Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Novas perspectivas da Química de Coordinación Código 610446210
Titulación
Mestrado universitario en Química Ambiental e Fundamental
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Esteban Gomez, David
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
Profesorado
Esteban Gomez, David
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura “Novas Perspectivas da Química de Coordinación” ten como obxectivo xeral proporcionar ao alumno unha formación avanzada no campo da Química da Coordinación dirixida a unha especialización de carácter investigador. O curso pretende proporcionar unha visión xeral das novas tendencias na Química de Coordinación moderna, con especial énfase no deseño de ligandos, a determinación estructural e a relación entre a estructura e as propiedades dos compostos de coordinación. Fomentarase tamén o manexo da bibliografía científica especializada dentro do campo da química, e especialmente da química inorgánica.
Esta asignatura forma parte posgrao en Química Ambiental e Fundamental, que ten como obxectivo xeral formar especialistas competentes en Química, con posíbeis orientacións cara o medio ambiente, a síntese e caracterización de novos compostos químicos, productos e materiais, etc., que poidan abordar e resolver os problemas que demandan a industria, a administración e a sociedade en xeral, impulsando a investigación, o desenvolvemento e máis innovación científico-tecnolóxica, tanto nos niveis fundamental como aplicado.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Proporcionar unha formación avanzada no campo da Química de Coordinación dirixida a unha especialización investigadora AP1
AI1
BM8
BM9
Deseñar compostos de coordinación con estrutura e propiedades determinadas. AP1
AM10
Manexar as fontes bibliográficas básicas en Química da Coordinación e utilizalas dun xeito eficaz para obter información sobre a estrutura e enlace. BM4
BM7
BM11
BM15
CM3
CM6
Comprender a importancia dos compostos de coordinación e as súas aplicacións na vida diaria, así como as súas implicacións no benestar da sociedade. CM8
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos no ámbito da Química de Coordinación. AM10
BM4
BM7
BM12
Traballar con soltura, limpeza e seguridade nun laboratorio de investigación. AI1
AM10
BM2
BM3
BM7
CM8
Elaborar e presentar correctamente traballos bibliográficos de investigación e informes sobre o traballo realizado nos laboratorios. CM1
CM2
CM6
Manexar a instrumentación científica para a caracterización e estudo das propiedades dos compostos de coordinación. AI1
AM4
BM2
BM4
BM5
BM7
BM13
BM15
CM6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. AM2
BM3
BM8
BM16
BM17
CM4
CM7
CM8
Coñecer e aplicar software científico para o estudo estrutural e das propiedades dos compostos de coordinación. AI1
AM4
BM7
BM15

Contidos
Temas Subtemas
TEMARIO TEÓRICO
1.- Introducción


Química da Coordinación. Orixe e evolución.
2.- Clasificación dos Ligandos e deseño de Compostos de Coordinación. Ligandos de cadea aberta e macrocíclicos. Familias.
3.- Preparación de Compostos de Coordinación. Factores termodinámicos e Estabilidade dos Compostos de Coordinación. Métodos de síntese. Síntese de macrociclos: síntese directa e plantilla. Arquitectura macrocíclica. Efecto quelato, efecto macrocíclico e efecto criptato.
4.- Estereoquímica e Isomería dos Compostos de Coordinación
Isomerías de ionización, coordinación, posición, coformacional, estrutural e óptica.
5.- Química de Coordinación Supramolecular
Química Supramolecular. Recoñecemento molecular e autoensablaxe. Enlace de hidróxeno.
6.- Fotoquímica de Compostos de Coordinación
Propiedades fotoquímicas. Sensores fotoquímicos. Recoñecemento selectivo.
7.- Aplicacións dos Compostos de Coordinación Axentes de contraste RMI. Extracción selectiva. Modelos de centros activos en enzimas. Recoñecemento de metabolitos.
TEMARIO PRÁCTICAS
1.- Seminario: Recursos Bibliográficos

2.- Estudo das Propiedades Fotofísicas de grupos cromóforos e fluoróforos en recoñecemento de sustratos

3.- Determinación de Constantes de Asociación Sustrato-receptor.

4.- Extracción selectiva de sales inorgánicas. Catálise de transferencia de fase. Efecto cooperativo de subunidades de recoñecemento catión-anión.

- Bases de datos e recurso bibliográficos na Química da Coordinación e Supramolecular.

- Determinación da estabilidade dos compostos de coordinación mediante métodos espectroscópicos.

- Estudo conformacional en disolución mediante técnicas espectrocópicas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 10 20 30
Prácticas de laboratorio 10 4.5 14.5
Traballos tutelados 3 21 24
Prácticas a través de TIC 10 4.5 14.5
Proba obxectiva 2 14 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A metodoloxía docente iniciarase cun total de dez sesións de clases expositivas dunha hora de duración.
Prácticas de laboratorio Durante as sesións maxistrais intercalaranse un total de tres sesións (de catro horas de duración) de clases prácticas presenciais de aula e laboratorio.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar un traballo dirixido que suporá o estudo e resolución dun caso práctico que lle será asignado polo profesor. A docencia completarase con titorías personalizadas nas que se resolverán dúbidas que o alumno poida prantexar, e se realizará o traballo de titorización do traballo de prácticas dirixido.
Prácticas a través de TIC Para o deselvolvemento de prácticas nas que é imprescincible a utilización de software específico (dúas sesions de catro horas) o traballo levarase a cabo con soporte informático de xeito colaborativo.
Proba obxectiva Realizarase unha proba escrita, co propósito de avaliar o grao de asimilación dos contidos da materia e das competencias acadadas polo alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Para a elaboración do traballo tutelado dirixido, así como das prácticas de laboratorio e a través de TIC, o alumno participará dunha titoría personalizada que lle permitirá resolver posibles dúbidas dun xeito interactivo e que servirá para avaliar a evolución da aprendizaxe autónoma do alumno. Estas titorías de orientación están configuradas coma entrevistas individuais, de tal xeito que permiten facer un seguemento do traballo do alumnado con fin orientar na definición clara dos obxectivos, evitar a dispersión de contidos e garantir que se acaden as competencias descritas na materia.
Asemade, nas sesións maxistrais establecerase unha dinámica de participación activa profesor-alumno de tal xeito que o alumno participe la resolución de exercicios prácticos que lle servirán de base para a elaboración do traballo tutelado así como para a preparación da proba escrita.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Avaliarase a aprendizaxe e manexo de software específico en casos prácticos. 20
Traballos tutelados Valorarase a realización, elaboración do correspondente informe escrito e exposición dun traballo dirixido. 25
Prácticas de laboratorio O profesor avaliará o traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. 20
Sesión maxistral Avaliarase a participación activa do alumno durante a sesións maxistrais entendidas como exposicións orais participativas. 5
Proba obxectiva A avaliación das clases expositivas realizarase mediante unha proba escrita de duración igual ou inferior ás dúas horas. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación do traballo práctico presencial do alumno realizarase de maneira continuada ao longo do curso. A avaliación do traballo práctico dirixido realizarase a partir de:


1) As titorías personalizadas realizadas a cada alumno.


2) O informe que entregará o alumno sobre o traballo realizado e


3) A exposición oral do traballo tutelado


A avaliación das clases expositivas realizarase mediante unha proba escrita de duración igual ou inferior ás dúas horas. A asistencia ás clases expositivas e clases prácticas presenciais é condición necesaria para a superación do curso. O absentismo do alumno sen causa xustificada a máis dun 10% dos créditos presenciais implicará unha cualificación de suspenso. Para a superación da materia e preciso acadar un mínimo de 5 puntos na nota final (sendo condición necesaria a de acadar un mínimo de 4 puntos na proba obxectiva).


Fontes de información
Bibliografía básica Joan Ribas Gispert (2008). Coordination Chemistry. Weinheim : Wiley-VCH

Bibliografía complementaria J. A. McCleverty, T. J. Meyer (2004). Comprehensive Coordination Chemistry II from Biology to Nanotechnology. Elsevier Pergamon
Kettle, Sidney F. A. (1998). Physical Inorganic Chemistry. A Coordination Chemistry Approach. Oxford University Press

O alumno manexará bases de datos e revistas científicasen formato electrónico empregando os recursos da biblioteca universitaria.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O curso diríxese a alumnos que teñen cursadas as materias básicas de Química Inorgánica, e que posúen coñecementos básicos de espectroscopia electrónica de absorción e emisión así como de diferentes técnicas de determinación estructural.

O material relativo ós contidos das sesións maxistrais e guións de prácticas de laboratorio ou de prácticas realizadas a través de TIC poranse á disposición do alumno coa suficiente antelación.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías