Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Tratamento de resíduos sólidos Código 610446225
Titulación
Mestrado universitario en Química Ambiental e Fundamental
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
m.soto@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia optativa impártese no itinerario ambiental do Master en Química Ambiental e Fundamental. Xunto con outras materias como Tratamento de augas residuais e naturais, e Tratamento de gases, conforma un itinerario de especialización en tecnoloxías ambientais desde a química. O programa céntrase no laboratorio de residuos, incluíndo os principais métodos para a caracterización de resíduos sólidos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Dominio da tipoloxía de resíduos e das técnicas e metodoloxías para a súa caracterización e tratabilidade. AM1
AM2
AM4
AM7
AM8
BM3
BM11
BM15
BM16
Capacidade para desenvolver actividades profisionais no eido das tecnoloxías de tratamento de residuos. AP1
BM3
BM14
BM16
Concebir o tratamento dos R.S.U. dende un punto de vista ecolóxico, procurando a súa eliminación, almacenamento ou transformación como unha solución que contribúa a evita-lo deterioro do medio ambiente. saber ser/estar BM16
CM4
CM5
Dominio das técnicas de prevención, recollida selectiva, tratamento e vertido controlado de residuos. AM1
AM4
AM7
Desenvolver capacidade de traballo en grupo BM2
BM6
BM13
BM14
Elaborar esquemas, cadros e resumos BM9
BM11
BM13
BM14
BM15
Capacidade para desenvolver actividades de investigación no eido das tecnoloxías de tratamento de residuos. AP1
AM2
BM3
BM7
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
PREVENCIÓN. MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS E EMISIÓNS Definición e obxectivos
A planificación da prevención da contaminación
Auditoria ambiental dirixida a minimización
Plano de minimización de residuos
Boas prácticas industriais
Exemplos e potencial para a minimización
OS RESIDUOS Definición de residuo
Tipos de residuos. Clasificación
Cantidades, composición e carcterísticas
Impacto ambiental dos residuos
Lexislación e planificación
ALTERNATIVAS DE TRATAMENTO Xerarquia nas opcións de xestión
Recollida selectiva
Reciclaxe
Tratamentos biolóxicos. Compostaxe. Biogás.
Tratamentos térmicos. Incineración
Tratamento fisicoquímico
Vertido controlado
Situación do tratamento de residuos en Galiza
BIODEGRADABILIDADE E TOXICIDADE Introdución a toxicoloxia
Toxicidade ambiental. Ecotoxicidade.
Biodegradabilidade e toxicidade de efluentes residuais e residuos sólidos
LABORATORIO DE RESIDUOS Caracterización de RU e fraccións (tipos de materiais)
Compostaxe a pequena escala
Biodegradabilidade aerobia. Respirometría. Estabilidade de residuos e compost.
Biodegradabilidade anaerobia. Potencial metanoxénico
Toxicidade microbiana. Ecotoxicidade

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 3 4.5 7.5
Sesión maxistral 11 22 33
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Prácticas de laboratorio 15 15 30
Esquemas 1 2 3
Proba obxectiva 1 0 1
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Empregaranse artigos científicos para a presentación, concreción e/ou profundización nalgúns contidos da materia.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos chave. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos, táboas e resumo que considere oportuno.
Actividades iniciais Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos, e métodos de seguimento dos mesmos e caracterización de residuos, seguida da obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Esquemas Solicitarase do alumno ou alumna a elaboración de esquemas ou outras modalidades de representación gráfica e simplificada da información tratada nas sesións maxistrais e nas fontes documentais.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio terá lugar directamente durante a súa realización.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Seguimento personalizado da realización/participación do/a alumno/a nas mesmas. 5
Sesión maxistral Avaliación continuada da participación do/a alumno/a nas mesmas 10
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 40
Esquemas Seguimento personalizado da súa realización e calidade 5
Proba obxectiva Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas 40
 
Observacións avaliación
As memorias de laboratorio deberán ser entregadas no prazo máximo de 2 semanas, e os esquemas no prazo de dous días segundo indicación do/a profesor/a.

A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas e/ou non se presenten á proba obxectiva.

Fontes de información
Bibliografía básica Lasaridi, K.E. e Stentiford, E.I. (1998). A simple respirometric technique for assessing compost stability. . Water Research, 32, 3717–3723.
W.F. Brinton Jr, E. Evans, M.L. Droffner e R.B. Brinton. (1995). Standardized test for evaluation of compost self-heating . BioCycle, pp 64-69
M. Soto e A. De Vega (Ed.) (2001). TRATAMENTO DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS . A Coruña. Universidade da Coruña
E. Iglesias-Jiménez, M.T. Barral Silva e F.C. Marhuenda Egea (2008). “Indicadores de la estabilidad y madurez del compost”. En Compostaje. J.Moreno e R.Moral (ed). P. 243-283. . Madrid. Mundi Pres.

Bibliografía complementaria (1995-2008). ADEGA-Cadernos. Santiago de Compostela. Ed. ADEGA
G. Tchobanoglous, H. Theisen and S.Vigil (1994). GESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS SÓLIDOS . Madrid. McGraw-Hill
(). http://www.envirowise.gov.uk/; www.sogama.es.
(). http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.adega.info; http://reports.eea.europa.eu; http://www.epa.gov/epaoswer/non-hw/reduce/;.
van Berkel, R. e Koppent, P. (1991). Industrial Process Analisis. Prisma Project.. Delft. International Institute for Hydraulic and Environmental Engineering (IIHEE)
Institut Cerdá (1994). MANUAL DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS Y EMISIONES INDUSTRIALES . I. Cerdá. Barcelona
Zakrzewski, S.F. (1991). Principles of Environmental Toxicology . Washington. ACS
X.E. Castells (2000). RECICLAJE DE RESÍDUOS INDUSTRIALES . Madrid. Díaz de Santos
(1990-2009). Revista CERNA (Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente). Santiago de Compostela. Ed. ADEGA
Bitton, G e Dutka, B.J. (ed.) (1986). Toxicity Testing Using Microorganisms . Boca Raton. CRC PRESS


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías