Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Ciencia dos Materiais Código 610311506
Titulación
Licenciado en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Quinto Troncal 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Castro Garcia, Socorro
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
Profesorado
Castro Garcia, Socorro
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral DESCRITORES: Materiais metálicos, electrónicos, magnéticos, ópticos e polímeros. Materiais cerámicos. Materiais compostos.
CONTEXTUALIZACION: A Ciencia dos Materiais é unha materia claramente interdisciplinar, na que a Química Inorgánica ten un papel moi destacado, fundamentalmente debido á estreita relación que garda aquela coa Química do Estado Sólido.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer o que se considera Ciencia dos Materiais e o seu carácter interdisciplinar. Adquirir nocións básicas sobre distintos criterios de clasificación de materiais. A14
A25
B1
B2
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer as familias de materiais (metais, cerámicas, polímeros e materiais compostos). Coñecer as súas propiedades físicas (mecánicas, eléctricas, magnéticas e ópticas) máis importantes e ser capaz de relacionalas coa súa composición, estrutura e microestrutura. Adquirir unha visión xeral dos métodos de preparación (síntese e procesado) dos distintos tipos de materiais. A1
A3
A4
A5
A6
A7
A9
A10
A11
A14
A15
A16
A21
A24
A25
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Desenvolver criterios fundamentais sobre selección e deseño de materiais como "sólidos útiles". A1
A14
A15
A16
A24
A25
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución á Ciencia dos Materiáis • Ambito de estudio da ciencia dos materias
• Criterios de clasificación de materiais
• Criterios de selección de materiais
Grandes familias de materiais • Metais e aliaxes (aceiros, fundicións e aliaxes non férreas)
• Materiais cerámicos (arxilas, refractarios, abrasivos, cementos, vidros, cerámicas avanzadas)
• Polímeros (termoplásticos, termoestables, elastómeros)
• Materiais compostos
Microestructura dos materiais • Diagramas de fases temperatura-transformación (TT)
• Diagramas de fases temperatura-tempo-transformación (TTT)
Propiedades dos materiais • Propiedades mecánicas
• Propiedades eléctricas
- condutores electrónicos
- semicondutores (transistores, células fotovoltaicas)
- supercondutores
- illantes (dieléctricos, condensadores)
- condutores iónicos (baterías, pilas de combustible)
• Propiedades magnéticas
- dia- e para-magnetismo
- ferro-, ferri-, e antiferro-magnetismo
- principais aplicacións (motores, grabación magnética)
• Propiedades ópticas (láseres, celas solares, fibra óptica)
Síntese e procesado dos materiais Síntese e procesado dos materiais
Exemplos de selección materiais Exemplos de selección materiais

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 36 54 90
Seminario 16 32 48
Eventos científicos e/ou divulgativos 2 4 6
Proba obxectiva 1.5 0 1.5
Proba obxectiva 3.5 0 3.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Antes do comezo de cada unidade temática entregarase ó alumno un esquema cos puntos fundamentais que se tratarán nas clases maxistrais así como un material complementario de apoio (transparencias, documentos ppt). O profesor expoñerá os conceptos fundamentais de cada unidade seguindo o dito guión.
Seminario Os seminarios están concibidos como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar de xeito directo. Neles resolveranse dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas clases maxistrais. Tamén estarán dedicados á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente terán sido entregados ao alumno. Esta actividade desenvolverase ó longo de todo o curso en coordinación coa evolución das clases maxistrais.
Eventos científicos e/ou divulgativos Tamén se contempla a posibilidade, como actividades complementarias, da preparación de traballos individuais ou en grupo, a discusións de temas de actualidade no campo de Ciencia de Materiais, a visita a centros relacionados coa materia (p. ex. o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil, onde levan a cabo ensaios de propiedades mecánicas de materiais), a asistencia a conferencias, etc. Estas actividades concretaranse durante o desenvolvemento do curso, en función do número de alumnos matriculados, a organización de conferencias por parte do centro e outros organismos, os acordos concretados con empresas a visitar, etc.
Proba obxectiva • Exame parcial, de carácter voluntario, a mediados do cuadrimestre (ao finalizar a Unidade II)
Este exame terá carácter orientativo para a alumno, co obxectivo de facilitarlle o estudio e a comprensión da materia.
Proba obxectiva • Exame final, de carácter obrigatorio (a realizar nas convocatorias oficiais, de xuño, setembro e/ou decembro).
Neste exame avaliarase a comprensión da materia en conxunto, dado que o obxectivo fundamental é que o alumno teña unha visión global, sendo capaz de relacionar as estruturas e composicións dos distintos tipos de materiais coas súas propiedades e aplicacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Eventos científicos e/ou divulgativos
Proba obxectiva
Proba obxectiva
Descrición

Tódalas actividades están apoiadas por titorías individuais ou en grupos reducidos. Estas consisten en entrevistas persoais levadas a cabo cos alumnos, de CARACTER VOLUNTARIO por parte dos mesmos, e co obxecto de resolverlle dúbidas ou orientalo en calquera aspecto relativo á materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase a participación activa do alumnado nestas sesións. 0
Seminario Avaliaranse a participación activa do alumnado nas sesións presenciáis, así como os exercicios e traballos entregados. 0
Eventos científicos e/ou divulgativos Avaliarase a participación activa do alumnado, mediante a participación en debates e/ou entrega de traballos previos ou posteriores aos eventos. 0
Proba obxectiva Véxase apartado "observacións avaliación". 0
Proba obxectiva Véxase apartado "observacións avaliación". 0
 
Observacións avaliación

• Ao longo do cuadrimestre realizaranse dous exames: un exame parcial de carácter voluntario a mediados do cuadrimestre, e un exame final de carácter obrigatorio (a convocatoria oficial de xuño).

• No exame final avaliarase a comprensión da materia en conxunto, dado que o obxectivo fundamental é que o alumno teña unha visión global, sendo capaz de relacionar as estruturas e composicións dos distintos tipos de materiais coas súas propiedades e aplicacións.

• O aproveitamento e rendemento do alumno tamén será avaliado de forma continuada tendo en conta a eventual elaboración de traballos complementarios, a súa participación activa tanto en seminarios como nas clases teóricas, na resolución de problemas e exercicios, en discusións, na presentación e resolución de dúbidas.

• A nota final da materia (tanto na convocatoria ordinaria como nas extraordinarias de setembro e decembro) terá en conta a cualificación obtida nos exames así como as cualificacións obtidas no resto das actividades: participación en clases (teóricas e seminarios), entregas de traballos, visitas, titorías, etc. O conxunto destas actividades valorarase ata un máximo de 1.5 puntos sobre 10, e será tido en conta para matizar a alza a cualificación obtida nos exames (sempre e cando no exame o alumno obteña unha cualificación mínima de 4 sobre 10). O peso de cada unha destas actividades concretarase durante o desenvolvemento do curso, en función das actividades que se poidan organizar.

• Obterán a cualificación de "non presentado" os alumnos que non se presenten ao exame final.


Fontes de información
Bibliografía básica A.G. SHACKELFORD (1998). Introducción a la Ciencia de Materiales para Ingenieros. Madrid, Prentice Hall
A.G. SHACKELFORD (2005). Introducción a la Ciencia de Materiales para Ingenieros . Madrid, Prentice Hall
W.D. CALLISTER Jr (1995). Introducción a la Ciencia e Ingeniería de los Materiales . Barcelona, Reverté

Bibliografía complementaria W.F. SMITH (1998). Fundamentos de la Ciencia e Ingeniería de Materiales . Madrid, McGraw-Hill
J.C. ANDERSON (1990). Materials Science. Londres, Chapman&Hall
L.E. SMART, E.A. MOORE (1995). Química del Estado Sólido. Wilmington, Addison-Wesley Iberoamericana
L.E. SMART, E.A. MOORE (2005). Solid State Chemistry. Boca Raton, Taylor&Francis
A.R. WEST (1999). Solid State Chemistry. Chichester, JohnWiley&Sons
A.R. WEST (1992). Solid State Chemistry and its Applications. Chichester, John Wiley&Sons


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Inorgánica II/610311204
Química Inorgánica I/610311105
Química Inorgánica Avanzada/610311402
Experimentación en Química Inorgánica/610311406

Observacións

Aínda que se trata dunha materia cuadrimestral, ten unha ELEVADA CARGA (6 CRÉDITOS ECTS). Ademais é unha materia onde os coñecementos de cada unidade son á base para a correcta comprensión dos da unidade seguinte. Por isto, recoméndase moi encarecidamente a súa preparación progresiva e asentamento de coñecementos e conceptos ó longo de todo o cuadrimestre. Neste senso, a preparación dos seminarios e do exame parcial é un factor clave para o seguimento axeitado da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías