Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Adaptacións funcionais da fauna ao medio Código 610G02037
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Profesorado
Galan Regalado, Pedro Manuel
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Servia García, María José
Correo electrónico
pedro.galan@udc.es
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
maria.servia@udc.es
Web
Descrición xeral - Estudo dos factores que inciden na distribución da fauna nos diferentes medios.
- Caracterización de ambientes e comunidades no medio mariño, augas doces e medio terrestre.
- Adaptacións funcionais (térmicas, locomotoras, tróficas, reprodutivas), anatómicas e comportamentais da fauna nos diferentes medios.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A23 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
- Adquirir coñecementos básicos que permitan comprender o funcionamento dos animais no seu medio, susceptíbeis de aplicación en estudos do medio natural, biodiversidade e manexo de organismos en condicións experimentais. A6
A19
A20
B1
B2
C7
C8
- Habilidades de aplicación en estudos ambientais. A6
A20
A23
B2
B4
B5
C6
C8
- Capacidade de definir conceptos, síntese e relación dos mesmos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, manexos virtuais, etc.), redactar, coordinar e executar proxectos. A19
A27
A29
B1
B3
B4
B5
C1
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
MEDIO MARIÑO. Temas 1-8 Tema 1.- O medio mariño. Factores que inciden na distribución da fauna. Divisións bióticas do medio mariño. Fauna litoral, peláxica e abisal. O pélagos e o bentos.

Tema 2.- O pélagos: plancton e necton. Clasificación: criterios biolóxicos, topográficos e dimensionais. Distribución espacial, temporal, vertical e migracións nictimerais (significación). Vida larvaria: modelos e adaptacións á dispersión, recrutamento, alimentación e hábitat.

Tema 3.- O necton. Concepto. Composición. Ciclos de vida no necton: reprodución, movementos e migracións, alimentación e dinámica das poboacións nectónicas.

Tema 4.- O bentos: sistema litoral e sistema profundo. Zonación. Factores que inciden na vida na costa: mareas, temperatura, efecto mecánico das ondas, variacións de salinidade.
Adaptacións dos organismos intermareais: deshidratación, balance de calor, estres mecánico, respiración, alimentación, estres salino, reprodución.

Tema 5.- Fondos brandos. Características: composición/tamaño do gran, selección do sedimento, barras e marcas rizadas, e osixenación do sedimento. Adaptacións e clasificación da fauna: hábitat, mobilidade, tamaño e alimentación. Vida sobre superficies duras. Organismos sésiles: adaptacións, disposición e fluxo de auga. Suspensívoros, herbívoros e carnívoros nos substratos duros.

Tema 6.- Da plataforma continental ás augas profundas. Estabilidade ambiental nas augas profundas. O ambiente físico: características xerais.
Adaptacións á escaseza de alimento, ausencia de luz - visión - bioluminiscencia, cor, presión, e modelos de alimentación, reprodución e crecemento. Bentos profundo.

Tema 7.- Adaptacións á vida peláxica. Plancton: suspensión e flotabilidade, natación. Necton: modelos de flotabilidade, locomoción, forma corporal e protección.

Tema 8.- Adaptacións da infauna bentónica: animais escavadores e intersticiais. Mecanismos de alimentación. Soterramento e influencia da actividade animal na estrutura do sedimento.

AUGAS DOCES. Temas 9-16 Tema 9.- As augas doces. Tipoloxía das augas epicontinentais. Medios lóticos e lénticos: características xerais. As augas subterráneas e outros ambientes especiais.

Tema 10.- Factores que inciden na distribución da fauna: características químicas das augas continentais, morfoloxía e dinámica fluvial. Principais características físico-químicas e morfométricas dos ecosistemas fluviais galegos. Tipos de comunidades de organismos nos medios acuáticos.

Tema 11.- O bentos. Clasificación. Principais grupos faunísticos e ciclos de vida.

Tema 12.- Adaptacións do bentos á vida en augas correntes. A importancia do movemento da auga. Transporte de sedimentos e natureza do substrato. Adaptacións morfolóxicas. Mecanismos respiratorios. Adaptacións alimentarias: grupos tróficos ou funcionais. Adaptacións dos ciclos vitais. Voltinismo. Outras adaptacións etolóxicas ou fisiolóxicas.

Tema 13.- A deriva. Composición da deriva. A deriva e o bentos. Distancia de deriva. Variacións temporais e espaciais. Deriva accidental e deriva catastrófica. Cuantificación. Efectos da deriva. Mecanismos compensadores da deriva.

Tema 14.- O neuston. Características especiais da superficie da auga. Principais grupos do neuston. Adaptacións xerais.

Tema 15.- O plancton. Composición. Adaptacións xerais á vida planctónica nas augas doces.

Tema 16.- O necton. Composición. Modos de vida. Estratexias alimentarias. Adaptacións fisiolóxicas e comportamentais relacionadas coa migración e reprodución.

MEDIO TERRESTRE. Temas 17-23 Tema 17. Introdución xeral aos medios terrestre. Características dos medios terrestres, en relación aos acuáticos, como hábitat para os animais. Principais condicionantes do medio terrestre para a vida animal.

Tema 18. Orixe acuático da vida. Orixe e evolución dos animais terrestres: primeiros animais terrestres. Rutas principais para a colonización da terra. Evolución dos animais terrestres. Categorías de animais terrestres: concepto e características máis importantes da fauna intersticial, criptozoica, higrófila e xerófila.

Tema 19. Factores que afectan á vida animal no medio terrestre. Introdución xeral aos medios terrestres. Principais factores que afectan á vida animal no medio terrestre: factores topográficos, edáficos, climáticos, bióticos e impacto humano: influencia do home sobre os medios e os animais terrestres.

Tema 20. Adaptacións morfolóxicas á vida terrestre I. Principais condicionantes do medio terrestre para a vida animal. Adaptacións locomotoras e mecánicas dos animais á vida terrestre. Principais adaptacións dos invertebrados non artrópodos para o desprazamento terrestre. Principais adaptacións dos artrópodos para o desprazamento terrestre. O voo dos insectos.

Tema 21. Adaptacións morfolóxicas á vida terrestres II. Adaptacións máis importantes dos vertebrados para a locomoción terrestre. Evolución das modificacións da columna vertebral. Evolución das modificacións das extremidades. O desprazamento dos vertebrados. Adaptacións arborícolas. Outros tipos de desprazamentos: voo, reptación e braquiación.

Tema 22. Adaptacións reprodutoras ao medio terrestre. Condicionantes do medio terrestre para a reprodución dos animais. Adaptacións reprodutoras para a protección dos gametos. Regreso á auga para a reprodución. Uso se pingas de esperma e espermatóforos. Inseminación interna. Adaptacións reprodutoras para a protección das crías. Ovos cleidoicos. Oviparismo e viviparismo. Coidados parentais postnatais.

Tema 23. Adaptacións dos animais aos diferentes medios terrestres. Adaptacións á estacionalidade. Adaptacións ao frío en medios árticos, antárticos e de alta montaña. Adaptacións á seca e á calor en medios áridos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 24 76.8 100.8
Proba obxectiva 3.1 0 3.1
Prácticas de laboratorio 15 1.5 16.5
Seminario 8 18.64 26.64
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais (24) duns 50' de duración, sobre aspectos teóricos do programa. O material gráfico utilizado (presentacións en PowerPoint ou outro tipo de imaxes) estará a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba obxectiva Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aqueles aspectos debatidos nos seminarios.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO. Desenvolvemento das mesmas en 3 sesións, que requiren do manexo de organismos mariños, de augas doces e terrestres, entroncando os datos obtidos con aspectos biolóxicos e do medio natural correspondente.
AO REMATE de cada sesión de prácticas de laboratorio, deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS obtidos no seu desenvolvemento e CONCLUSIÓNS das mesmas (nunha folla por posto de traballo, común para os alumnos do mesmo).
Seminario A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben complementarios que poidan ser de interese en relación coa materia.
No contexto destes seminarios levaranse a cabo debates conxuntamente, que poderán traducirse en discusión e exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL, tendo en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. O ALUMNO AUSENTE nestes debates terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa sesión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
A atención personalizada non está restrinxida ao tratado nas sesións de seminario. Trátase de titorías, sempre que o alumno o requira, nas que se poderán consultar dúbidas e/ou debater sobre do tratado no programa teórico da materia e abordado nas sesións maxistrais, así como nos seminarios, ou ben nas sesións de prácticas de laboratorio.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas. 15
Proba obxectiva Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 70% da nota final (máximo 7 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
70
Seminario Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos conxuntamente por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario.
O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
15
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá así en conta o coñecemento do
programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates
desenvoltos nas sesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades
adquiridas.

-Na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de
NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",
tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio”, e/ou
participaran ou non nos debates desenvoltos nos "seminarios".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado
á "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima
mencionada no apartado “Avaliación”, tendo ou non realizado previamente as
“prácticas de laboratorio”, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltos
nos "seminarios".

-Os alumnos que concorrendo a unha segunda oportunidade de
avaliación
non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio",
terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como parte da
"proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha cualificación
mínima de 5.0

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran
á "proba obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas
de laboratorio” e participaran ou non nos debates desenvoltos nos “seminarios”.

Serán cualificados con SUSPENSO aqueles alumnos que
téndose presentado á "proba obxectiva", non acadaran na mesma a
cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”.


Fontes de información
Bibliografía básica

MEDIO MARIÑO

-Castro, P. & M.E. Huber, 2007. Biología Marina (6ª ed.). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana, 486pp.

-Morrissey, J. & J.L. Sumich 2009. Introduction to the Biology of Marine Life (9th ed.). Sudbury: Jones & Bartlett Publishers, 454pp.

-Nybakken, J.W. & M.D. Bertness, 2005. Marine Biology. An Ecological Approach (6th ed). New York: Pearson- Benjamin Cummings Publishers, 579pp.

-Levinton, J.S., 2011. Marine Biology. Function, Biodiversity, Ecology (International 3ª ed.). New York: Oxford University Press, 588pp.+glosario e índice

AUGAS DOCES

-González, M.A. & F. Cobo, 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules de Ediciones.

-Margalef, R., 1983. Limnología. Omega.

-Petts, G. & P. Calow (eds.), 1996. River biota. Diversity and dynamics. Blackwell Science.

-Tachet, H., P. Ricoux, M. Bournaud & P. Usseglio-Polatera, 2002. Invertébrés d’eau douce. Systématique, biologie, écologie. CNRS Editions.

MEDIO TERRESTRE

-Pough, F. H., C.M. Janis. & J.B. Heiser 2009. Vertebrate Life (8th ed.). London: Prentice Hall.

-Rose, E. 2006. Animal Adaptations for Survival. New York: The Rosen Publishing Group.

-Wilmer, P., G. Stone & I. Johnston 2009. Environmental Physiology of Animals (2nd ed.). John Wiley & Sons.

Bibliografía complementaria

MEDIO MARIÑO

-Berta, A., J.L. Sumich & K.M. Kovacs 2006. Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed). Burlington: Academic Press, 547pp.

-Bone, Q. & R.H. Moore 2008. Biology of Fishes (3rd ed.). Abingdon: Taylor & Francis Group, 478pp.

-Herring, P. 2002. The Biology of the Deep Ocean. Oxford: Oxford University Press, 314pp.

-Karleskint, G., R. Turner & J.W. Small, 2010. Introduction to Marine Biology (International 3rd ed.). Belmont: Books/Cole, Cengage Learning, 581pp.

-Little, C., G.A. Williams & C.D. Trowbridge, 2010. The Biology of Rocky Shores (2nd ed.). Oxford University Press, 356pp.

-Williams, T.M. & G.A.J. Worthy 2002. Anatomy and Physiology: the Challenge of Aquatic Living. In, Marine Mammal Biology. An Evolutionary Approach. Hoelzel, A.R. (ed.) pp. 73-97. Oxford: Blackwell Science, 432pp.

AUGAS DOCES

-Gibert, J., D.L. Danielopol & J.A. Stanford (eds.) 1994. Groundwater ecology. Academic Press.

-Guthrie, M. 1989. Animals of the surface film. Richmond Publishing.

-Lancaster, J. & R.A. Briers 2008. Aquatic insects. Challenges to populations. CAB International.

-Thorp, J.H. & A. Covich (eds.) 2001. Ecology and classification of North American freshwater invertebrates. Academic Press.

MEDIO TERRESTRE

-Biewener, A.A. 2003. Animal Locomotion. Oxford Animal Biology Series. Oxford: Oxford University Press.

-Chapin, III, F.S., P.A. Matson & H.A. Mooney 2012. Principles of Terrestrial Ecosystem Ecology (2nd ed.). Birkhäuser.

-Daly, H.V., J.T. Doyen & A. H. Purcell 1998. Introduction to Insect Biology and Diversity. Oxford University Press USA.

-Pechenik, J.A. 2010. Biology of the Invertebrates. McGraw Hill.

-Linzey, D.W. 2011. Vertebrate Biology (2nd ed.). Johns Hopkins University Press.

-Shugart, H. H. 1998. Terrestrial Ecosystems in Changing Environments. Cambridge University Press.

-Vaughan, T.A., J.M. Ryan & N.J. Czaplewski, 2011. Mammalogy. (5th ed.). Sudbury: Jones and Bartlett Publishers.

-Vitt, L.J. & J. P. Caldwell, 2009. Herpetology (3rd ed.). San Diego, CA: Elsevier. Academic Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Zooloxía: Zooloxía I/610G02031
Zooloxía: Zooloxía II/610G02032
Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal I/610G02035
Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal II/610G02036
Ecoloxía: Ecoloxía I (individuos e ecosistemas)/610G02039
Ecoloxía: Ecoloxía II (poboacions e comunidades)/610G02040

Observacións

-As "sesións maxistrais", aínda que poidan non ser consideradas con carácter obrigatorio por parte do profesor, son especialmente recomendábeis con vistas ao seguimemnto do programa teórico da materia. Particularmente, dado que non se segue ningún texto concreto, recoméndase o seguimento das sesións maxistrais como o xeito máis idóneo para abordar a materia.
-Igualmente esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia.
-Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc).
-Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías