Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estatística Código 770611107
Titulación
Enxeñeiro Técnico Industrial-Especialidade en Electrónica Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Primeiro Troncal 4.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
Profesorado
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese proporcionar ó alumno os coñecementos estatísticos básicos necesarios para o futuro Enxeñeiro Técnico Industrial. Empregarase un enfoque fundamentalmente aplicado. Neste sentido, darase prioridade á exposición intuitiva de conceptos e ós métodos aplicados sobre as demostracións matemáticas excesivamente formalistas.
Máis detalladamente, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos:
1. Completar os coñecementos previos do alumno sobre Estatística Descritiva (medidas de centralización e dispersión, representación gráfica de datos, etc.).
2. Introducir os conceptos de correlación e regresión para dúas variables.
3. Coñecer os conceptos básicos da Teoría da Probabilidade (probabilidade, probabilidade condicionada, variables aleatorias e as súas distribucións, etc.).
4. Introducir os conceptos fundamentais da Estatística Inferencial (estimación puntual, intervalos de confianza e contraste de hipóteses).

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B15 Capacidade para a toma de decisións.
B16 Capacidade de trasladar os coñecementos á práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Describir estatísticamente unha mostra, resumila mediante táboas, gráficos e medidas descriptivas A6
B2
B16
C1
C3
Coñecer os conceptos, resultados fundamentais e aplicacións da probabilidade A6
Comprender o concepto de variable aleatoria e coñecer as principais distribucións de probabilidade A6
C3
Utilizar métodos de Inferencia Estatística (estimación de parámetros e contraste de hipóteses) e aplicalos á toma de decisións A6
B2
B15
B16
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Descrición estatística dunha variable 1.1 Conceptos xenerais
1.2 Distribucións de frecuencias
1.3 Representacións gráficas
1.4 Medidas características: medidas de posición, medidas de dispersión, medidas de forma
2. Descrición estatística de varias variables 2.1 Vectores estatísticos
2.2 Distribucións de frecuencias
2.3 Representacións gráficas
2.4 Medidas características: vector de medias, matriz de varianzas e covarianzas
2.5 Regresión lineal
2.6 Correlación
3. Probabilidade 3.1 Conceptos xenerais
3.2 O álxebra de Boole dos sucesos
3.3 A probabilidade como límite da frecuencia
3.4 Definición axiomática de Kolmogorov
3.5 Asignación de probabilidades: regla de Laplace
4. Probabilidade condicionada 4.1 Definición de probabilidade condicionada
4.2 Independencia de sucesos
4.3 Teorema do producto
4.4 Teorema da probabilidade total
4.5 Teorema de Bayes
5. Variables aleatorias unidimensionais 5.1 Concepto de variable aleatoria unidimensional
5.2 Variables aleatorias discretas
5.3 Variables aleatorias continuas
5.4 Transformación de variables aleatorias
5.5 Medidas características dunha variable aleatoria
5.6 Desigualdade de Tchebychev
6. Distribucións notables discretas 6.1 Distribución Uniforme
6.2 Distribución de Bernoulli
6.3 Distribución binomial
6.4 Distibución xeométrica
6.5 Ditribución binomial negativa
6.6 Distribución de Poisson
6.7 Distribución hiperxeométrica
7. Distribucións notables continuas 7.1 Distribución uniforme
7.2 Distribución exponencial
7.3 Distribución normal
7.4 El teorema central del límite
7.5 Aproximación entre distribuciones
7.6 Distribución chi-cuadrado de Pearson
7.7 Distribución t de Student
7.8 Distribucion F de Fisher-Snedecor
8. Introdución á inferencia estatística 8.1 Conceptos xenerais
8.2 Muestreo
9. Estimación puntual 9.1 Concepto de estimador puntual
9.2 A distribución no muestreo dun estimador puntual
9.3 Propiedades dos estimadores
9.4 Métodos de obtención de estimadores
9.5 Estimador puntual da media
9.6 Estimador puntual da varianza
9.7 Estimador puntual dunha proporción
10. Estimación por intervalos de confianza 10.1 Concepto de intervalo de confianza
10.2 Intervalos de confianza para a media. Intervalo de confianza para a varianza. Intervalo de confianza para unha proporción
10.3 Intervalos de confianza para a diferencia de medias. Intervalo de confianza para o cociente de varianzas. Intervalo de confianza para a diferencia de proporcións
11. Contrastes de hipóteses 11.1 Conceptos xenerais
11.2 Nivel crítico e nivel de significación dun contraste
11.3 Potencia dun contraste
11.4 Procedemento xeneral de contraste de hipóteses
Contrastes de hipóteses paramétricas 12.1 Contrastes para a media
12.2 Contraste para a varianza
12.3 Contraste para unha proporción
12.4 Contrastes para a diferencia de medias
12.5 Contraste para o cociente de varianzas
12.6 Contraste para a diferencia de proporcións

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta múltiple 2.5 25 27.5
Sesión maxistral 33 49.5 82.5
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta múltiple Proba que permitirá evaluar o grao de adquisición de coñecementos
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a formulación de preguntas dirixidas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñementos e facilitar a aprendizaxe

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A proba consistirá nun examen de tipo test (20 cuestións) 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Cao, R. et al. (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Ed. pirámide

Bibliografía complementaria Cao, R. et al. (1998). Estadística básica aplicada. Ed. Tórculo
Hernández, V. et al. (1995). Estadística I. UNED
García, A. et al. (1995). Estadística II. UNED
Canavos, G. C. (1989). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y métodos. Ed. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías