Mestrado universitario en Química Ambiental e Fundamental
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
4
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento
Química Fundamental
Coordinación
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Profesorado
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral
DESCRITORES: Introdución e perspectiva histórica sobre os materiais avanzados. Recorrido polos distintos ámbitos de actividade e polas principais liñas de investigación actuais. Limitacións, retos e tendencias de futuro.
CONTEXTUALIZACIÓN:Materiais Avanzados é unha materia claramente interdisciplinar, na que a Química Inorgánica ten un papel moi destacado, fundamentalmente debido á estreita relación que garda aquela coa Química do Estado Sólido e Ciencia dos Materiais.
Dende o punto de vista profesional, as competencias propias da materia son recoñecidas, tanto no "Tuning" de Química como no proxecto elaborado pola Rede de Química para a ANECA sobre o deseño do futuro plan de estudios da titulación.
Competencias do título
Código
Competencias da titulación
Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe)
Competencias da titulación
1. Coñecer como é o campo dos Materiais e o seu carácter interdisciplinar. Que contemple esta materia cunha perspectiva histórica axeitada.
2. Adquirir unha visión xeral dos actuais métodos de preparación dos distintos tipos de materiais
3. Ser capaz de seleccionar e aplicar de maneira axeitada as técnicas mais comúns de caracterización de materiais inorgánicos.
4. Coñecer algúns dos Materiais Avanzados máis representativos para os diferentes ámbitos de actividade, as súas propiedades físicas (mecánicas, eléctricas, magnéticas e ópticas) máis importantes e ser capaz de relacionalas coa súa composición, estrutura e microestrutura.
5. Ser capaz de desenvolver criterios fundamentais sobre selección e deseño de materiais como "sólidos útiles".
6. Ter unha visión panorámica do ámbito que abarca hoxe a química de materiais, dos seus logros, limitacións, metas e perspectivas de futuro.
7. Manexar ferramentas informáticas no campo dos materiais, aplicadas fundamentalmente a busca de información e a visualización de estruturas.
Unidade II: Ferramentas informáticas no campo dos materiais (busca de información e visualización de estruturas).
Unidade III: Síntese química de materiais inorgánicos.
Unidade IV:Caracterización de materiais inorgánicos.
Unidade V: Exemplos de Materiais Avanzados. Recorrido por distintos ámbitos de actividade (baterías, supercondutores, etc.).
Unidade VI: Limitacións, retos e tendencias de futuro (nanotecnoloxía, biomateriais, materiais para enerxías limpas, etc.).
Planificación
Metodoloxías / probas
Horas presenciais
Horas non presenciais / traballo autónomo
Horas totais
Sesión maxistral
18
0
18
Proba obxectiva
2
11
13
Prácticas a través de TIC
18
9
27
Traballos tutelados
2
40
42
Atención personalizada
0
0
0
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Sesión maxistral
Impartiranse clases teóricas (en forma de leccións maxistrais) nas que se presentan contidos fundamentais da materia.
Proba obxectiva
arase un exame co obxectivo de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos nas clases teóricas ou leccións maxistrais.
Prácticas a través de TIC
Realizaranse prácticas de ordenador, que se enfocarán como traballos dirixidos polo profesorado. Nelas os alumnos aprenderán de maneira práctica a utilizar ferramentas informáticas no campo de materiais (para a busca de información, para a visualización de estruturas, para a caracterización mediante técnicas como DRX ou microscopia electrónica, etc.)
Traballos tutelados
- Traballos. Tamén se realizarán traballos sobre algún tema concreto clave e de actualidade, do ámbito da Ciencia de Materiais, a elixir entre alumnos e profesores. Os traballos presentaranse por escrito e tamén de maneira oral.
- Titorías. Entrevistas persoais levadas a cabo cos alumnos, de carácter voluntario por parte dos mesmos, e co obxecto de resolverlle dúbidas ou orientalo en calquera aspecto relativo á materia.
Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
(Metodoloxías xa descritas)
Avaliación
Metodoloxías
Descrición
Cualificación
Proba obxectiva
(Xa descrito)
25
Prácticas a través de TIC
(Xa descrito)
25
Traballos tutelados
(Xa descrito)
50
Observacións avaliación
• A asistencia ás clases presenciais (tanto de teoría como de prácticas) é obrigatoria e imprescindible para poder ser avaliado.
• Farase un exame (de aproximadamente unha hora de duración) co obxectivo de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos nas clases teóricas ou leccións maxistrais.
• No caso das clases prácticas, a cualificación estará baseada na avaliación continuada por parte do Profesor do traballo realizado polo alumno e do seu progreso ao longo do curso.
• Tamén se avaliará a presentación (por escrito e oral) dun traballo sobre tema concreto, previamente establecido, clave e de actualidade, do ámbito da Ciencia de Materiais.
Fontes de información
Bibliografía básica
· A.R. West. " Solid State Chemistry and its Applications", John Wiley & Sons, Chichester, (1992)
· A.K. Cheetham, P. Day. "Solid State Chemistry: Techniques”. Oxford
Science Publications, Oxford (1988)
· A.K. Cheetham, P. Day. "Solid State Chemistry: Compounds”. Oxford
Science Publications, Oxford (1988)
· C.N.R. Rao y R.V. Gopalakrishnan. "New Directions in Solid State
Chemistry", 2ª ed. Cambridge Univ. Press, Cambridge (1997)
· L.V. Interrante, M.J. Hampden-Smith (ed.). "Chemistry of Advanced
Materials. An Overview", Wiley-VCH, New-York (1998)
· R. Catlow, A.Cheetham (ed.). "New Trend in Materials Chemistry",
Kluwer Academic Publishers
· R.W. Cahn (ed.). "The Comming
of Materials Science", Pergamon Materials Series, Ed. Pergamon, Amsterdam
(2001)
· C.N.Rao. "Novel materials, materials design and synthetic strategies:
recent advances and new directions", Journal of Materials Science, vol. 9 pp. 1-14 (1999)
Bibliografía complementaria
Recursos Web:
· Enlaces as páxinas web das revistas máis representativas no ámbito da Química do Estado Sólido e da Ciencia dos Materiais, por exemplo: Nature Materials, Progress in Materials Science, Advanced Materials, Chemistry of Materials, Nanotechnology, Current Opinion on Solid State Materials, Journal of Materials Chemistry, Progress on Solid State Chemistry, Journal of Solid State Chemisty, Solid State Sciences, International Journal of Inorganic Materials
· Enlaces a páxinas web de investigadores, centros ou organismos, con información clave sobre Ciencia de Materiais (veranse ao longo do desenvolvemento da materia).
· Programas informáticos de libre acceso para a visualización de estruturas e caracterización de materiais (veranse ao longo do desenvolvemento da materia).
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
O alumno debe ter asentados os coñecementos básicos de Química do Estado Sólido sobre estrutura, enlace e reactividade de sólidos.
Ademáis é recomendable que teña un coñecemento básico de Ciencia de Materiais, sobre as propiedades (eléctricas, magnéticas, mecánicas) máis relevantes dos diferentes tipos de materiais (cerámicos, metálicos, polímeros e compostos).
Estes coñecementos corresponden cos impartidos na parte de Química do Estado Sólido da materia Química Inorgánica Avanzada de 4º curso, e na materia Ciencia de Materiais de 5º curso, da Licenciatura de Química da UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías