendo en conta que deberán establecerse as ferramentas analíticas necesarias, en función das novas tecnoloxías da información e a comunicación; e ademáis, as habilidades axeitadas ás competencias Tipo B.
Traballos tutelados Actividades non presenciais: Traballo persoal co obxectivo do uso por parte do alumnado das competencias Tipo A (coñecementos) e as do Tipo B, mediante a realización de comentarios críticos, pequenos traballos de revisión/investigación e análises dos temas de educación de maior actualidade e situacións ou realidades sociais relativas á exclusión social en educación. De igual xeito, a participación en grupos de discusión e entrevistas con fins de recoller información, así como o uso das TIC.
Proba obxectiva O alumnado deberá preparar os temas acordados para a proba obxetiva que terá que realizar nas datas oficialmente establecidas
Recensión bilbiográfica O alumnado deberá presentar individualmente e por escrito unha recensión e análise de lecturas seleccionadas dos textos indicados polo profesor da asignatura. Poderán ser citados para revisar o contido destas recensións.
Análise de fontes documentais Utilízase para a análise duns detrerminados temas relativos á situación do noso país, e consistirá no uso de fontes documentais e estatísticas ó uso para o recoñecemento dos temas educativos, así como dos posibles modelos e aplicacións para a captura de información e diagnóstico do problema educativo, as diferencias según comunidades autónomas e as reformas educativas.
Discusión dirixida Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Análise de fontes documentais
Proba obxectiva
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A sesión maxistral é a explicación por parte do profesor dos contidos da materia no aula. Ocasionalmente se apoyará en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas sobre os mesmos.

Para realizar a proba obxetiva o alumnnado deberá realizar as lecturas elexidas para ese fin sinaladas na asignatura.

Realizarase un resumen do traballo de análise de fontes documentais, que se plantearán nos seminarios e grupos de traballo.

Nos traballos titelados, así como nas recensións bibliográficas, o alumnado presentará o proxecto ó profesor, que o aceptará ou fará as consideracións que estime pertinentes. Durante a execución do traballo, o profesor ofrecerá titorías para apoio do traballo. Unha vez finalizados e correxidos, tratarase co alumnado sobre seu contido para determinar os resultados e valoralos.

Tamén terase moi en conta a asistencia e participación do alumnado nas diferentes actividades, formando parte da avaliación final.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica O valor dunha síntese documentada é básico para o recoñecemento de problemas e seus posibles solucións na relación con toda a sociedade, ademáis de constituir unha boa reflexión persoalizada, finalidade á que debe levar esta metodoloxía. 5
Análise de fontes documentais O traballo de búsqueda das distintas realidades sociais no marco da socioloxía da educación é de suma importancia para un bo manello, adaptación e aplicación no feito sociolóxico educativo, adaptado e aplicado para este cometido. 5
Proba obxectiva O sistema e obxectivos de avaliación desta asignatura ten que ter en conta, tanto os coñecementos e habilidades, como a capacidade de resolver dilemas educativos diversos. Por elo, deberá valorarse mediante preguntas directas escritas dos temas do programa da asignatura.
Xunto coas sesións maxistrais, as lecturas recomendadas e a revisión bibliográfica, esta parte marca o contido teórico da asignatura, que supón o 40% do peso da mesma
25
Discusión dirixida Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final.
20
Sesión maxistral O sistema de avaliación desta asignatura ten como obxectivo valorar tanto os coñecementos e habilidades adquiridos durante o curso, así como o esforzo, a adicación e o traballo persoal continuado de cada estudiante.
5
Traballos tutelados Trátase de avaliar e considerar tanto os coñecementos e habilidades adquiridos durante o curso, como o esforzo, a adicación e o traballo persoal continuado de cada estudiante.


40
 
Observacións avaliación

En definitiva, estamos a falar dun 40% da avaliación da asignatura por medio do traballo desenvolto polo alumnado, outro 40% pola avaliación do seus coñecementos e/ou contidos teóricos e, aproximadamente, outro 20% en base a asistencia, participación, implicación e interese do alumnado.


Este sistema de avaliación se establece como fórmula para unha evaluación continua e presencial, que so pode darse nas convocatorias ordinarias da asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFIA: Para la preparación de los temas es imprescindible el uso de los textos que se citan: A. Fernández Palomares F., Sociología de la educación (Ed. Pearson); B. Gómez Jaldón, C., Sociología de la educación (Ed. Morata).

A.I ”El estudio sociológico de la educación” 1-34; III ”El desarrollo de la sociología de la educación” 63-83

A.V ”Las funciones de la educación”117-141

B.”La educación como fenómeno social” 23-29

B.”Sociedad cultura y educación”47-53

A.VIII” Socialización y escuela”205-260; y

X ”Sociología de la organización escolar”281-305

B.”Institución escolar y socialización” 167-173;“El proceso de socialización” 55-64

A.XI “El profesorado como categoría social y agente educativo: Sociología del profesorado y XII “Alumnado” 333-356.

B.”La Sociología del profesor” 191-199

A.VI ”Sistema de enseñanza y estratificación social”143-163

B.”Igualdad de oportunidades y educación” 91-96

A.XIII “Desigualdades de clase, género y etnia en educación”

357-384

A.XIV ”Reformas educativas” 385-410

A.XV ”Escuela y Comunidad” 411-436

B. “Institución política y educación” 151-158; “ La libertad de enseñanza” 117-125

A.IV “El sistema de enseñanza como construcción histórica y social” 87-116

B. “La institución religiosa y la educación” 143-150

A.VII.1”Sistema de enseñanza y trabajo: Educación y mercado de trabajo” 165-174

B. “Trabajo, educación y empleo” 97-105

A.VII.2”La transición de la escuela al trabajo” 179-201

Teichler, U “la educación superior en Europa en 2010:Políticas y tendencias” pp.159-188, Sistemas comparados de educación superior en Europa, Barcelona, 2009.

Bibliografía complementaria

La bibliografía complementaria se irá proporcionando con cada tema general en syllabus anejo.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002
Animación e xestión sociocultural/652G03017
Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa/652G03020

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G03001
Pedagoxía social/652G03006
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Materias que continúan o temario
Historia da educación/652G03011
Educación multicultural/652G03013
Antropoloxía da educación/652G03029

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías