Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Identificar a fauna das augas doces |
A1
|
|
|
Participar na catalogación e avaliación de recursos naturais en ecosistemas de augas doces |
A5
|
|
|
Participar na caracterización de poboacións e comunidades en ecosistemas de augas doces |
A18
|
|
|
Participar na avaliación do impacto ambiental no medio doceacuícola |
A21
|
|
|
Participar na xestión, conservación e restauración de poboacións e comunidades nas augas doces |
A22
|
|
|
Participar na aplicación de técnicas de biocontrol nas augas doces |
A23
|
|
|
Aprender a aprender no campo da docencia e da investigación sobre a bioloxía nas augas doces |
|
B1
|
|
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo a respeito da bioloxía e da ecoloxía nos diferentes ecosistemas de augas doces |
|
B3
|
|
Traballar de forma autónoma con iniciativa |
|
B4
|
|
Traballar de forma colaborativa |
|
B5
|
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional |
|
B6
|
|
Comunicarse de maneira efectiva nun etorno de traballo |
|
B7
|
|
Expresarse coa terminoloxía científica axeitada na lingua propia do espacio xeográfico no que se desenvolve o ensino |
|
|
C1
|
Valorar criticamente o coñecemento, e a información dispoñible para resolver problemas |
|
|
C6
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCIÓN
CARACTERIZACIÓN DE BIOTOPOS E COMUNIDADES
PLANCTO E NEUSTO
BENTOS
NECTO
CONCEPTOS INTEGRADORES
BIOLOXÍA APLICADA |
TEORÍA
I.- INTRODUCIÓN
Tema 1. Introdución. Augas doces e fauna doceacuícola: conceptos e significado dos termos. Diversidade faunística e orixes da fauna doceacuícola. Adaptacións da fauna á vida nas augas doces.
II.- CARACTERIZACIÓN DE BIÓTOPOS E COMUNIDADES
Tema 2. Medios lóticos e medios lénticos.- Breve tipoloxía. Principais factores ambientais. Distribución da fauna e caracterización de comunidades. Adaptacións.
Tema 3. Biótopos atípicos ou en condicións extremas.- Augas subterráneas. Augas temporais. Augas contaminadas. Outros ambientes. Principais factores ambientais. Caracterización de comunidades e adaptacións.
III.- PLANCTO E NEUSTO
Tema 4. Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Rotíferos, Cladóceros e Copépodos. Outros compoñentes do plancto.
Tema 5. Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Heterópteros. Outros compoñentes do neusto.
IV.- BENTOS
Tema 6. Invertebrados non artrópodos I (diblásticos, acelomados e pseudocelomados).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Esponxas, Turbelarios e Nematodos. Outros grupos.
Tema 7. Invertebrados non artrópodos II (celomados).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Moluscos e Anélidos. Outros grupos.
Tema 8. Artrópodos I (Crustáceos).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Ostrácodos, Isópodos, Anfípodos e Decápodos. Outros grupos.
Tema 9. Artrópodos II (Insectos hemimetábolos).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Efemerópteros, Odonatos e Plecópteros.
Tema 10. Artrópodos III (Insectos holometábolos).- Principais trazos anatómicos, bioloxía e ecoloxía de Coleópteros Dípteros e Tricópteros. Outros grupos.
Tema 11. Outros compoñentes do bentos.
V. NECTO
Tema 12. Peixes.- Principais trazos anatómicos, biolóxicos e ecolóxicos. Bioloxía e ecoloxía das especies máis representativas. Outros compoñentes do necto.
VI.- CONCEPTOS INTEGRADORES
Tema 13. Zooxeografía.- Patróns de distribución. Dispersabilidade, illamento e especiación. Pautas xerais de distribución dos principais grupos faunísticos. Zooxeografía das augas doces da península Ibérica. Fauna doceacuícola de Galicia.
Tema 14. Interaccións no seo das comunidades.- Competencia e segregación de nichos. Relacións tróficas entre os distintos compoñentes das comunidades fluviais e lacustres. Parasitismo.
VII.- BIOLOXÍA APLICADA
Tema 15. Fauna e contaminación.- Efectos dos diversos tipos de contaminación sobre os organismos, as poboacións e as comunidades. Índices de calidade. O coñecemento taxonómico e biolóxico como bases para unha correcta elaboración e aplicación dos índices biolóxicos de calidade de augas.
