Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Orzamentos e control da xestión pública Código 611440006
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas (Plan 2009)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Morán Mendez, Eloy Constantino
Correo electrónico
e.moran@udc.es
Profesorado
Morán Mendez, Eloy Constantino
Correo electrónico
e.moran@udc.es
Web
Descrición xeral Análise e interpretación da información orzamentaria das administracións públicas e estudo dos sistemas de control sobre a xestión pública

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Saber interpretar e aprender a elaborar a información orzamentaria do sector público AM1
BM1
BM2
BM3
BM8
CM1
Coñecer os sistemas de control como mecanismos para a mellora da xestión AM1
AM3
AM5
BM1
BM3
CM1
Coñecer as principales técnicas de elaboración dos orzamentos AM2
BM4
BM8
CM1
Presentar e debatir ideas e traballos propios CM1
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1 Visión xeral da función de control nas Administracións Públicas: Contido, evolución, experiencias no dereito comparado
Tema 2 O control interno e externo da xestión económico-financeira do Sector Publico: órganos, ámbito, contido e técnicas para o exercicio da función de Control. A xurisdicción do Tribunal de Contas estatal, do Tribunal de Contas Europeo e as funcións do Consello de Contas de Galicia
Tema 3 Réximen xurídico da Facenda Pública. Normas consitucionais, europeas, estatais, autonómicas e locais reguladoras da xestión dos Entes Públicos. Principios orientadores do Control da xestión pública
Tema 4 O orzamento das entidades públicas: réxime xurídico, instrumento de política económica e xestión pública. O orzamento dentro do marco da planificación estratéxica. O obxectivo de estabilidade orzamentaria. As condicións de sostibilidade das finanzas públicas. O sistema integrado de información pública.
Tema 5 O ciclo orzamentario nas administracións públicas (I): preparación, elaboración e aprobación do orzamento. Fases e contido: documentos, anexos e informes preceptivos
Tema 6 O cilo orzamentario (II): a execución do orzamento. Fases, contido preceptivo dos actos de execución. Consideracións xurídicas, orzamentarias e contables, segundo o tipo de ingresos e/ou gasto público.
Tema 7 O ciclo orzamentario (III): a liquidación do orzamento. Estados e contas anuais: formación, rendición e aprobación da conta xeral do orzamento. A función estratéxica de avaliación e control
Tema 8 Análise e valoración da información obtida dos estados e contas anuais das entidades públicas: indicadores de economía, eficacia, eficiencia, calidade, impacto
Tema 9 A función de Control do Gasto Público (I): A fiscalización dos gastos de persoal. A fiscalización do proceso de contratación do Sector Público.
Tema 10 A función de Control do Gasto Público (II): A fiscalización dos gastos de subvencións. O control do endebedamento, das operacións de crédito e das operacións de tesourería.
Tema 11 A actividade de control dos Ingresos Públicos. Especial referencia aos Fondos europeos.
Tema 12 A Contabilidade Pública como instrumento da función de Control. O Control Financeiro. A auditoría pública
Tema 13 A función de Control na Xestión Pública. Análise dos custes e rendementos dos servizos. Indicadores de obxetivos. Novas técnicas de control dos servicios públicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos 9 18 27
Sesión maxistral 9 27 36
Proba mixta 1 3 4
Discusión dirixida 3 3 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Presentación de diferentes casos sobre información orzamentaria e sobre medidas de control do gasto e dos ingresos públicos
Sesión maxistral Exposición dos contidos básicos do temario
Proba mixta Examen final onde se avaliará o nivel de aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos da asignatura
Discusión dirixida Discusión entre os alumnos dirixidos polo profesor sobre un determinado problema plantexado previamente

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A orientación presonalizada para o desenvolvemento das tarefas asignadas poderase obter durante o horario oficial de tutorías presenciais ou a través do correo electrónico, nomeadamente no caso de cuestións específicas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Valorarase a capacidade para identificar e estruturar os contidos relevantes dos casos analizados, así como a claridade expositiva 50
Proba mixta A proba orientarase a contrastar a comprensión global dos contidos da asignatura 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Polo Garrido, F y Martin Yeste, A (2008). Introducción a la Auditoría del Sector Público. Universidad Politécnica de Valencia
Pacual García, J. (2005). Régimen Jurídico del Gasto Público . Boletín Oficial del Estado

Documentos entregados polo profesor con anterioridade á sesión correspondente

Bibliografía complementaria Valenzuela Villarrubia, I. (2007). El Régimen Presupuestario de los Entes Locales. Thomson
IGAE (2005). Guía para la gestión económico-financiera de las administraciones públicas. Ministerio de Economía y Hacienda


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías