Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A16 |
Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal. |
A19 |
Deseñar modelos de proceso biolóxicos. |
A24 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A27 |
Capacidade de impartir coñecementos de Bioloxía. |
A28 |
Capacidade para o manexo de instrumentación científica. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
- Adquirir coñecementos básicos para comprender o funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condicións experimentais, cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posíbeis cambios ambientais. |
A19 A24 A27 A28
|
B4
|
|
- Habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. |
A16 A24
|
B2 B5
|
C8
|
- Capacidade de definir conceptos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). |
A24
|
B5 B7
|
|
- Capacidade de traballo en grupo así como deseño, elaboración e presentación de traballos. |
|
B5 B7
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCIÓN: Temas 1 a 3. Conceptos básicos, Fisioloxía Animal como ciencia, características funcionais dos animais, papel das membranas biolóxicas, excitabilidade celular e bases iónicas. |
Tema 1.- A Fisioloxía Animal como Ciencia: concepto, métodos e perspectiva histórica. Características funcionais dos animais. O animal e o seu medio ambiente: o medio externo e factores condicionantes dos procesos fisiolóxicos. O medio interno e a súa constancia. Concepto de homeostasis.
Tema 2.- As membranas celulares como modelo de permeabilidade selectiva. Transferencia de sustancias a traveso de membranas biolóxicas. Difusión pasiva, difusión facilitada e transporte activo. Orixe do potencial de transmembrana.
Tema 3.- Irritabilidade ou excitabilidade celular. Potenciais de membrana: potenciais de repouso e potenciais de acción. Bases iónicas do potencial de acción. Propagación do potencial de acción: difusión da excitación. A transmisión do impulso polas fibras nerviosas.
|
Función dixestiva e bioenerxética: Temas 4 a 9. |
Tema 4.- Nutrición: requirimentos nutritivos. Tipos de alimentación: mecanismos de captura ou inxestión do alimento. Regulación da inxestión do alimento. Visión xeral dos sistemas dixestivos: tipos de dixestión, tipos de sistemas dixestivos e fases da dixestión.
Tema 5.- Rexións funcionais das vías dixestivas (i). Recepción: mastigación e secreción salivar. Deglución, condución e almacenamento. Peristaltismo esofáxico. Motilidade gástrica e control do baldeirado gástrico. Estrutura e innervación do músculo gastrointestinal.
Tema 6.- Rexións funcionais das vías dixestivas (ii). Motilidade e reflexos intestinais. Secrecións: salivar, gástrica, pancreática, biliar e do intestino delgado, e a súa regulación. As enzimas dixestivas dos invertebrados.
Tema 7.- Rexións funcionais das vías dixestivas (iii). Estrutura da mucosa de absorción. Dixestión dos alimentos e absorción gastrointestinal: procesos físico-químicos implicados. Absorción de carbohidratos, proteínas e graxas. Absorción de auga, electrólitos e vitaminas. Dixestión e absorción en rumiantes. Fermentadores en tracto posterior. Intestino groso: motilidade e secrecións. Formación de heces fecais. Defecación.
Tema 8.- Enerxética dos organismos e produción de calor. A taxa metabólica: definición e significado. Métodos directos e indirectos de medida do metabolismo. Metabolismo basal e factores que condicionan a taxa metabólica: actividade, tamaño, superficie, etc. Variacións no metabolismo e regulación hormonal.
Tema 9.- Temperatura corporal. Animais ectotermos e endotermos. Límites da temperatura corporal: mecanismos de produción e transferencia de calor. Mecanismos reguladores da temperatura corporal. Adaptacións ó frío e a calor en ectotermos e endotermos. Ritmos biolóxicos e aletargamento: sono, torpor, hibernación e estivación.
|
Sistemas circulatorios: Temas 10 a 15. |
Tema 10.- Circulación: consideracións xerais e tipos de sistemas cardiovasculares. Sistemas de propulsión. Tipos de corazón, e evolución do corazón de vertebrados.
Tema 11.- O corazón mióxeno: fisioloxía do músculo cardíaco. Excitación cardíaca: automatismo e ritmicidade cardíaca (función do nódulo senoauricular como marcapasos). Condución intracardíaca: o corazón como un dipolo. O corazón neuróxeno.
Tema 12.- A bomba cardíaca. O ciclo cardíaco: correlación dos eventos eléctricos e mecánicos, e traballo do corazón. Ruídos cardíacos. Gasto cardíaco. Regulación da actividade cardíaca: regulación intrínseca e nerviosa.
Tema 13.- Principios hidrostáticos e hidrodinámicos aplicados á hemodinámica. O sistema arterial. Determinantes da presión arterial. Circulación venosa. A presión venosa. Regulación da circulación sanguínea. Autorregulación. Regulación nerviosa e mecanismos hormonais. Barorreceptores e quimiorreceptores.
Tema 14.- Circulación capilar. Intercambio entre os capilares e os espazos intercelulares. Circulación pulmonar. Circulación coronaria. Circulación cerebral. O sistema linfático como mecanismo de drenaxe tisular: estrutura e funcionamento.
Tema 15.- Fluídos corporais. Líquidos circulantes: tipos e composición. Eritrocitos. Hemoglobina e o metabolismo do ferro. Leucocitos. Inmunidade. Plaquetas. Hemostasia e coagulación do sangue. Sistemas hemostáticos nos distintos animais.
|
Sistemas respiratorios: Temas 16 a 20. |
Tema 16.- Sistemas respiratorios: necesidade do intercambio de osíxeno e dióxido de carbono. Dispoñibilidade de osíxeno: gases no aire e na auga. Intercambio de gases en medio acuático. Respiración branquial. Os peixes como modelo de respiración acuática. Papel da pel na respiración. Outras estruturas de acumulación de gases con diferente finalidade: a vexiga natatoria e a flotabilidade.
Tema 17.- Intercambio gasoso no medio aéreo. Respiración traqueal e pulmonar. Respiración pulmonar: estrutura funcional e mecánica respiratoria. Volumes e capacidades pulmonares. O pulmón das aves: un mecanismo unidireccional.
Tema 18.- Regulación da respiración. Regulación nerviosa. Quimiorreceptores e barorreceptores na regulación da respiración. Regulación e exercicio.
Tema 19.- Intercambio gasoso e transporte de gases. Intercambio-transferencia de gases. Os pigmentos respiratorios. Función da hemoglobina e mioglobina no transporte de osíxeno, e curvas de disociación ou curvas de equilibrio O2. Factores que inflúen na afinidade da hemoglobina polo osíxeno. Efecto Bohr. Transporte de CO2 e curvas de equilibrio, e entrada dende os tecidos e descarga. Efecto Haldane.
Tema 20.- Adaptacións respiratorias e circulatorias ó buceo e grandes alturas.
|
Equilibrio iónico-osmótico e excreción: Temas 21 a 25. |
Tema 21.- Osmorregulación e medio ambiente: o mantemento das concentracións de ións e auga como factor fundamental da homeostasis. Parámetros ambientais dos medios acuáticos e terrestres. Osmorregulación en animais acuáticos: estratexias para a regulación hídrico-salina nos medios isoosmóticos, hiperosmóticos e hipoosmóticos. Problemas hídricos e electrolíticos da vida terrestre.
Tema 22.- Función excretora e produtos de excreción: depuración dos líquidos corporais e mantemento dos seus volumes. Excreción de produtos nitroxenados. Tipos de sistema excretor. Os órganos excretores de invertebrados: modalidades de nefridio e túbulos de Malpighi. O ril dos vertebrados: a asa de Henle e a capacidade de formar ouriña hiperosmótica.
Tema 23.- O ril dos mamíferos (i). Anatomía funcional. Mecanismos básicos da formación de ouriña: filtración glomerular, secreción tubular e reabsorción. Diversidade celular dos segmentos tubulares en relación á súa función. Taxa de filtración glomerular, aclaramento renal e transporte máximo.
Tema 24.- O ril dos mamíferos (ii). Regulación polo ril dos ións Na+, K+ y Cl-. Outros ións. Regulación da función renal e concentración de ouriña. Papel dos mineralocorticoides. Regulación do volume corporal: a hormona antidiurética. Función renal e presión arterial: sistema renina-anxiotensina.
Tema 25.- O equilibrio ácido-base e a necesidade do seu mantemento. Regulación: tampóns químicos, procesos respiratorios e mecanismos renais. Outras estruturas implicadas na regulación do pH: branquias, glándulas rectais, etc.
|
Sistemas macrorreguladores. Sistema nervioso. Xeneralidades, organización e función: Temas 26 a 28. |
Tema 26.- Funcións e características xerais do sistema nervioso: o sistema nervioso como integrador de información. Niveis de integración. Sinopses anatómica e sistemas nerviosos. O sistema nervioso dos vertebrados.
Tema 27.- Citofisioloxía da neurona e das células da glía. Asociacións funcionais de neuronas.
Tema 28.- Comunicación interneuronal: sinapses eléctricas e químicas. Excitación e inhibición. Microfisioloxía da transmisión química: a unión neuromuscular como modelo. Neurotransmisores. |
SN. Fisioloxía sensorial: Temas 29 a 35. |
Tema 29.- Fisioloxía sensorial. Receptores sensoriais: concepto e características. Tipos de receptores e propiedades xerais dos receptores. O potencial do receptor.
Tema 30.- Sensibilidade somática (i): sensibilidade ó tacto, presión, vibración e temperatura. Bases fisiolóxicas da sensibilidade dolorosa.
Tema 31.- Sensibilidade somática (ii). sensibilidade postural ou sensibilidade propioceptiva. Receptores musculares e articulares: huso muscular e órgano tendinoso de Golgi. Regulación da posición e o equilibrio. Estatocistos e receptores vestibulares.
Tema 32.- Fotorrecepción (i). Mecanismos de transdución da luz polos pigmentos visuais. Fotorrecepción e orientación á luz en invertebrados. Ocelos. O ollo composto dos artrópodos. O ollo en cámara dos cefalópodos.
Tema 33.- Fotorrecepción (ii). O ollo dos vertebrados. Anatomía e función receptora da retina. Mecanismo óptico da visión: análise da información visual e campos receptores. Visión da cor.
Tema 34.- Fonorrecepción. Fonorrecepción en invertebrados. Receptores da liña lateral. Anatomía e función do sistema auditivo de vertebrados. O órgano de Corti, mecanismo da excitación auditiva e procesamento da información. Ecolocalización.
Tema 35.- Quimiorrecepción. O sentido químico común. Fisioloxía do gusto e do olfacto. Quimiorrecepción en animais acuáticos. Quimiorreceptores internos.
|
SN. Efectores e coordinación motora: Temas 36 a 40. |
Tema 36.- Fisioloxía do movemento (i). Efectores. A fibra muscular como base do movemento: estrutura e función do músculo. Bases físico-químicas da contracción da fibra muscular esquelética. Contracción do sarcómero: teoría dos filamentos deslizantes. Acoplamento entre excitación e contracción. Mecánica e propiedades da contracción muscular. Fisioloxía do músculo liso. Músculo cardíaco.
Tema 37.- Fisioloxía do movemento (ii). A motilidade. Niveis de coordinación motora. Integración da actividade motora na medula espiñal: o arco reflexo. Tipos de reflexos.
Tema 38.- Fisioloxía do movemento (iii). Vías sensitivas do Sistema Nervioso Central: columnas dorsais. Sistema espinotalámico. Control cortical da actividade motora: tracto ou sistema piramidal. Sistema extrapiramidal. Ganglios basais e tronco encefálico. O Cerebelo.
Tema 39.- Anatomofisioloxía do Sistema Nervioso Autónomo ou S.N.Vexetativo. División so S.N. Autónomo: SNA de acción simpática e SNA de acción parasimpática. Características funcionais e actividade motora visceral. Arco reflexo autónomo. Neurotransmisores e receptores. O control dos procesos de integración: regulación do SNA polo S.N. Central.
Tema 40.- Outros efectores: bioelectricidade e bioluminiscencia. Órganos eléctricos e electrorrecepción: significado funcional. Mecanismos de produción de luz: órganos e estruturas luminiscentes. Bacterias simbióticas e luminescencia intra e extracelular. Significado funcional da bioluminiscencia.
|
Sistemas macrorreguladores. Sistema endocrino: Temas 41 a 50. |
Tema 41.- O sistema endocrino e o seu papel na regulación da homeostasis. Regulación química: características xerais. Mecanismos de acción hormonal. Integración neuroendocrina. Concepto de neurosecreción. O sistema hipotálamo-hipofisario. Neurosecrecións hipotalámicas: factores de liberación.
Tema 42.- Organización xeral da hipófises. Adenohipófise: síntese, secreción e función das hormonas adenohipofisarias. Control hipotalámico da adenohipófise. Control hipofisario do sistema endocrino.
Tema 43.- Neurohipófise: síntese, secreción e función das hormonas neurohipofisarias. ADH e oxitocina. O lóbulo intermedio e a fisioloxía do cambio de cor: a MSH ou hormona estimulante dos melanóforos. Glándula pineal: síntese, secreción e función da melatonina. Células pigmentarias efectoras: fisioloxía dos cambios de cor e factores reguladores. Tipos de cromatóforos.
Tema 44.- Tiroides. Hormonas do tiroides e biosíntese tiroidea. Acción metabólica das hormonas tiroideas: implicación na resposta termoxénica. Outros efectos metabólicos das hormonas tiroideas. As hormonas tiroideas e a metamorfose dos anfibios.
Tema 45.- Calcitonina e hormona paratiroidea: metabolismo do calcio e da formación ósea. O timo.
Tema 46.- Glándulas suprarrenais. Corteza suprarrenal: glucocorticoides, mineralocorticoides, andróxenos e estróxenos suprarrenais. Medula suprarrenal: síntese, secreción e función das catecolaminas.
Tema 47.- Páncreas endocrino: insulina, glucagón e somatostatina. Regulación da glucemia. Control dos niveis de insulina. Control dos niveis de glucagón. Importancia da regulación da glucemia.
Tema 48.- Sistemas endocrinos de invertebrados. Modelo xeral do funcionamento endocrino de invertebrados. Mecanismos endocrinos e procesos baixo control hormonal: control endocrino do desenrolo e muda ou ecdise dos insectos.
Tema 49.- Fisioloxía da reprodución e do desenrolo (i). Hormonas sexuais. Diferenciación sexual prenatal do aparato xenital. Sistema reprodutor feminino (mamíferos) e ciclos reprodutores femininos: ciclo ovárico e ciclo uterino. Hormonas ováricas. Sistema reprodutor masculino e andróxenos testiculares. Hormonas sexuais e comportamento. Fecundación.
Tema 50.- Fisioloxía da reprodución e do desenrolo (ii). Xestación e hormonas durante a xestación. Parto e lactancia. Fisioloxía da reprodución noutros vertebrados: anfibios e réptiles. Reprodución unisexual e bisexual. Partenoxénese. Determinación ambiental do sexo.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
4 |
308.5 |
312.5 |
|
Atención personalizada |
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Realización dunha proba final á que poderán acceder aqueles alumnos que non superaran a materia en cursos previos. Esta proba estará centrada basicamente na materia impartida nas sesións maxistrais do programa.
Así mesmo, tendo en conta a importancia das prácticas nunha materia experimental, a proba final incluiría algunha pregunta sobre as prácticas levadas a cabo no seu momento polo alumnado no laboratorio. Neste caso sería necesario abordar esta pregunta correctamente (cualif.>5.0) para superar a materia. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
-Estruturar e coordinar os traballos a realizar polos grupos de alumnos e seguimento e desenvolvemento dos mesmos.
-Haberá unhas tres sesións por cada grupo de traballo de alumnos.
Ademais, como parte da atención personalizada, haberá titorías personalizadas sempre que o alumno o requira. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
Exame da materia con preguntas curtas sobre o abordado nas sesións maxistrais, ao longo dos cursos previos, dos diferentes bloques temáticos da materia.
Así mesmo, tendo en conta a importancia das prácticas nunha materia experimental, a proba final incluiría algunha pregunta sobre as prácticas levadas a cabo no seu momento polo alumnado no laboratorio. Neste caso sería necesario abordar esta pregunta correctamente (cualif.>5.0) para superar a materia.
|
100 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Schmidt-Nielsen K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambidge University Press
Randall, D., W. Burggren & K. French (2002). Ecker Animal Physiology. Mechanisms and Adaptations (5ª ed.). W.H. Freeman and Company
Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Silverthorn, D.U. (2008). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (4ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Educación
Stanfield, C.L. (2011). Principios de Fisiología Humana (4ª ed.). Ed. Pearson Educación
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2011). Tratado de Fisiología Médica (12ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Bibliografía complementaria: BERTA, A., J.L. SUMICH
& K.M. KOVACS, 2006. Marine Mammals:
Evolutionary Biology (2nd ed.). Burlington: Academic Press. CHOWN, S.L. & S.W.
NICOLSON, 2004. Insect physiological
ecology. Mechanisms and patterns. Oxford University Press. EVANS, D.E. & J.B.
CLAIBORNE, 2006. The physiology of
fishes. CRC Press. MITTAI,
A.K., F.B. EDDY & J.S. DATTAMUNSHI (eds.), 1999. Water/air transition in
Biology. Ed. Science Publishers, Inc. NATION,
J.L., 2008. Insect Physiology and
Biochemistry (2ª ed.). CRC Press. WILLMER,
P., G. STONE & I. JOHNSTON, 2000. Environmental Physiology of Animals. Ed. Blackwell Science Ltd. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|