Tema 16. Xestión piscícola.- Consideracións xerais. Principios básicos para a conservación e recuperación de hábitats. Repoboacións. Nocións de piscicultura.
PRÁCTICAS
OBSERVACIÓN DE ZOOPLANCTO
OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE INVERTEBRADOS NON ARTRÓPODOS
OVSERVÁCIÓN E IDENTIFICACIÓN DE CRUSTÁCEOS
OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE INSECTOS HEMIMETÁBOLOS
OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE INSECTOS HOLOMETÁBOLOS
OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE PEIXES
EMPREGO DOS MACROINVERTEBRADOS NO CONTROL DA CONTAMINACIÓN
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
0 |
17.5 |
17.5 |
Aprendizaxe colaborativa |
0 |
2 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
15 |
3 |
18 |
Presentación oral |
1 |
4 |
5 |
Proba mixta |
4 |
0 |
4 |
Seminario |
11 |
5.5 |
16.5 |
Sesión maxistral |
24 |
42 |
66 |
Lecturas |
3 |
4 |
7 |
|
Atención personalizada |
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Toma de contacto coa materia, analizando a grandes trazos os aspectos a considerar nos diferentes bloques temáticos, a bibliografía básica e os obxectivos que se perseguen co estudo da materia.
Breve resumo das metodoloxías que figuran recollidas na guía docente.
Rolda aberta de intervencións. |
Análise de fontes documentais |
Os alumnos, organizados en grupos de 2 a 4 (en función da matrícula), realizarán una análise pormenorizada de diversas fontes bibliográficas propostas polo profesor de cara a profundizar no coñecemento dos temas que integran os bloques III, IV e V do programa teórico da materia (un tema por grupo). Como resultado desa análise, prepararán un texo escrito de arredor de 20 páxinas impresas (incluidos gráficos e figuras), que entregarán ao profesor cunha antelación mínima dunha semana.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Os matices do enfoque así como a estrutura coa que se haberá de organizar cada tema corresponden ao conxunto dos alumnos que integran o grupo encargado de preparalo. Así, cada alumno non so será responsable directo da parte do tema que eles mesmos decidan, senon tamén do seu conxunto, que haberá de levar un enfoque, una estrutura e unha presentáción homoxéneas. |
Prácticas de laboratorio |
As 15 horas de prácticas organizaránse preferentemente en 4 sesións de prácticas de laboratorio, nas que os alumnos, guiados polo profesor, terán unha participación constante e moi activa. As prácticas concíbense, en boa medida, como un complemento ao temario teórico, no que priman claramente os aspectos biolóxicos sobre os anatómicos. |
Presentación oral |
Cada grupo de alumnos deberá defender na aula o tema que lle correspondera, para o cal haberá de preparar unha presentación oral e expoñela diante do resto dos compañeiros e do profesor. A exposición estará pensada para 45 minutos, repartíndose éstes dun xeito máis ou menos equitativo entre os compoñentes do grupo. Rematada a presentación, o profesor procederá a efectuar unha breve análise crítica do tema exposto, así como da súa presentación escrita e oral, podendo formular preguntas ao grupo a respeito dalgúns aspectos que, ao seu parecer, merezan ser clarificados. |
Proba mixta |
Nesta proba, trátanse de avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia impartida polo profesor nas sesións maxistrais. O exame sobre a materia teórica impartida polo profesor consistirá nun cunxunto de preguntas de diferente entidade e puntuación, formuladas para valorar os coñecementos adquiridos e a comprensión dos mesmos. |
Seminario |
Os seminarios consisten na exposición e debate sobre os temas preparados polos alumnos relativos aos bloques temáticos II, IV e V, a partires da análise das fontes bibliográficas. |
Sesión maxistral |
Dos sete bloques temáticos nos que se divide o temario de teoría, os bloques I, II, VI et VII serán impartidos integramente polo profesor, nun total de 12 sesións maxistráis. Os aspectos máis básicos dos bloques III, IV e V, de crácter máis descritivo, serán así mesmo impartidos polo profesor, dedicándolle outras 12 horas lectivas. |
Lecturas |
Cada alumno poderá analizar e expoñer brévemente na aula (máximo 5 minutos) unha separata dun traballo de investigación que lle será proporcionado polo profesor.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Aprendizaxe colaborativa |
Presentación oral |
Proba mixta |
Lecturas |
|
Descrición |
O profesor facilitará a bibliografía básica suficiente para a preparación dos seminarios, así como a correspondante separata para a lectura do traballo de investigación. Así mesmo, o profesor ofrecerá un breve asesoramento inicial sobre a organización e contidos mínimos a desenvolver e sobre as posibles formas de colaboración e de presentación oral. Dado que tanto os seminarios como as lecturas serán analizados, criticados e avaliados polo profesor, e tendo en conta que se trata dunha materia opcional de segundo ciclo, os alumnos que solicitaran asesoramento adicional verían mermada a súa cualificación proporcionalmente á información adicional facilitada polo profesor.
Os alumnos recibirán toda a atención personalizada que precisen en relación coa cualificación acadada en calquera dos apartados avaliados.
Sobre calquera outro aspecto relacionado coa materia o profesor estará a disposición dos alumnos no seu despacho ou no laboratorio da 4ª planta (Bioloxía Animal: oligoquetos), en horario de titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
Valoraranse a presentación, organización, contidos e capacidade de síntese, con ata o 7% da nota máxima final (0,7 sobre 10). So se manterá a nota acadada durante o presente curso académico.
Esta actividade é de carácter obrigatorio. |
7 |
Aprendizaxe colaborativa |
Valoraranse a presentación e a organización do tema, con ata o 3% da nota máxima final (0,3 sobre 10). So se manterá a nota acadada durante o presente curso académico. |
3 |
Prácticas de laboratorio |
Realizarase unha avaliación contínua da participación e a aprendizaxe de cada alumno, outorgándoselle unha puntuación de ata 5% da nota máxima final (0,5 sobre 10). So se manterá a nota acadada durante o presente curso académico.
Esta actividade é de carácter obrigatorio. |
5 |
Presentación oral |
Valoraranse a claridade expositiva e o dominio do tema con ata o 5% da nota máxima final (0,5 sobre 10). So se manterá a nota acadada durante o presente curso académico.
Esta actividade é de carácter obrigatorio. |
5 |
Proba mixta |
O exame sobre a materia teórica impartida polo profesor consistirá nun cunxunto de preguntas de diferente entidade e puntuación, formuladas para valorar os coñecementos adquiridos e a comprensión dos mesmos. A puntuación máxima outrogada a cada pregunta será anunciada no propio exame. A nota máxima que se pode acadar neste exame corresponde ao 70% da nota máxima final (7 sobre 10), sendo preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10) para poder superar a materia. Os alumnos poderán presentarse ao exame que figura no calendario oficial de exames aprobado por Xunta de Facultade e/ou nunha data alternativa, a fixar polos propios alumnos dentro dos prazos posibles. Se un alumno opta por presentarse aos dous exames, a nota que se computará será a máis alta das acadadas.
|
70 |
Seminario |
A mera asistencia coa debida atención valorarase con ata o 5% da nota máxima final (0,5 sobre 10). Controlaráse a asistencia. So se manterá a nota acadada durante o presente curso académico.
A asistencia aos seminarios non é obrigatoria pero si moi recomendable. |
5 |
Lecturas |
A exposición e comprensión do texto serán valoradas con ata o 5% da nota máxima final (0,5 sobre 10). So se manterá a nota acadada durante o presente curso académico.
Esta actividade non é de carácter obrigatorio pero sí moi recomendable.
|
5 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
GUTHRIE, M. (1989). Animals of the surface film. Richmond Publishing, Slough
THORP, J.H. & COVICH, P. (2001). Ecology and classification of North American freshwater invertebrates. Academic Press, San Diego
ROSENBERG, D.M. & RESH, V.H. (1993). Freshwater biomonitoring and benthic macroinvertebrates. Chapman & Hall, New York
TACHET, H. et al. (2002). Invertébrés d’eau douce. Systématique, biologie, écologie. CNRS Editions, Paris
MARGALEF, R. (1983). Limnología. Omega, Barcelona
GONZÁLEZ, M. A. & COBO, F. (2006). Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules de Ediciones, A Coruña
BRUNO, S. & MAUGERI, S (1995). Peces de agua dulce de Europa. Omega, Barcelona
GARCIA DE JALON, D. et al. (1993). Principios y técnicas de gestión de la pesca en aguas continentales. Mundi-Prensa, Madrid
PETTS, G. & CALOW, P. (1996). River biota. Diversity and dynamics. Blackwell Science, Oxford
BANARESCU, P. (1990). Zoogeography of fresh waters. Vol. 1. General distribution and dispersal of freshwater. AULA-Verlag, Wiesbaden |
|
Bibliografía complementaria
|
MEMBIELA, P.; COBO, F.; GONZÁLEZ, M. & MARTÍNEZ-ANSEMIL, E. (1990). A investigación limnolóxica en Galicia con especial referencia ós macroinvertebrados: precedentes, estado actual e perspectivas. Ingenium, 2: 81-94
WILLIANS D.D. & FELTMATE, B.W. (1994). Aquatic insects. CAB International, Wallinford
NILSSON, A. (1996). Aquatic insects of North Europe. Apollo Books Aps, Stenstrup
S.G.H.N. (1995). Atlas de vertebrados de Galicia. Vol. 1. Peixes, anfibios, réptiles e mamíferos. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela
DOADRIO, I. (2002). Atlas y libro rojo de los peces continentales de España. Dirección General Conservación Naturaleza, Madrid
HELLAWELL, J.M. (1986). Biological indicators of freshwater pollution and environmental management. Elsevier Applied Science, London
MAITLAND, P.S. & MORGAN, N.C. (1990). Conservation management of freshwater habitats: lakes, rivers and wetlands. Chapman & Hall
GRANADO LORENZO, C. (1996). Ecología de peces. Pub. Univ. Sevilla, Sevilla
ANGELIR, E. (2000). Ecologie des eaux courantes. Technique & Documentation, Paris
RUNDLE, S.D.; ROBERTSON, A.L. & SCHIMID-ARAYA, J.M. (2002). Freshwater meiofauna. Biology and ecology. Backhuys Publishers. Leiden
GIBERT, J.; DANIELOPOL, D.L. & STANFORD, J.A. (1994). Groundwater ecology. Academic Press, San Diego
WETZEL, R.G. (2001). Limnology. Lake and river ecosystems. Academic Press, San Diego
CAMPAIOLI, S. et al. (1994). Manuale per il riconoscimento dei macroinvertebrati delle acque dolci italiane. I. APR&B, Trento
DOADRIO, I.; ELVIRA, B. & BERNAT, Y. (1991). Peces continentales españoles. Inventario y clasificación de zonas fluviales. ICONA, Madrid
SMITH, D. G. (2001). Pennak’s freshwater invertebrates of the United States. Protozoa to Crustacea. John Wiley & Sons, New York
GONZÁLEZ DEL TÁNAGO, M & GARCÍA DE JALÓN, D. (2001). Restauración de ríos y riberas. Mundi-Prensa, Madrid
HASLAM, S.M. (1994). River pollution: an ecological perspective. Jhon Wiley & Sons, Chichester
BRÖNMARK, C. & HANSSON, L-A. (1998). The biology of lakes and ponds. Oxford University Press, Oxford
RESH, V.H. & ROSENBERG, D.M. (1984). The ecology of aquatic insects. . Praeger Publishers, New York
GORE, J.A. (1985). The restoration of rivers and streams. Butterworth Publishers, Stoneham
BANARESCU, P. (1991). Zoogeography of fresh waters. Vol. 2. Distribution and dispersal of freshwater animals in North America and Eurasia. AULA-Verlag, Wiesbaden
COBO, F.; GONZÁLEZ, M.A.; VIEIRA-LANEIRO, R. & SERVIA, M.J. (2006). “O río animado”. Biodiversidade dos ecosistemas acuáticos continentais galegos. Servizo Publicacións USC, Santiago de Compostela |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Zooloxía/610212205 | Ecoloxía/610212301 | Fisioloxía Animal/610212302 |
|
|