Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Adquirir coñecementos, habilidades e actitudes en ética, fundamentalmente, epidemioloxía, estatística e outras materias que forman a persoa, ademais de aos profesionais, e afondar aos niveis do posgrao nos coñecementos de Autonomía Persoal e Calidade de Vida desde un modelo interdisciplinar de atención e rehabilitación integral ao paciente. |
A2 |
Adquirir coñecementos especializados para desenvolver con eficacia proxectos de investigación clínica relacionados cunha ampla serie de liñas de investigación, incluíndo as habilidades técnicas e de xestión necesarias para levar a cabo os proxectos. |
A3 |
Aprender a respectar as competencias específicas reguladas na lexislación vixente de cada profesión de saúde implicados na atención aos enfermos crónicos aos efectos de mellorar esa atención holística. |
A4 |
Aumentar os coñecementos dende unha perspectiva rehabilitadora integral. |
A5 |
Adquirir coñecementos e habilidades en investigación biomédica, que os capaciten para desenvolver liñas de investigación en histoloxía, bioloxía celular e molecular e xenómica, entre outras. Así como coñecementos na xestión e divulgación de dita investigación. |
B2 |
Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita nestes temas. |
B3 |
Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe. |
B4 |
Capacidade de análise e síntese. |
B5 |
Habilidades para conseguir analizar información desde diferentes fontes. |
B6 |
Capacidade de crítica e autocrítica. |
B7 |
Capacidade para aplicar a teoría á práctica. |
B8 |
Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo multi/interdisciplinar co obxectivo de lograr o benestar do paciente. |
B9 |
Habilidade para establecer unha relación adecuada a cada momento do ciclo vital. |
B10 |
Motivación. |
B11 |
Capacidade para establecer unha relación de empatía co usuario, familias, grupos sociais e os diversos profesionais. |
B12 |
Habilidade para responder ás necesidades do paciente avaliando, planificando e desenvolvendo programas individualizados máis apropiados xunto á persoa e ao seu entorno, os seus coidadores e as súas familias e os diversos profesionais. |
B13 |
Capacidade para aplicar o método científico para constatar a efectividade dos métodos de intervención, avaliar os métodos de traballo aplicados e divulgar os resultados. |
B14 |
Capacidade para informar, educar, adestrar e reentrenar e supervisar á persoa, coidadores e á súa familia en relación con cada perfil profesional. |
B15 |
Capacidade para informar, rexistrar, documentar e, de ser o caso, derivar o proceso de actuación multi/interdisciplinar. |
B16 |
Capacidade para intervir na adaptación e readaptación do entorno físico, social e cultural. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer e comprender o rol dos diversos profesionais de ciencias da saúde nas unidades hospitalarias de lesión medular.
|
AM1 AM3 AM4
|
|
|
Coñecer e comprender como afecta a lesión medular á persoa nos aspectos físicos, psicolóxicos, sociais e laborais. |
AM1 AM3 AM4
|
|
CM4
|
Coñecer e comprender a valoración e a análise de diversas etioloxías que orixinan lesión medular. |
AM1 AM3 AM4
|
|
CM4
|
Coñecer e comprender os diversos síndromes medulares, en especial os que orixinan discapacidade.
|
AM1 AM3 AM4
|
|
CM4
|
Coñecer e comprender os aspectos de intervención e reinserción sociolaborais da persoa con lesión medular.
|
AM1 AM3 AM4
|
BM15
|
CM4
|
Comprender e aplicar técnicas estatísticas, informáticas (redes, data minig,…) que poidan predicir aspectos etiolóxicos, diagnósticos e, en especial, prognósticos na rehabilitación integral das persoas con lesión medular.
|
AM2 AM4 AM5
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM8 BM9 BM12 BM14 BM15
|
CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Integrar coñecementos das unidades de lesión medular para emitir e formular xuízos, a través da análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas.
|
AM1 AM4
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM9
|
CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Comunicar os coñecementos a públicos especializados e non especializados, cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral.
|
|
BM10 BM11 BM12 BM13 BM14 BM15
|
CM4 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
T1.- Introducción.
Contidos: Anatomía e fisioloxía da medula espinal. Epidemioloxía da lesión medular. Concepto e consecuencias clínicas. Patofisioloxía da lesión medular. Precaucións e consideracións en persoas con Lesión Medular. Papel do repouso e do exercicio na Rehabilitación da Lesión Medular.
T2.- Fisioloxía en pacientes con Lesión Medular
Contidos: Respostas fisiolóxicas e a súa valoración. Técnicas de adestramento para mellorar a capacidade física. Exercicio da musculatura paralizada inducido por FES.
T3.- Disfuncións do Paciente coa Lesión Medular
Contidos: Disfunción do SN Autonómico. Disfunción motora. Disfunción sensitiva. Outras consideracións.
T4.- Desenvolvemento de programas de Rehabilitación en persoas con Lesión Medular
Contidos: Equipos de valoración recomendados. Protocolos de Test. Variables a estudar. Resultados esperados. Prevención de lesións. Establecemento do programa.
T5.- Programas de exercicio específico: Compoñentes da forma física. Exercicio e adestramento recomendados. Sobreexercicio.
T6.- Deporte na Persoa con Lesión Medular.
Contidos: Atletismo en cadeira de rodas. Tenis. Baloncesto. Natación. Rugby. Tenis de mesa. Tiro. Esgrima. Billar. Outros.
T7.- Lesións por sobreuso en membros superiores
Contidos: Patofisioloxía e tratamento. Lesións específicas en cadeira de rodas.
|
Actividades non presenciais. Traballos tutelados (TT)
Traballo tutelado sobre a materia para publicación en revista científica ou unha comunicación oral a un congreso baixo a tutela do profesor/profesores responsables.
Titorías a demanda para supervisar o traballo. Mínimo unha titoría obrigatoria. Titorías virtuais co responsable da materia.
CLASES PRÁCTICAS-SEMINARIOS
Prácticas
T8.- Rehabilitación Integral da persoa con Lesión Medular.
Lugar de Impartición: A Coruña, Hospital Juan Canalejo, Unidade de Lesionados Medulares.
Contidos: Aproximación á práctica cotiá na Unidade de Lesión Medular do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.
Seminarios
Seminario Teórico-Práctico ou asistencia aos cursos organizados sobre a materia no transcurso do ano académico. Os alumnos poderán impartir seminarios nos que desenvolverán e comentarán un tema específico.
Outros: Trabajo tutelado y Memoria del curso.
Procurarase por en marcha unha participación no Sistema de Teleformación Virtual da Universidade da Coruña para interaccionar cos alumnos: foros de discusión, descarga de ficheiros, titorías virtuais, etc.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
29 |
40 |
69 |
Prácticas clínicas |
6 |
0 |
6 |
Actividades iniciais |
1 |
0 |
1 |
Estudo de casos |
3 |
0 |
3 |
Traballos tutelados |
0 |
20 |
20 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Prácticas clínicas |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas e orientación ó estudio. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Valolarase a realización dun traballo sobre un tema proposto polo profesorado. |
60 |
Sesión maxistral |
Valorarase a participación activa do alumnado. |
35 |
Prácticas clínicas |
Valolarase a participación activa do alumnado. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Sistemas e criterios de avaliación da aprendizaxe:
1.- Parte presencial 40%:
- Presenza obrigatoria.
- Avaliación continuada mediante as Titorías.
2.- Parte non presencial 60%:
- Traballo tutelado final que poida concluir nunha revista científica ou nunha comunicación oral a un congreso, xornada ou similar, baixo a dirección do profesor responsable e que supoña motivación no uso da metodoloxía innovadora en Rehabilitación na Lesión Medular con inicio da análise e determinación de variables e uso de estatística habitual e informática.
3.- Para aqueles alumnos que non acudan en presenza obrigatoria ao 75 % das horas presenciais, realizarase un exame final e único sobre os contidos teóricos e prácticos de tipo oral ou escrito de preguntas largas, curtas ou intermedias e/ou preguntas tipo test.
4.- Existen dos convocatorias/ediciones: Primeira (primer cuatrimestre) e Segunda (Julio). Os alumnos teñen derecho a presentarse as mesmas, en as condicións referidas, e ante a duda do profesor que imparte o do estudante ao criterio do profesor responsable da asignatura.
5.- La realización de las calificaciones referidas es responsabilidade do profesor que imparte a asignatura e as entregará REVISADAS no marco legal establecido (revisión con lugar, día e hora avisadas con 48 horas de antelación al alumnado) ao profesor responsable da asignatura no prazo referido por este (que corresponderá a metade entre a fecha oficial do examen -independientemente de que este no se haga- e a fecha oficial de firma de actas) para su inclusión en la aplicación informática, salvo que el profesor responsable le delegue esta función.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía:
- Miranda Mayordomo JL. Rehabilitación Médica. Madrid:Aula Médica; 2004.
- De Lisa J, Gans B, Currie D. Rehabilitation Medicine. Principles and Practice. Philadelphia: Lippincott; 1993.
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
I. ATENCIÓN INTEGRAL DAS PERSOAS CON LESIÓN MEDULAR
Tipo de materia: obrigatoria
Número de créditos: 4
Lingua na que se imparte: Castelán
Profesores responsables:
Sergio Santos del Riego
Antonio Rodríguez Sotillo
Profesores:
Antonio Rodríguez Sotillo, Xefe da Unidade de Lesión Medular do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
Outros membros do equipo interdisciplinar da Unidade.
Horarios de clase:
Martes lectivos de Diciembre, Enero y Febrero de 18,00 a 21,00 horas.
Aula 9 Edificio Universitario de Oza.
Horarios de Titorías (para cada profesor)
Antonio Rodríguez Sotillo, martes de 17,00 a 18,00 horas primeiro cuadrimestre, sala de titorías do edificio de posgraos.
Recursos multimedia.
Tempo aproximado de estudo e traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia:
4 ECTS*25: 100 horas
a).- Horas presenciais:
- Horas teóricas: 12 horas
- Horas prácticas: 12 horas
b).- Horas non presenciais. Traballo do alumno: 76 horas
Titorías: 1 hora/semana.
|
|