Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Tratamento de Augas Residuais e Naturais Código 610311609
Titulación
Licenciado en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Cuarto-Quinto Optativa 10
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Ruiz Bolaños, Isabel
Soto Castiñeira, Manuel
Vega Martin, Alberto de
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
isabel.ruiz@udc.es
m.soto@udc.es
alberto.de.vega@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia o alumnado adquirirá os coñecementos básicos acerca da caracterización de augas residuais, dos procesos (físicos, químicos e biolóxicos) e tecnoloxías de tratamento, e do predeseño de instalacións de tratamento.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a problemática da contaminación da auga, as actuacións en prvención e as tecnoloxías dispoñibles para a súa depuración. A7
A11
A13
A22
A24
A25
B3
B4
B5
C1
C6
C7
Resolver problemas relacionados cos distintos procesos de tratamento da auga. A11
A13
A24
A27
B2
B3
B4
C6
C8
Coñecer os parámetros de caracterización da auga e a súa determinación no laboratorio. A1
A7
A19
A20
A23
B2
B4
B5
C1
C6
Interpretar datos e resultados obtidos de medidas de laboratorio. A1
A14
A16
A20
A21
A24
B2
B3
C6
C8
Manexar a bibliografía para a busca de información científico-técnica. A13
A14
A16
B1
B4
B6
B7
C2
C3
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución - Augas residuais: orixen, volumes e características
- Efectos ambientais do vertido de augas residuais
- Lexislación.
- Alternativas e clasificación dos métodos de tratamento
Tema 2. Prevención da contaminación. Tecnoloxías limpas. - Prevención na orixe e minimización
- Minimización de augas residuais na industria. Exemplos
- saneamento ecolóxico: ECOSAN
- Medidas e opcións de reforma do modelo convencional de saneamento
Tema 3. Tratamentos físicos - Tratamentos preliminares: Desbaste. Reixas, Tamices, Desareadores, Teoría da sedimentación de partículas discretas, Dimensionamento dun desareador, Rendemento, Desengraxado
- Sedimentación: Sedimentadores: clasificación. Sedimentación clase II. Tanques de sedimentación primaria. Sedimentación clase III: sedimentación zonal ou retardada. Sedimentación clase IV: zona de compresión. Sedimentación acelerada. Sedimentadores secundarios. Dimensionado dos tanques de sedimentación secundaria.
- Flotación.
Tema 4. Procesos químicos de tratamento - Coagulación e floculación: Dinámica de partículas coloidais. Estabilidade. Forzas de atracción e repulsión entre partículas coloidais cargadas. Efecto da concentración iónica da solución. Punto isoeléctrico. Efecto do pH. Desestabilización de coloides. Coagulación.
- Oxidación e redución química: Oxidación completa e oxidación parcial. Oxidación e substitución. Oxidación con osíxeno. Oxidación con ozono. Oxidacións con permanganato e con compostos de cloro (Cl2 e ClO2).
- Outros procesos químicos.
Tema 5. Bases cinéticas e microbiolóxicas dos procesos biolóxicos - Introdución aos procesos biolóxicos
- Parámetros cinéticos no proceso aerobio
- Parámetros cinéticos no proceso anaeróbio
- Parámetros cinéticos na eliminación biolóxica de nutrientes
Tema 6. Tecnoloxías do tratamento aerobio - Proceso de lodos activos. Balance e deseño
- Aireación. Transferencia de osíxeno. Equipos de aireación
- Aireación prolongada. Balace e deseño
- Lagoas aireadas. Balance e deseño
- Filtros percoladores. Balance e deseño
Tema 7. Tecnoloxías do tratamento anaerobio - Sistemas de biomasa suspendida
- Sistemas de biomasa adherida.
- Sistemas híbridos.
Tema 8. Eliminación de nutrientes (N e P) - Introdución. Ciclo do N.
- Balances e deseño dunha planta de nitrificación combinada
- Desnitrificación.
- Eliminación de P por precipitación.
- Eliminación biolóxica de fósforo.
- Procesos de eliminación de N e P. Clasificación e esquemas dos procesos máis utilizados, AO, AAO, Bardenpho, Phostrip, SBR.
Tema 9. Tratamentos naturais e de baixo custo - Fosa séptica e Tanque Imhoff.
- Tratamento en dixestores anaerobios
- Depuración en humidais construídos
- Sistemas de depuración dixestor-humidal
- Algúns exemplos de instalacións e prestacións
- Parámetros de deseño e dimensionamento

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio 36 45 81
Proba mixta 3 0 3
Sesión maxistral 34 42.5 76.5
Traballos tutelados 3 15 18
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Seminario 20 40 60
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio dedicadas ao coñecemento e experimentación dos métodos de caracterización de augas, e a ensaios de prospección e seguemento de procesos físico-quimicos e biolóxicos de tratamento. Elaboración dunha memoria das práctiicas. Visitas guiadas a instalacións de tratamento e elaboración dunha memoria.
Proba mixta Probas obxectivas: exámen parcial e final.
Sesión maxistral O profesor ou profesora exporá oralmente e con apoio de medios audovisuais os contidos básicos da materia. Facilitará ao alumno/a esquemas, táboas e outro material que considere oportuno.
Traballos tutelados Consistirá nun traballo teórico-experimental (tipo proxecto) a realizar de forma autónoma polo alumno/a. Este disporá previamente dun guión e dunha explicación da metodoloxía, e recibirá asesoramento e seguimento durante a súa ralización.
Actividades iniciais Presentación do programa e preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado.
Seminario Formularanse problemas teóricos e de cálculo para a súa análise, resolución e posterior debate e conclusión, propostos previamente entregados aos alumnos/as.
Revisaranse os conceptos teóricos e prácticos da materia, tanto a proposta do profesorado como do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio terá lugar directamente durante a súa realización.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Valorarase a participaciòn activa no seminario e a capacidade mostrada na resolución dos problemas formulados. 10
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 30
Proba mixta Avaliarase o coñecemento da materia a través da realización dun exame parcial e un exame final. 50
Traballos tutelados A valoracion do traballo realizarase en dúas fases, de tal forma que, de ser necesario, o alumnado terá a oportunidade de corrixir as deficiencias indicadas na avaliación inicial. Valorarase o proceso e a memoria final. 10
 
Observacións avaliación

Os exames parciais serán de tipo eliminatorio sempre que se obteña un mínimo de 5 sobre 10: Porén, esta opción non se conserva para a convocatoria de setembro.


Para a cualificación global obteráse a nota media ponderada de acordo coa % indicada arriba. O aprobado requerirá unha nota media mínima de 5 (sobre 10), de forma combinada cunha nota mínima de 4,5 nos apartados de Practicas de laboratorio e Proba mixta (exame). A asistencia á prácticas de laboratorio considérase obrigatoria.


Fontes de información
Bibliografía básica

Metcalf & Eddy. Tratamiento, evacuación y reutilización de aguas residuales. Labor. Barcelona (1995).

Henze, M., Harremoes, P., Jansens, J. & Arvin, E. Wastewater treatment. Springer-Verlag, New York (1995).

Weber, W.J. Control de la calidad del agua. Procesos fisicoquímicos. Ed. Reverté. Barcelona (1979).

APHA, Standard Methods for the Examination of Water and Wastewater. 20th ed., Washington DC, USA (1998).

VV.AA. Auga e sustentabilidade.Adega Cadernos nº 11. Santiago de Compostela (2003).

Lens, P; Zeeman, G. e Lettinga, G. (Ed.). Decentralised sanitation and reuse; concepts, systems and implementation. IAW Plublishing, London (2001).

Ramalho, R. S. Tratamiento de aguas residuales. Ed. Reverté. Barcelona (1991).

Proyecto Depuranat. Gestion sostenible del agua residual en entornos rurales. Ed. Netbiblo (ISBN978-84-9745-383-7), A Coruña (2008).

C.P. Leslie Grady, Jr.; Glen T. Daigger; Nancy G. Love and Carlos D. M. Filipe. Biological Wastewater Treatment. Third Edition IWA Publishing, CRC Press Taylor and Francis Group. (2012)

 

Bibliografía complementaria (). . www.agua-dulce.org
(). . www.ecodes.org
(). . www.unizar.es/fnca
(). . www.depuranat.itccanarias.org
(). . www.gtz.de/en/themen/umwelt-infrastruktur/wasser/9399.htm
Cuesta e Neira (Ed.) (2009). Auga e sustentabilidade. Enfoques para unha nova política de augas . (Lugo: Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É importante ter coñecementos de ferramentas informáticas tales como as follas de cálculo, procesadores de texto, etc.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías