Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Residuos Código 610459108
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Física
Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Domínguez Pérez, Montserrat
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
pablo.ligero@udc.es
m.soto@udc.es
Web
Descrición xeral Este módulo forma parte do Programa Oficial de Posgrao de Ciencia e Tecnoloxía Ambiental como asignatura obrigatoria e ten por obxectivo intorducir ao/á alumno/a na problemática dos residuos, a súa xestión e as tecnoloxías de tratamento.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer a problemática ambiental no marco dos distintos recursos: aire, auga y chan.
A2 Dominar as tecnoloxías de eliminación ou diminución da contaminación e impactos ambientais.
A3 Posuír coñecementos complementarios necesarios para a realización de estudos de impacto ambiental e outros estudos de carácter ambiental.
A4 Posibilitar a colaboración técnica en proxectos relacionados coa problemática ambiental.
A5 Ter capacidade para asesoramento ambiental, especialmente enfocada á capacidade de dar solucións tanto a empresas como ás distintas administracións.
A6 Mostrar capacidade e habilidade para resolver un problema, ou levar a cabo un estudo medioambiental.
B1 Capacidade de análise y síntese.
B2 Capacidade de organización.
B3 Capacidade de xestión da información.
B5 Toma de decisións.
B6 Traballo en equipos interdisciplinares.
B11 Compromiso ético.
B14 Creatividade.
B15 Capacidade de liderado.
B19 Sensibilidade cara á contorno.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Dominio da tipoloxía de resíduos e coñecer o marco legal comunitario, estatal e autonómico sobre residuos. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
BP1
BP3
BP19
Capacidade para desenvolver actividades profisionais no eido das tecnoloxías de tratamento de residuos. AP5
AP6
BP11
Traballar en grupo BP2
BP5
BP6
BP15
CM7
Elaborar esquemas, cadros e resumos, e manexar táboas e gráficos. BP1
BP2
BP3
BP5
BP14
Aplicar na práctica os coñecementos teóricos da materia AP6
Concebir o tratamento dos R.S.U. dende un punto de vista ecolóxico, procurando a súa eliminación, almacenamento ou transformación como unha solución que contribúa a evita-lo deterioro do medio ambiente. BP19
CM4
CM6
Dominio das técnicas de prevención, recollida selectiva, tratamento e vertido controlado de residuos. AP2
AP5
AP6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
OS RESIDUOS Definición de residuo
Tipos de residuos. Clasificación
Cantidades, composición e carcterísticas
Impacto ambiental dos residuos
Lexislación e planificación
MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS A necesidade da prevención, Plano de prevención, Auditoria ambiental dirixida a minimización, Plano de minimización de resíduos, Boas praticas industriais, Exemplos
RECOLLIDA SELECTIVA E RECICLAXE Recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.
Recollida de residuos perigosos e especiais.
Clasificación de RSU en destino. Calidade e comercialización.
Balances ambientais da reciclaxe e da compostaxe.
COMPOSTAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS Definicións. O proceso de compostaxe
Parámetros de control do proceso
Tecnoloxías de compostaxe
BIOMETANIZACIÓN DE RESIDUOS ORGÁNICOS Dixestión anaerobia
A tecnoloxía anaerobia para o tratamento da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos
TRATAMENTO TÉRMICO DE RESIDUOS Datos enerxéticos dos residuos. Poder calorífico.
Control das emisións de incineradoras de residuos
TRATAMENTO FÍSICO-QUÍMICO DE RESIDUOS PERIGOSOS O CTRIG (Centro De Tratamento De Residuos Industrias De Galiza)
Métodos e operacións de tratamento físico-químico
VERTIDO CONTROLADO DE RESIDUOS O marco normativo actual
Deseño, operación e control de vertedoiros

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 1 3 4
Sesión maxistral 16 24 40
Actividades iniciais 1 0 1
Prácticas de laboratorio 8 12 20
Saídas de campo 8 8 16
Proba obxectiva 1 0 1
Seminario 6 12 18
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Empregarase un artigo científico para a presentación dunha situación complexa relacionada coa materia e como síntese de contidos de carácter práctico.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de meidos audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará perguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos claves. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.
Actividades iniciais Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado.
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Saídas de campo Realizarase unha visita a dúas instalacioóns de tratamento de residuos, na que os alumnos deberán recoller información directa, completala con ifnormación adicional (independente ou de diversas fontes), analizala criticamente e sacar conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados nos seminarios e sesións maxistrais.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e achega de documentación para a súa análise, estudo-debate e conclusións no grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Saídas de campo
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio terá lugar directamente durante a súa realización.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Seguimento personalizado da realización/participación do/a alumno/a nas mesmas. 4
Sesión maxistral Avaliación continuada da participación do/a alumno/a nas mesmas 6
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 20
Saídas de campo A realización das saídas de campo (visitas a plantas de tratamento) e a elaboración dunha memoria conforme ós aspectos formais básicos puntuará un 50% do apartado, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 12
Proba obxectiva Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas 40
Seminario Avaliación continuada da participación do/a alumno/a. 18
 
Observacións avaliación
Os traballos tutelados (de revisión bibliográfica, etc), ou as memorias de laboratorio e de campo e laboratorio deberán ser entregados no prázo máximo de 2 semanas.

A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas e/ou non se presenten á proba obxectiva.

Fontes de información
Bibliografía básica G. Tchobanoglous, H. Theisen and S.Vigil (1994). GESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS SÓLIDOS. Madrid. McGraw-Hill
C.Finet, (1987). Heating Value of Municipal Solid Waste. Waste Management and Research. 5, 141-145
Institut Cerdá (1994). MANUAL DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS Y EMISIONES INDUSTRIALES. Barcelona
X.E. Castells (2000). RECICLAJE DE RESÍDUOS INDUSTRIALES. Madrid. Díaz de Santos
M. Soto e A. Vega (Ed.) (2001). Tratamento de resíduos sólidos urbanos . Universidade da Coruña.
American Public Works Association (1976). Tratamiento de los Residuos Urbanos. Madrid. Instituto de Estudios de la Administración Local

Bibliografía complementaria (1995-2008). ADEGA-Cadernos. Santiago de Compostela. Ed. ADEGA
Moreno Casco, J. / Moral Herrero, R. (2008). COMPOSTAJE. Madrid. Mundi Pres.
Carlos Franjo (1991). Determinación del Poder Calorífico de RSU para su Tratamiento por Incineración . Santiago, Tesis Doctoral USC
(). http://www.envirowise.gov.uk/; www.sogama.es.
(). http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.adega.info; http://reports.eea.europa.eu; http://www.epa.gov/epaoswer/non-hw/reduce/;.
(1990-2009). Revista CERNA (Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente). Santiago de Compostela. Ed. ADEGA


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase que os alumnos posúan coñecementos básicos de física, química, bioquímica, enxeñería química e matemáticas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías