Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Paleobioloxía Código 610G02043
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e da Terra
Coordinación
Bao Casal, Roberto
Correo electrónico
roberto.bao@udc.es
Profesorado
Bao Casal, Roberto
Grandal D`Anglade, Aurora
Correo electrónico
roberto.bao@udc.es
aurora.grandal@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta asignatura estuda os procesos biolóxicos que operan a escala xeolóxica de tempo. Despois de unha introducción as características principais do rexistro fósil e a súa representatividade, se estudan aspectos relativos a análise da forma orgánica, o papel do rexistro fósil no desenvolvemento da Teoría Evolutiva moderna e a análise de procesos paleoecolóxicos e paleobioxeográficos dende una perspectiva evolutiva. No último bloque da materia se pretende obter unha visión da evolución da diversidade da vida ó longo do tempo xeolóxico no contexto dun planeta cambiante, e relacionar os coñecementos xa adquiridos, cara a interpretación da Terra como Sistema.

O enfoque da asignatura é eminentemente conceptual, deixando os aspectos mais puramente descriptivos (Paleontoloxía Sistemática) para as prácticas de laboratorio.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A3 Recoñecer, obter, analizar e interpretar evidencias paleontológicas.
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
B11 Debater en público.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Asumir o concepto de tempo xeolóxico A3
A22
B9
B10
C6
Comprender o fenómeno da fosilización e a representatividade no rexistro fósil das biosferas primitivas A2
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8
Entender cómo os procesos biolóxicos que funcionan a escala xeolóxica de tempo, coma a evolución ou as extincións en masa, non poden explicarse por meras proxeccións dos fenómenos que acontecen a escalas de tempo menor A2
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8
Afondar no coñecemento da teoría evolutiva desde unha perspectiva mutidisciplinar A2
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8
Coñecer de xeito práctico os principais grupos taxonómicos que conforman o rexistro fósil e a súa utilidade A1
A2
A3
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8
Identificar os principais bioeventos na historia da Terra e as súas causas e consecuencias A1
A2
A3
A22
A27
B1
B2
B8
B9
B10
B11
C3
C6
Sintetizar os coñecementos que compoñen disciplinas aparentemente dispares, como Xeoloxía, Ecoloxía, Microbioloxía, Bioquímica, Botánica ou Zooloxía, no marco conceptual que ofrece unha Terra sometida a contínuo cambio A2
A3
A6
A22
A29
B3
B8
B9
B10
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE-1. HISTORIA E CONCEPTO DE PALEOBIOLOXÍA
Tema 1. Introducción á Paleobioloxía 1.1 Introducción
1.2 Rasgos teóricos e rasgos metodolóxicos
1.3 Divisións internas da Paleobioloxía
BLOQUE-2. TAFONOMÍA
Tema 2. Concepto de Fósil. Tafonomía 2.1 Introducción
2.2 Concepto de fósil e tipos
2.3 Procesos bioestratinómicos
2.4 Procesos fosildiaxenéticos
2.5 Icnofósiles
2.6 Promediación temporal
2.7 Concentracións de fósiles
2.8 Modelo de destrucción selectiva vs. modelo de ganancia de información
2.9 Representatividade do rexistro fósil
BLOQUE-3. BIOESTRATIGRAFÍA
Tema 3. Bioestratigrafía 3.1 Introducción
3.2 Fósiles guía
3.3 Biohorizontes e biozonas
3.4 Efecto Signor-Lipps
3.5 Taxóns Lázaro, Elvis i Efecto Zombie
BLOQUE-4. ANÁLISE MORFOLÓXICA
Tema 4. Tamaño e Forma en Fósiles 4.1 Introducción
4.2 Análise da variabilidade morfométrica
4.3 Tipos de crecemento
4.4 Variabilidade poboacional
4.5 Variabilidade ecofenotípica
4.6 Dimorfismo sexual
4.7 Variabilidade tafonómica
Tema 5. Ontoxenia e Heterocronía 5.1 Introducción
5.2 Lei Bioxenética e Lei de von Baer
5.3 Heterocronía e os seus tipos
5.4 Heterocronía e alometría
5.5 Heterocronoclinas
5.6 Heterocronía disociada
5.7 Implicacións evolutivas das heterocronías
Tema 6. Morfodinámica y Evolución Morfológica 6.1 Introducción
6.2 Morfoloxía construccional. Factor filoxenético. Factor funcional. Factor fabricacional. Outros factores
6.3 Métodos de investigación en morfodinámica. Análise Biomecánica. Morfoloxía teórica
BLOQUE-5. PALEOBIOLOXÍA EVOLUTIVA
Tema 7. Clasificación e Filoxenia 7.1 Introducción
7.2 Métodos de clasificación. Esencialismo, clasificacións evolutiva, fenética e cladística
7. 3 Fósiles e filoxenia. Estratocladística. Arbres filoxenéticas
Tema 8. Especiación 8.1 Introducción
8.2 Os conceptos de especie
8.3 Modelos de especiación
8.4 O problema do concepto de especie en Paleontoloxía
Tema 9. Modelos Evolutivos 9.1 Introducción
9.2 Darwinismo e Teoría Sintética da Evolución
9.3 Modelos de evolución e rexistro fósil. Gradualismo filético e equilibrios interrumpidos
9.4 Taxas de evolución
9.5 Tendencias evolutivas
9.6 Selección de especies
9. 7 Estase coordinada
Tema 10. Crises Bióticas 10.1 Introducción
10.2 Concepto e tipos de extinción
10.3 Recuperación tras unha extinción masiva
10.4 Efectos das extincións en masa sobre a evolución
10.5 Periodicidade das extincións masivas
Tema 11. Paleobioxeografía 11.1 Introducción
11.2 Bioxeografía da dispersión
11.3 Paleoxeografía e paleoclimatoloxía
11.4 Bioxeografía vicariante
11.5 Patróns bioxeográficos i extincións
Tema 12. Paleoecoloxía evolutiva 12.1 Introducción
12.2 Cambios globais de diversidade no Fanerozoico. Hipóteses explicativas
12.3 Lei de extinción constante. Hipótese da Raíña Vermella e Modelo do Estado Estacionario
12.4 Interaccións a nivel de clado
BLOQUE 6 HISTORIA DA VIDA
Tema 13. O Tempo en Xeoloxía 13.1 Métodos de datación
13.2 A escala xeocronolóxica
Tema 14. Orixe da Terra e da Vida 14.1 Orixe do Sistema Solar e do Planeta Terra
14.2 Orixe da atmósfera
14.3 Orixe da Hidrosfera
14.4 Formación dos primeiros continentes
14.5 Condicións climáticas no planeta
14.6 Vestixios das primeiras formas de vida.
Tema 15. O eón Proterozoico 15.1 Evolución da atmósfera
15.2 Evolución dos continentes
15.3 A diversificación da vida
15.4 As faunas de Ediacara e outras formas de vida
15.5 A explosión cámbrica.
Tema 16. Rasgos xerais da Era paleozoica 16.1 Evolución climática e xeomorfolóxica do planeta durante o Paleozoico.
Tema 17. A vida no Paleozoico 17.1 Evolución das formas de vida no Paleozoico
17.2 Sucesións faunísticas
17.3 Colonización do medio terrestre
17.4 Os eventos de extincións en masa durante o Paleozoico
17.5 A extinción finipérmica: causas e consecuencias.
Tema 18. Introducción ó Mesozoico 18.1 Evolución climática e xeomorfolóxica do planeta durante o Mesozoico.
Tema 19. A vida no Mesozoico 19.1 Evolución das formas de vida no Mesozoico
19.2 Sucesións faunísticas e florísticas
19.3 Os mares mesozoicos
19.4 A vida en terra firme no Mesozoico
19.5 A extinción finicretácica.
Tema 20. O Cenozoico I: Paleóxeno e Neóxeno 20.1 Evolución climática e xeomorfolóxica durante o Cenozoico. Faunas e floras do Cenozoico.
Tema 21. O Cenozoico II: O Cuaternario 21.1 Os cambios climáticos no Cuaternario: episodios de glaciación global
21.2 Influencia das fluctuaciones climáticas sobre as faunas e as floras cuaternarias.
Tema 22- A evolución humana 22.1 A orixe africana
22.2 Primeira saída de África
22.3 Tipos humanos en Eurasia
22.4 O Homo sapiens anatómicamente moderno e a segunda saída de África.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 24 48 72
Prácticas de laboratorio 6 6 12
Saídas de campo 9 9 18
Seminario 8 16 24
Proba obxectiva 2 10 12
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Se desenvolverán segundo o calendario previsto. Cada unha terá unha duración de 50 minutos. Os materiais máis relevantes e outros de apoio estarán ao dispor dos estudantes vía web (https://campusvirtual.udc.es/moodle/)
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio comprenderán o recoñecemento dos principais grupos de fósiles, tanto na súa morfoloxía xeral coma na súa sistemática. Os alumnos tomarán nota das súas observacións en libreta de prácticas e/ou segundo cuestionarios facilitados polo profesor
Saídas de campo A saída terá unha duración aproximada de 9 horas, aínda que a duración total estimada é dun día debido á distancia á que se atopan as localidades a visitar. Se inspeccionarán algúns xacementos con fósiles do Silúrico e Devónico nas inmediacións de La Barosa e Salas de la Ribera (León).

Posteriormente, os alumnos entregarán unha memoria recollendo os aspectos máis relevantes do realizado na mesma

Seminario Consultas e debates no campo da Paleobioloxía e Bioloxía Evolutiva dirixidos polo profesor
Proba obxectiva A avaliación da asignatura comprende:

1) Calificación sobre os coñecementos teóricos realizada sobre os resultados de:
1.1 Un exame sobre contidos impartidos durante as leccións maxistrais
1.2 Controis sobre os contidos dos seminarios

2) Calificación sobre os coñecementos prácticos realizada sobre os resultados de:
2.1 Un exame de recoñecemento “de visu” de fósiles comúns nas formacións sedimentarias da Península Ibérica e nas oposicións a profesorado do ensino medio e/ou
2.2 Cuestionarios de obradoiros e prácticas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
Comprende a realización de titorías personalizadas para aqueles aspectos da asignatura que requiran dun maior esforzo do alumno ao longo do curso, coma o seguimento dos seminarios, a resolución dos cuestionarios de prácticas e dos obradoiros, os exames, ou a explicación dos achádegos realizados na saída ao campo

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio a) 1 exame de recoñecemento “de visu” de fósiles comúns nas formacións sedimentarias da Península Ibérica e nas oposicións a profesorado do ensino medio e/ou
b) Cuestionarios de prácticas
10
Proba obxectiva Consiste na realización dun exame escrito sobre os contidos teóricos impartidos durante as sesións maxistrais 70
Seminario Controis rutinarios sobre os contidos dos seminarios 20
 
Observacións avaliación

A avaliación dos contidos teóricos inclúe as actividades realizadas nas sesións maxistrais e nos seminarios. No que se refire as sesións maxistrais, se ofrece a posibilidade de realizar un exame final liberatorio ("proba obxectiva") previo ao exame final de carácter oficial. A superación dos exames de prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a asignatura.

A compensación de nota entre teoría (contidos das sesións maxistrais e os seminarios) e prácticas farase só a partires dunha nota mínima de 4 en cada unha das partes.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e seminarios se conservan todo o curso.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20% das actividades avaliables programadas.

A non asistencia ás sesións de prácticas de laboratorio suporá a realización dun traballo extenso sobre un grupo taxonómico de fósiles a determinar polo profesor e á súa exposición oral.

A non asistencia á saída ao campo suporá a realización dun traballo extenso sobre a xeoloxía e paleontoloxía da zona a partires de mapa xeolóxico e outra información dispoñible que suministrará o profesor.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica FREEMAN, S. & HERRON, J.C. (2002). Análisis Evolutivo. Pearson Educación S. A
PROTHERO, D. R. (2003). Bringing Fossils to Life. An Introduction to Paleobiology. McGraw-Hill, Boston
STANLEY, S. M. (2009). Earth System History. Freeman and Company, New York
U. of California Paleontology Museum (). Geology Wing/Tree of Life. http://www.ucmp.berkeley.edu/exhibit/geology.html
REGUANT, S. (2005). Historia de la Tierra y de la Vida. Editorial Ariel, Barcelona
WICANDER, R. & MONROE, J. S. (2010). Historical Geology. Evolution of Earth and Life through Time. Thompson Learning, Belmont
COWEN, R. (2005). History of Life. Blackwell Science, Oxford.
BENTON, M. J. & HARPER, D. A. T. (2009). Introduction to Paleobiology and the Fossil Record. Wiiey-Blackwell
CLOWES, C. et al. (). Palaeos: Life through deep time. http://www.palaeos.com
FOOTE, M. & MILLER, A.I. (2007). Principles of Paleontology. W. H. Freeman, New York
LEVIN, H. L. (2010). The Earth through Time. John Wiley & Sons, Hoboken, New Jersey
Varios autores (). Tree of Life Web Project. http://tolweb.org/tree/phylogeny.html