Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) O proxecto de investigación en Xerontoloxía Código 653491016
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
jose.millan.calenti@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
jose.millan.calenti@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
Descrición xeral Esta materia abordará a metodoloxía necesaria para desenvolver proxectos de I+D+i para a procura de financiamento público e/ou privado a nivel rexional, estatal ou internacional para a realización de investigación. Farase fincapé nos termos a coñecer para a petición de axudas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A7 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B6 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento do deseño dos proxectos de investigación AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
BI1
BI2
Coñecemento das diferentes institucións avaliadoras e fontes de financiamento AI4
AI5
BI2
Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica AI3
AI4
AI5
AM1
BI1
BI2
BM1
Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos e investigacións na área da xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un proxecto de investigación. AI1
AI3
AI5
AM1
BI2
BM1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. I+D+i. Proxectos e financiamento 1.1. Proxectos
1.2. Financiamento e institucións avaliadoras
1.3. Definición de termos básicos
TEMA 2. Identificación do problema e/ou necesidade nun proxecto de I+D+i 2.1 Título do proxecto
2.2 Formulación do problema
2.3 Xustificación da investigación
2.4 Obxectivos da investigación
TEMA 3. Marco de referencia 3.1 Estado da arte. Antecedentes do problema
3.2 Elaboración de hipóteses
3.3 Identificación de variables
TEMA 4. Metodoloxía 4.1. Aspectos metodolóxicos
TEMA 5. Redacción de tarefas. Cronograma 5.1. Redacción de tarefas
5.2. Cronograma
TEMA 6. Recursos materiais e humanos 6.1. Recursos materiais
6.2. Recursos humanos
TEMA 7. Elaboración do orzamento 7.1. Orzamentos
TEMA 8. Transferencia do coñecemento 1.1. O proceso de transferencia de coñecemento
1.2. OTRI
1.3. Spin off

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 10 20 30
Discusión dirixida 1 2 3
Presentación oral 3.5 7 10.5
Traballos tutelados 1 16.6 17.6
Solución de problemas 1 0.5 1.5
Proba de resposta múltiple 0.5 0.9 1.4
Proba obxectiva 4 6 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda cando poden estar coordinados por un moderador.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a prendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-tutor.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que soamente unha delas é válida.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construir cun so tipo de algunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Discusión dirixida
Presentación oral
Traballos tutelados
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
Axuda na solución de problemas formulados polas distintas actividades, aclaración da comprensión da temática da materia...

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Valorarase a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas durante a presentación da temática proposta. Defenderase un proxecto de investigación en grupo. 45
Traballos tutelados O alumno deberá facer un proxecto de investigación que será avaliado polo profesor. 50
Sesión maxistral O alumno deberá asistir ás clases maxistrais. 5
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

• Booth, W.C., Coloma, G.G. & Williams, J.M. (2001) Cómo convertirse en un hábil investigador. Barcelona: Ed. Gedisa.

• Burgos Rodríguez, R. (1998) Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.

• García Roldán, J.L. (1995) Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante.

• Orna, E. & Graham, S. (2001) Cómo usar la información en trabajos de investigación. Barcelona: Gedisa.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653491004

Observacións

Manexo de Bases de datos.

Coñecemento do idioma Inglés para poder ler textos científicos para a realización do estado da arte.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías