Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Lingüística Código 652G04004
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
Alonso Ramos, Margarita
Fernández Ferreiro, Manuel
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
margarita.alonso@udc.es
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao estudo da linguaxe, das linguas e da comunicación.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. A3
B22
B23
B24
Capacidade de análise e síntese. B7
Traballar autonomamente. B22
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. B8
Traballar de forma colaborativa e en equipa. B23
B24
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1

Contidos
Temas Subtemas
1. A Lingüística e o seu obxecto. 1.1. Alcance e obxectos da Lingüística.
1.2. Disciplinas e subdisciplinas que inclue.
1.3. A aplicación da Lingüística a ámbitos sociais. Relación entre Lingüística e Logopedia.
2. Linguaxe, mente e cerebro. 2.1. Relacións entre linguaxe e pensamento.
2.2. Localización da faculdade lingüística no cerebro.
2.3. Trastornos da linguaxe.
2.4. Adquisición dunha primeira e dunha segunda lingua. Bilingüismo e multilingüismo.
3. O significado. 3.1. Definición do significado: sentido e referencia.
3.2. Relacións de sentido. Metáfora e metonimia.
3.3. Proposición. Predicado e argumentos. Función semánticas.
3.4. Significado literal e intención comunicativa.
3.5. Actos de fala e os seus tipos.
3.6. O principio de cooperación e as máximas.
3.7. A deíxe e os seus tipos.
4. Do discurso a palabra 4.1. Discurso e texto: cohesión e coherencia.
4.2. A oración
4.3. Os sintagmas e as relacións de dependencias
4.4. As funcións sintácticas
4.5. A palabra. Formación de palabras nas linguas.
4.6. Clases de palabras e categorías gramaticais.
5. A linguaxe e a comunicación. 5.1. A comunicación, a información e a sua interpretación.
5.2. A orixe da linguaxe.
5.3. Características da linguaxe humana. Comunicación animal e humana.
5.4. Os canais da comunicación oral-auditivo, viso-xestual e táctil. Linguas orais e linguas de signos dos xordos.
5.5. A escrita.
6. Os sons das linguas. 6.1 A produción do son. Perspectivas acústica e articulatoria.
6.2. Clases de sons: vogais e consoantes.
6.3. A transcrición fonética.
6.4. Fonema, fone e alofone. Os sistemas fonolóxicos.
6.5. Os elementos suprasegmentais.
6.6. A sílaba.
7. A diversidade lingüística. 7.1. Relación lingua e sociedade.
7.2. Variación xeográfica: linguas e dialectos.
7.3. Variación social: sociolectos e rexistros.
7.3. As comunidades lingüísticas.
7.4. Contacto de linguas e bilingüismo. Linguas pidgins e creoulas.
7.5. A planificación lingüística.
8. Aplicacións da Linguística. 8.1. Lingüística clínica.
8.2. Elaboración de dicionarios e gramáticas.
8.3. O ensino das linguas.
8.4. Tradución e interpretación.
8.5. Lingüística computacional.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 3 25 28
Sesión maxistral 21 14 35
Lecturas 0 25 25
Análise de fontes documentais 2 4 6
Aprendizaxe colaborativa 2 2 4
Discusión dirixida 2 2 4
Estudo de casos 2 2 4
Prácticas a través de TIC 1 1 2
Recensión bilbiográfica 0 5 5
Solución de problemas 6 3 9
Traballos tutelados 0 11 11
Obradoiro 5 8 13
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Ao final do curso (mes de xaneiro) os alumnos deberán realizar unha proba de tipo teórico e aplicado, con preguntas de resposta aberta e/ou pechada, que suporá o 60% da cualificación final. No mes de novembro terán unha proba mixta parcial que liberará materia: quen a supere non se examinará destes contidos no exame de xaneiro.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral de 90 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do profesor, consistirán na exposición por parte deste dalgúns contidos seleccionados ben por iniciativa propia ou a proposta dos estudantes, xa sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, corrixilos ou tratar outros completamente novos. Os alumnos deberán ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes a cada tema antes da primeira sesión maxistral na que este se trate.
Lecturas As lecturas obrigatorias proporcionaranlle ao estudante a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema: ao inicio do curso entrégaselle unha listaxe con todas elas. Estas lecturas serán previas a que o grupo trate o tema na aula. O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias obrigatorias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos.
Análise de fontes documentais Será un método habitual de traballo tanto na aula como fóra dela. O estudante deberá analizar diferentes fontes documentais, nomeadamente escritas e de extensión diversa. Ademais das lecturas obrigatorias, recibirá frecuentemente textos lingüísticos, descricións e análises de casos, reflexións teóricas, propostas de discusión, argumentarios, etc. Para o mellor aproveitamento deste método é importante que o estudante adopte unha actitude crítica e contrastiva.
Inda que gran parte deste método apela ao traballo individual, considérase fundamental que o estudante saiba pór en común as súas análises e chegar a acordos de interpretación, análise e crítica das fontes cos seus compañeiros.
Aprendizaxe colaborativa O deseño da materia presta especial atención ao traballo en grupo dos alumnos, ao desenvolvemento de actitudes e competencias adecuadas para colaborar con outros, non só porque serán fundamentais na súa vida profesional, senón porque tamén o son para o desenvolvemento individual. Para potenciar a aprendizaxe colaborativa, proporánselle constantemente ao alumno tarefas grupais; ademais, o profesor alterará discrecionalmente a configuración dos grupos para impedir a formación e permanencia de roles específicos nos alumnos, e facilitar o dinamismo nas súas respostas a novas situacións de traballo.
Valorarase especialmente a disposición a colaborar de forma creativa cos demais, chegar a acordos, xerar dinámicas positivas no grupo de traballo, asumir responsabilidades e comprometerse co colectivo. O estudante debe aprender a apreciar e sumar as aportacións dos demais, así como a aportar as propias con respecto.
Discusión dirixida O profesor adoitará abrir e guiar debates sobre temas relevantes, ben a iniciativa propia ben por suxestión dos estudantes. Con frecuencia, estes debates complementarán ou servirán de punto de partida para o tratamento dos contidos da materia, así como de mecanismo de comprensión da complexidade e estrutura dos fenómenos analizados.
É fundamental que o estudante participe nestas discusións para desenvolver a súa competencia analítica e argumentativa, e para acostumarse á exposición pública de contidos e opinións de forma axeitada. Ademais, nestas discusións poderá familiarizarse co tipo de argumentación e aos criterios de validación científica do campo. En todo momento debe amosar respecto polos argumentos e opinións dos demais, e disposición a someter a discusión interna e pública as propias ideas e opinións. Valorarase positivamente a capacidade de autocrítica e de aplicación das regras e criterios científicos, así como o sometemento a proba das propias ideas.
Estudo de casos O profesor someterá á análise dos grupos de estudantes situacións reais (casos) co fin de que sexan comprendidas. Valorarase especialmente o proceso de discusión e posta en común da información dispoñible, a estratexia de análise e o proceso de elaboración de conclusións e/ou toma de decisións. Esta metodoloxía estará fortemente ligada á de solución de problemas.
Prácticas a través de TIC As actividades que se soliciten serán realizadas cun procesador de textos, e utilizaranse outras ferramentas electrónicas cando sexa preciso. Ademais, nalgúns temas poden utilizarse novas tecnoloxías (laboratorio de fonética, busca de información en rede...) cando o permita as condicións do curso.
Recensión bilbiográfica Polo menos unha actividade consistirá en realizar unha recensión dirixida (isto é, respondendo a preguntas concretas do profesor e cun número mínimo de palabras) dunha lectura proposta polo profesor.
Solución de problemas O estudante deberá enfrentarse puntualmente, ben de forma individual ou grupal, a situacións problemáticas cuxa/s solución/s requiran a aplicación dos coñecementos e competencias desenvolvidos na materia. O fundamental neste curso inicial da titulación non é tanto a resolución dos problemas como o enfoque, o proceso de análise e reflexión e a estratexia adoptados. Esta metodoloxía estará fortemente ligada á de estudo de casos.
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor e, cando este o determinar, sendo controlado o seu traballo cando menos en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo, ...) O obxectivo é que o estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias da área de coñecemento.
Obradoiro Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise de xeito contrastivo de propostas de diferentes autores ou momentos históricos, todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba mixta
Lecturas
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada será unha constante, nomeadamente nas sesións de grupo reducido, nas que priman o traballo colaborativo e a aplicación dos coñecementos adquiridos: o profesor fará un seguimento particular de cada alumno, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa tarefa e co grupo.
O profesor poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño o aconsellen.
Os estudantes poden acudir en horario de titorías e aulas ao profesor para tratar as cuestións que estimen pertinentes. Recoméndaselles, con todo, que de buscaren aclaracións aos contidos o fagan en grupo con outros compañeiros, xa que a resolución das dúbidas de uns pode ser de gran axuda para os demais.
Os estudantes, ademais, deberán solicitar atención individualizada do profesor cando precisen aclaracións ou guía ao desenvolveren certas tarefas: preparación de probas mixtas, elaboración de recensións bibliográficas e traballos tutelados...
No seu momento, comunicaranse os horarios de titoría dos profesores para o curso 2012-2013.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Porcentaxe non real: lea as observacións. 2
Proba mixta Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s. Haberá unha proba parcial liberatoria de materia no mes de novembro: quen a supere, non debérá examinarse destes contidos na proba escrita final. 60
Sesión maxistral Porcentaxe non real: lea as observacións 1
Recensión bilbiográfica O estudante realizará unha recensión dirixida sobre unha lectura proposta polo profesor. 10
Solución de problemas Porcentaxe non real: lea as observacións. 1
Traballos tutelados O estudante deberá realizar dúas actividades avaliables (ademais da recensión bibliográfica) durante o curso. 20
Análise de fontes documentais Porcentaxe non real: lea as observacións. 1
Aprendizaxe colaborativa Porcentaxe non real: lea as observacións. 1
Discusión dirixida Porcentaxe non real: lea as observacións. 2
Estudo de casos Porcentaxe non real: lea as observacións. 2
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba só son exactas para a proba mixta. Lea atentamente a información que segue.

1. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.1. Un 60% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA que os estudantes realizarán ao remataren a materia e nas datas, horas e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Teñen dúas oportunidades: unha primeira ao final do primeiro cuadrimestre, e unha segunda na primeira quincena de xullo. Moi importante!: os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita para poder superar a materia. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida. [No mes de novembro celebrarase unha proba mixta escrita parcial liberatoria de materia: quen a supere, non deberá examinarse deses contidos no exame de xaneiro.] 1.2. Un 30% obterase da realización de tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas: de non ser así, computarán cun 0.00 na primeira oportunidade, e avaliaranse (de ser o caso) na segunda. [Poderán penalizarse na puntuación: entregar en branco parte das actividades que se deben facer fóra da aula, a presentación inadecuada e as faltas ortográficas.] 1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 1.4. Os alumnos que repiten a materia ou que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 60% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e un 40% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. 2.1. De suspender a materia en xaneiro por non acadar 4.00 puntos na proba mixta escrita, deberá facela de novo en xullo (2ª oportunidade). 2.2. De suspender a materia en xaneiro e non superar ou entregar algunha/s actividade/s, deberá realizar as actividades substitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade: consideraranse superadas só aquelas nas que acadara un 5.00. Os profesores farán público en xuño de 2013 qué actividade/s fará cada alumno e as instrucións pertinentes: o prazo de entrega remata coa celebración da proba mixta de xullo (2ª oportunidade.) 2.3. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 60%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 40%.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables.

4. OUTRAS OBSERVACIÓNS. 4.1. O plaxio total ou parcial é inadmisible e contrario aos obxectivos perseguidos. Pode conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados por outros alumnos. 4.2. A expresión oral e escrita do estudante debe ser correcta e axeitada ao seu nivel académico: de non selo, poderá reflectirse na puntuación recibida. 4.3. As datas oficiais previstas para o curso 2012-2013 deben ser consultadas nos lugares e/ou polos medios habituais habilitados polo centro. Esta información debe ser contrastada polo estudante xusto antes de cada período de exames, por se houber cambios.


Fontes de información
Bibliografía básica

As obras acompañadas cun ou varios asteriscos entre parénteses (**), están especialmente recomendadas.

Non se recollen nesta bibliografía as lecturas obrigatorias de curso, que se entregan á parte; no espazo Moodle da materia atopará recursos na internet e outras suxestións que lle permitirán ampliar os seus coñecementos.


Manuais e obras introdutorias

Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza.

Escandell Vidal, M. Victoria (coord.) e outros (2011). Invitación a la lingüística. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED. (***)

Fasold, Ralph W. & Jeff Connor-Linton (eds.) (2006). An Introduction to Language and Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

Fromkin, Victoria (ed.) (2000). Linguistics: An Introduction to Linguistic Theory. Oxford: Blackwell. (**)

López García, Ángel, et alii (1994). Lingüística general y aplicada. València: Universitat de València. (*)

López García, Ángel & Beatriz Gallardo Paúls (eds.) (2005). Conocimiento y lenguaje (= Educació. Materials; 80). València: Universitat de València. (**)

Martínez Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del lenguaje. Barcelona: Octaedro. (*)

Martínez Celdrán, Eugenio (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones (= Colección de Psicopedagogía y Lenguaje). Barcelona: Masson. (**)

Moreno-Torres Sánchez, Ignacio (2004). Lingüística para logopedas. Archidona: Aljibe. (**)

O’Grady, William, Michael Dobrovolsky & Francis Katamba (1997). Contemporary Linguistics. An Introduction. London & New York: Longman. (**)

Ramallo, Fernando et alii (eds.) (2000). Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Edicións Xerais. (*)

Simone, Raffaele (1993 [1990]). Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel. (*)

Tusón Valls, Jesús (2007). Introducción al lenguaje (= Humanidades; 11). Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. [Orix. en catalán: 2003.] (*)

Yule, George (20073). El lenguaje. Madrid: Akal. [Orix. inglés: 20063.] Hai unha cuarta edición en inglés: The Study of Language. Cambridge: Cambridge University Press, 20104. (***)


Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Alcaraz Varó, Enrique & Mª Antonia Martínez Linares (20042). Diccionario de lingüística moderna (= Ariel Referencia). Barcelona: Ariel. (***)

Brown, Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics; 14 vols. Amsterdam & Boston, MA: Elsevier. (*)

Crystal, David (2000). Diccionario de lingüística y fonética (= Universidad Textos). Barcelona: Octaedro. [Orix. en inglés: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. Oxford: Blackwell, 19974. Hai unha nova edición revisada en inglés: 20086.] (***)

Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus. [Orixinal en inglés: 1987.] (***)

Crystal, David (20103). The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. (***)

Jimeno Bulnes, Natalia (coord.), Rosa Belén (coord.) & Santiago Pardo (2010). Glosario Internacional de Logopedia. Versión española. Valladolid: Universidad de Valladolid.

kkMoreno Cabrera, Juan Carlos (1998). Diccionario de lingüística neológico y multilingüe. Madrid: Síntesis.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas (= Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica; 23). Madrid: Castalia.

Trask, R. L. (1997). A Student’s Dictionary of Language and Linguistics. London: Arnold. (*)

Bibliografía complementaria

Manuais e obras introdutorias

Alvar, Manuel (ed.) (2001). Introducción a la lingüística española. Barcelona: Ariel.

Bernárdez, Enrique (2008). El lenguaje como cultura. Una crítica del discurso sobre el lenguaje. Madrid: Alianza Editorial.

Fischer, Steven Roger (2003). Breve historia del lenguaje (= Humanidades; 4750). Madrid: Alianza [orix. inglés: 1999.]

Fromkin, Victoria & Robert Rodman (1993 [1988]). Introdução à Linguagem. Coimbra: Livraria Almadina.

Garayzábal, Elena (ed.) (2006). Lingüística clínica y logopedia. Madrid: Antonio Machado Libros.

Hudson, Grover (2000). Essential Introductory Linguistics. Oxford: Blackwell.

Isac, Daniela & Charles Reiss (2008). I-Language: An Introduction to Linguistics as Cognitive Science (= Oxford Core Linguistics). Oxford: Oxford University Press.

Martín Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000a). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000b2). Curso universitario de lingüística general. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general; Tomo II: Semántica, Pragmática, Morfología y Fonología. Madrid: Síntesis.

Radford, Andrew et alii (2000). Introducción a la lingüística. Madrid: Cambridge University Press, 2000 [orix.: Linguistics: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press, 1999. Hai unha segunda edición en inglés de 2009.]


Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…)

Asher, R. E. & Christopher Moseley (eds.) (20062). Atlas of the World's Languages. London: Routledge.

Cardona, Giorgio Raimondo (1991 [1988]). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel.

Comrie, Bernard, Stephen Matthews & Maria Polinsky (eds.) (2010). The Atlas of Languages: The Origin and Development of Languages Throughout the World (= Facts on File Library of Language and Literature Series). London: Quarto Publishing. [Hai versión en portugués da edición de 1996 en inglés: O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa, 2001.]

Ducrot, O. & T. Todorov (1998). Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Pamplona: Arrecife.

Junyent, Carme & Cristina Muncunill (2010). El libro de las lenguas (= Colección bolsillo). Barcelona: Octaedro.

Richards, Jack C., John Platt & Heidi Platt (1997). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel. [Orix. en inglés: 19922.]

Störig, Hans Joachim (19902). A aventura das lïnguas: Uma viagem através da História dos idiomas do mundo. São Paulo: Melhoramentos [orix. alemán: 1987.]

Tusón, Jesús (ed.) (2000). Diccionari de lingüística. Barcelona: Biblograf.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndaselle ao estudante que lea atentamente esta guía docente: nela atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Acuda ao seu profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención ao seguinte: 1. Realice puntualmente as lecturas e actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias; ademais, fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor. O plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible. 2. Preste atención ao traballo en grupo e á colaboración cos seus compañeiros: son un eixo fundamental na concepción e planificación da materia. 3. Procure observarse a si mesmo e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances: intente suplir aquelas e aproveitar estes. 4. As súas exposicións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver. Debe expresarse correctamente e sen faltas ortográficas: de non ser así, reflectirase negativamente nas cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías