Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Orientación e políticas de emprego Código 652G03031
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e utilizar axeitadamente os conceptos básicos de referencia A3
C1
Analizar e valorar criticamente as características do actual mercado laboral e as súas implicacións sociais. A5
B1
B2
C3
C7
Analizar e valorar criticamente as políticas de emprego que se desenvolven a nivel da UE, España e Galicia, nomeadamente no que fai a precarización das condicións laborais e a correción dos desigualdades no acceso ó mercado laboral A3
A17
B1
B6
C1
C3
C5
Coñecer a evolución e características das actuais políticas de emprego (comunitarias, estatais e autonómicas) A3
A17
B1
C3
Comprender e valorar críticamente as funcións da formación e da orientación nas políticas activas de emprego A3
A5
A15
B5
C3
C7
Coñecer a valorar as alternativas de diagnóstico e propostas de solución á actual crise de emprego e á globalización da precariedade laboral. A3
B1
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I. O Escenario sociolaboral
1.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. A crise de emprego: desemprego e precariedade laboral
1.3. Emprego e desemprego: evolución e situación actual
1.3.1. Mocidade e mercado laboral
1.3.2. Muller e mercado laboral
1.4. Causas do desemprego
1.5. Cambios na estructura ocupacional e formación ó longo da vida

TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual 2.1. Políticas de emprego: concepto e tipoloxía
2.2. As politicas de Emprego na Unión Europea
2.3. As políticas de Emprego en España
2.4. As políticas de Emprego en Galicia

TEMA III. Olladas alternativas
3.1. Na diagnose

3.2. Nas propostas
TEMA IV. A orientación profesional como medida activa de emprego 4.1.Evolución e consideración actual nas políticas de emprego e educativas.

4.2. A orientación con persoas desempregadas: organización, accións desenvolvidas e profesionais.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 2 30 32
Discusión dirixida 2 6 8
Traballos tutelados 2 41 43
Sesión maxistral 15 0 15
Aprendizaxe colaborativa 6 15 21
Glosario 0 2 2
Mapa conceptual 0 2 2
Mesa redonda 1 2 3
Portafolios do alumno 15 0 15
Proba de resposta breve 2 4 6
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Ten como obxectivos a profundización nos contidos abordados, o contraste de distintos puntos de vista e a análise das medidas activa de emprego desenvolvidas a nivel comunitario, español e galego.
Discusión dirixida Sobre temáticas concretas e como actividade complementaria da análise de fontes documentais.
Traballos tutelados O traballo tutelado consiste na elaboración en grupo dun informe sobre unha das seguintes temáticas: as reformas laboral e das pensións, as "solucións alternativas" á crise actual e as políticas de emprego despregadas con diferentes colectivos. O producto é a realización dun informe e a organización dunha mesa redonda sobre estas temáticas.
É obrigatoria a asistencia a tres de sesións de titoría.
Sesión maxistral Exposición da profesora dirixida a presentación, explicación, síntese e relación entre os contidos abordados ó longo dos distintos temas.
Aprendizaxe colaborativa Considerase como un principio de funcionamento do grupo nas actividades grupais (traballo tutelado e cartafol grupal)
Glosario Forma parte do cartafol grupal.
Mapa conceptual Actividade integrada no cartafol grupal e consiste na elaboración dun mapa conceptual da materia
Mesa redonda Forma parte do traballo tutelado e vai versar sobre as refomras laboral e das pensións.
Portafolios do alumno Actividade grupal no que se inclúen as actividades grupais, o glosario, o mapa conceptual e unha reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o funcionamento do grupo.
Proba de resposta breve As preguntas demandan das capacidades de síntese, análise e comparación.
Actividades iniciais Son actividades de coñecementos previos que se realizaran ó inicio de cada tema ou apartado do mesmo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Mesa redonda
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é obrigatoria para a realización do traballo tutelado, para a presentación da intervención na mesa redonda e para o seguimento do alumnado non asistente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Mesa redonda As distintas perspectivas sobre as temáticas estudadas no traballo tutelado van ser expostas na mesa redonda. Haberá tantas mesas redondas como temáticas estudadas. 10
Portafolios do alumno O portafolio é grupal e integra as actividades grupais realizadas, unha reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o funcionamento do grupo. 30
Traballos tutelados Forma parte do cartafol. O traballo tutelado consiste na elaboración dun informe sobre unha das seguintes temáticas: as reformas laboral e das pensións, as "solucións alternativas" á crise actual e as políticas de emprego despregadas con diferentes colectivos. 30
Proba de resposta breve As preguntas demanda das capacidades de análise, síntese e comparación. 30
 
Observacións avaliación

O alumnado non asistente (menos do 80% de asistencia) pode optar por este sistema de avaliación sempre é cando realice todas as actividades que se propoñan no transcurso da materia. Neste caso é obrigatorio o seguimento titorial. A outra opción é un exame con preguntas de resposta breve e de desenvolvemento dun tema.

Para superar a materia hai que  ter aprobadas (a metade da nota asignada) cada unha das actividades que cualifican na puntuación final.  

Fontes de información
Bibliografía básica Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento
Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestaspara crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur
Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata
Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto
Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC
García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. . Barcelona: Editorial Davinci


 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Orientación ocupacional/652G03021

Observacións

Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional. Permite analizar a evolución e características actuais do mercado laboral, das políticas de emprego desenvolvidas na Unión Europea, en España e en Galicia, así como  distintas ollhadas sobre  as reformas laboral e das pensións e sobre a actual crise e como se pode atallar.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías