Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A11 |
Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química. |
A13 |
Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A27 |
Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer a problemática da contaminación da auga, as actuacións en prvención e as tecnoloxías dispoñibles para a súa depuración. |
A7 A11 A13 A22 A24 A25
|
B3 B4 B5
|
C1 C6 C7
|
Resolver problemas relacionados cos distintos procesos de tratamento da auga. |
A11 A13 A24 A27
|
B2 B3 B4
|
C6 C8
|
Coñecer os parámetros de caracterización da auga e a súa determinación no laboratorio. |
A1 A7 A19 A20 A23
|
B2 B4 B5
|
C1 C6
|
Interpretar datos e resultados obtidos de medidas de laboratorio. |
A1 A14 A16 A20 A21 A24
|
B2 B3
|
C6 C8
|
Manexar a bibliografía para a busca de información científico-técnica. |
A13 A14 A16
|
B1 B4 B6 B7
|
C2 C3 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Introdución |
- Augas residuais: orixen, volumes e características
- Efectos ambientais do vertido de augas residuais
- Lexislación.
- Alternativas e clasificación dos métodos de tratamento
|
Tema 2. Prevención da contaminación. Tecnoloxías limpas. |
- Prevención na orixe e minimización
- Minimización de augas residuais na industria. Exemplos
- saneamento ecolóxico: ECOSAN
- Medidas e opcións de reforma do modelo convencional de saneamento |
Tema 3. Tratamentos físicos |
- Tratamentos preliminares: Desbaste. Reixas, Tamices, Desareadores, Teoría da sedimentación de partículas discretas, Dimensionamento dun desareador, Rendemento, Desengraxado
- Sedimentación: Sedimentadores: clasificación. Sedimentación clase II. Tanques de sedimentación primaria. Sedimentación clase III: sedimentación zonal ou retardada. Sedimentación clase IV: zona de compresión. Sedimentación acelerada. Sedimentadores secundarios. Dimensionado dos tanques de sedimentación secundaria.
- Flotación. |
Tema 4. Procesos químicos de tratamento |
- Coagulación e floculación: Dinámica de partículas coloidais. Estabilidade. Forzas de atracción e repulsión entre partículas coloidais cargadas. Efecto da concentración iónica da solución. Punto isoeléctrico. Efecto do pH. Desestabilización de coloides. Coagulación.
- Oxidación e redución química: Oxidación completa e oxidación parcial. Oxidación e substitución. Oxidación con osíxeno. Oxidación con ozono. Oxidacións con permanganato e con compostos de cloro (Cl2 e ClO2).
- Outros procesos químicos. |
Tema 5. Bases cinéticas e microbiolóxicas dos procesos biolóxicos |
- Introdución aos procesos biolóxicos
- Parámetros cinéticos no proceso aerobio
- Parámetros cinéticos no proceso anaeróbio
- Parámetros cinéticos na eliminación biolóxica de nutrientes |
Tema 6. Tecnoloxías do tratamento aerobio |
- Proceso de lodos activos. Balance e deseño
- Aireación. Transferencia de osíxeno. Equipos de aireación
- Aireación prolongada. Balace e deseño
- Lagoas aireadas. Balance e deseño
- Filtros percoladores. Balance e deseño |
Tema 7. Tecnoloxías do tratamento anaerobio |
- Sistemas de biomasa suspendida
- Sistemas de biomasa adherida.
- Sistemas híbridos. |
Tema 8. Eliminación de nutrientes (N e P) |
- Introdución. Ciclo do N.
- Balances e deseño dunha planta de nitrificación combinada
- Desnitrificación.
- Eliminación de P por precipitación.
- Eliminación biolóxica de fósforo.
- Procesos de eliminación de N e P. Clasificación e esquemas dos procesos máis utilizados, AO, AAO, Bardenpho, Phostrip, SBR. |
Tema 9. Tratamentos naturais e de baixo custo |
- Fosa séptica e Tanque Imhoff.
