Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro. |
A2 |
Deseño de novas especies químicas e materiais con propiedades determinadas. |
A3 |
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural. |
A4 |
Coñecer en profundidade as características e fundamentos de diversos modelos químicos para o estudo de sistemas orgánicos, inorgánicos e biolóxicos, incluídos os materiais con proxección tecnológica. |
A8 |
Coñecer os fundamentos das interaccións intermoleculares e as súas aplicacións no campo da catálise supramolecular,recoñecemento molecular e biocatálise. |
A9 |
Coñecer algunhas aplicacións básicas da química computacional e dos programas de cálculo máis utilizados nos ámbitos da química e o medio ambiente. |
A11 |
Coñecer as distintas técnicas experimentais e computacionales orientadas á caracterización de mecanismos de reacción. |
A20 |
Coñecemento dos principais tipos de produtos naturais: enzimas, receptores moleculares, etc. Entender a súa participación en procesos de catálise e autoensamblaxe. |
A22 |
Dominar as técnicas instrumentais de análises máis típicas no ámbito químico profesional. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado. |
B7 |
Ser capaz de planificar adecuadamente desenvolvementos experimentais, a un nivel especializado. |
C4 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C5 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C6 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C9 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C11 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Comprender as principais ideas do campo da Nanoquímica, as súas aplicacións e perspectivas de futuro dos nanomateriais |
AM1 AM2 AM3 AM22
|
BM1 BM2 BM5 BM6 BM7
|
CM4 CM5 CM6 CM11
|
Coñecer os fundamentos da Química Supramolecular. |
AM2 AM8 AM20
|
BM2
|
CM4 CM5 CM11
|
Coñecer a relevancia das especies inorgánicas e dos novos materiais nas aplicacións tecnolóxicas, industriais e médicas |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM9 AM22
|
BM1 BM2 BM5 BM6 BM7
|
CM4 CM5 CM6 CM11
|
Coñecer diversas técnicas avanzadas de caracterización e modelización de especies inorgánicas |
AM8 AM9 AM11 AM22
|
BM5 BM6
|
CM4 CM5 CM9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Nanoquímica e nanomateriais |
- Introducción general . Principios básicos
-Diseño, preparación y caracterización de nanomateriales
- Propiedades de nanomateriales
- Aplicaciones |
2.- Química Supramolecular |
Química Supramolecular. Recoñecemento molecular e autoensablaxe. Enlace de hidróxeno. |
3.- Especies Inorgánicas e novos materiais con aplicación tecnolóxicas, industriais e médicas |
Recoorrido por distintos campos de actividad en el ámbito de "Materiales Avanzados": materiales termoeléctricos, magnetorresistivos, pilas de combistible, materiales dieléctricos, MOFs, etc. Principales aplicaciones
Sensores fotofísicos: Recoñecemento selectivo de anións e metabolitos.
Axentes de contraste RMI.
Extracción selectiva. |
4.- Técnicas avanzadas de caracterización e modelización de especies inorgánicas |
- Espectroscopias de absorción y emisión electrónica en recoñecemento molecular.
- Química computacional. Cálculos DFT. |
TEMARIO PRÁCTICAS
1.- Seminario: Recursos Bibliográficos.
2. Síntesis y caracterización de nanomateriales
3.- Propiedades Fotofísicas de grupos cromóforos e fluoróforos en recoñecemento de sustratos.
4.- Química Computacional Aplicada á Química Supramolecular: Exemplos Prácticos
5.- Extracción selectiva de sales inorgánicas.
|
- Bases de datos e recursos bibliográficos
-Síntesis y caracterización de nanopartículas magnéticas
- Determinación de Constantes de Asociación sustrato-receptor mediante métodos espectroscópicos.
- Estudo conformacional en disolución mediante técnicas espectrocópicas.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
20 |
20 |
40 |
Estudo de casos |
10 |
10 |
20 |
Traballos tutelados |
0 |
20 |
20 |
Seminario |
8 |
20 |
28 |
Prácticas de laboratorio |
10 |
10 |
20 |
Proba obxectiva |
2 |
18 |
20 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Son clases presenciais en grupo, normalmente en formato de lección maxistral, nas que se expoñerán os contidos formativos teóricos da materia na aula. Expoñeranse os aspectos fundamentais da materia tratada e as claves para que o alumnado posteriormente poida completalos a nivel individual. |
Estudo de casos |
Impartiranse en grupos moi reducidos de alumnos, e neles formularanse e desenvolveranse experimentos, cálculos ou procedementos de tratamento e análise de datos, e interpretaranse os resultados obtidos. O seu obxectivo é capacitar ao alumnado para realizar traballos experimentais e/ou analizar e procesar datos. Ademais, serán un complemento para as clases expositivas e os obradoiros, e un instrumento eficaz para estimular nos estudantes as súas facultades científicas e desenvolver a súa destreza no laboratorio ou no entorno de traballo, o seu razoamento crítico e a comprensión dos procesos baixo estudo. O alumnado, en xeral, deberá ser quen de deseñar e rexistrar adecuadamente os seus propios procedementos. |
Traballos tutelados |
Complementan á docencia expositiva e aos obradoiros e seminarios. Poderán realizarse mediante emprego das TICs, con resultados publicados en aberto, o que lles proporcionará un valor engadido, ao deixaren de ser un produto de uso interno de alumnado e profesorado e pasar a ser información dispoñible publicamente. |
Seminario |
Impartidos en grupos moi reducidos. Esta metodoloxía esta pensada para realizar actividades de aplicación dos contidos teóricos e de resolución de cuestións, sesións de debate e discusión dirixida, problemas, casos, etc. que o profesor propón con antelación para que o alumno as estude e resolva. Con elas preténdese repasar e aclarar cuestións fundamentais e fomentar a participación activa e crítica do alumnado. |
Prácticas de laboratorio |
Como complemento das sesións maxistrais realizaranse sesións prácticas de traballo no laboratorio. |
Proba obxectiva |
Utilizarase para avaliar o grao de adquisición de competencias polo alumnado, así como para sinalar aqueles aspectos da materia que presenten maior dificultade. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Para a elaboración do traballo tutelado dirixido, así como das prácticas de laboratorio e estudo de casos, o alumno participará dunha titoría personalizada que lle permitirá resolver posibles dúbidas dun xeito interactivo e que servirá para avaliar a evolución da aprendizaxe autónoma do alumno.
Estas titorías están configuradas coma entrevistas individuais que permiten facer un seguemento e orientación do traballo do alumnado para unha definición clara dos obxectivos e evitar a dispersión de contidos garantindo así que se acaden as competencias descritas na materia.
Asemade, nas sesións maxistrais establecerase unha dinámica de participación activa profesor-alumno de tal xeito que o alumno se implique na resolución de casos prácticos que lle servirán de base para a elaboración do traballo tutelado e/ou para a preparación da proba escrita.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
Avaliarase o grao de aproveitamento do traballo práctico realizado, así como os diferentes informes que o alumando terá que emitir. |
20 |
Traballos tutelados |
Avaliaranse os traballos realizados polo alumnado, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. |
20 |
Seminario |
Cualificarase a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado. |
10 |
Proba obxectiva |
Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test e problemas, que serán similares aos formulados ao longo do curso. |
30 |
Prácticas de laboratorio |
O profesor avaliará o traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e análise de resultados obtidos. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia o alumnado deberá sumar un mínimo de 50 puntos (sobre un máximo de 100) entre as diferentes actividades avaliables, así como obter unha cualificación mínima de 15 puntos (sobre 30) na proba mixta.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Posto que se trata dunha materia multidisciplinar e que presentará aspectos relacionados coa Química Inorgánica máis actual, non existen libros de texto axeitados. A bibliografía será proporcionado polo profesorado ao principio do curso, e consistirá en publicacións científicas, normalmente en forma de “reviews”, así como fragmentos escollidos de libros especializados. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para abordar con garantía o estudo desta materia recoméndase que o alumnado posúa os coñecementos de química propios da titulación grao en Química. |
|