- Tratamento en dixestores anaerobios
- Depuración en humidais construídos
- Sistemas de depuración dixestor-humidal
- Algúns exemplos de instalacións e prestacións
- Parámetros de deseño e dimensionamento |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
36 |
45 |
81 |
Proba mixta |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
34 |
42.5 |
76.5 |
Traballos tutelados |
3 |
15 |
18 |
Actividades iniciais |
0.5 |
0 |
0.5 |
Seminario |
20 |
40 |
60 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas de laboratorio dedicadas ao coñecemento e experimentación dos métodos de caracterización de augas, e a ensaios de prospección e seguemento de procesos físico-quimicos e biolóxicos de tratamento. Elaboración dunha memoria das práctiicas. Visitas guiadas a instalacións de tratamento e elaboración dunha memoria. |
Proba mixta |
Probas obxectivas: exámen parcial e final. |
Sesión maxistral |
O profesor ou profesora exporá oralmente e con apoio de medios audovisuais os contidos básicos da materia. Facilitará ao alumno/a esquemas, táboas e outro material que considere oportuno. |
Traballos tutelados |
Consistirá nun traballo teórico-experimental (tipo proxecto) a realizar de forma autónoma polo alumno/a. Este disporá previamente dun guión e dunha explicación da metodoloxía, e recibirá asesoramento e seguimento durante a súa ralización. |
Actividades iniciais |
Presentación do programa e preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado. |
Seminario |
Formularanse problemas teóricos e de cálculo para a súa análise, resolución e posterior debate e conclusión, propostos previamente entregados aos alumnos/as.
Revisaranse os conceptos teóricos e prácticos da materia, tanto a proposta do profesorado como do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio terá lugar directamente durante a súa realización. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
Valorarase a participaciòn activa no seminario e a capacidade mostrada na resolución dos problemas formulados. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. |
30 |
Proba mixta |
Avaliarase o coñecemento da materia a través da realización dun exame parcial e un exame final. |
50 |
Traballos tutelados |
A valoracion do traballo realizarase en dúas fases, de tal forma que, de ser necesario, o alumnado terá a oportunidade de corrixir as deficiencias indicadas na avaliación inicial. Valorarase o proceso e a memoria final. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Os exames parciais serán de tipo eliminatorio sempre que se obteña un mínimo de 5 sobre 10: Porén, esta opción non se conserva para a convocatoria de setembro.
Para a cualificación global obteráse a nota media ponderada de acordo coa % indicada arriba. O aprobado requerirá unha nota media mínima de 5 (sobre 10), de forma combinada cunha nota mínima de 4,5 nos apartados de Practicas de laboratorio e Proba mixta (exame). A asistencia á prácticas de laboratorio considérase obrigatoria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Metcalf & Eddy. Tratamiento, evacuación y reutilización de aguas residuales. Labor. Barcelona (1995).
Henze, M., Harremoes, P., Jansens, J. & Arvin, E. Wastewater treatment. Springer-Verlag, New York (1995).
Weber, W.J. Control de la calidad del agua. Procesos fisicoquímicos. Ed. Reverté. Barcelona (1979).
APHA, Standard Methods for the Examination of Water and Wastewater. 20th ed., Washington DC, USA (1998).
VV.AA. Auga e sustentabilidade.Adega Cadernos nº 11. Santiago de Compostela (2003).
Lens, P; Zeeman, G. e Lettinga, G. (Ed.). Decentralised sanitation and reuse; concepts, systems and implementation. IAW Plublishing, London (2001).
Ramalho, R. S. Tratamiento de aguas residuales. Ed. Reverté. Barcelona (1991).
Proyecto Depuranat. Gestion sostenible del agua residual en entornos rurales. Ed. Netbiblo (ISBN978-84-9745-383-7), A Coruña (2008).
C.P. Leslie Grady, Jr.; Glen T. Daigger; Nancy G. Love and Carlos D. M. Filipe. Biological Wastewater Treatment. Third Edition IWA Publishing, CRC Press Taylor and Francis Group. (2012)
|
Bibliografía complementaria
|
(). . www.agua-dulce.org
(). . www.ecodes.org
(). . www.unizar.es/fnca
(). . www.depuranat.itccanarias.org
(). . www.gtz.de/en/themen/umwelt-infrastruktur/wasser/9399.htm
Cuesta e Neira (Ed.) (2009). Auga e sustentabilidade. Enfoques para unha nova política de augas . (Lugo: Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago). |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
É importante ter coñecementos de ferramentas informáticas tales como as follas de cálculo, procesadores de texto, etc. |
|