Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
A Máster-Tese facilitará o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e creativas do alumnado ao adaptar solucións e métodos estudados na teoría a problemas reais. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM5 AM6 AM7 AM8
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM8 BM9
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A Máster-Tese deberá constar das seguintes partes:
• PORTADA
• AUTORIZACIÓN DO TITOR DA MÁSTER-TESE
• ÍNDICE PAXINADO
• RESUMO
• INTRODUCIÓN XERAL
• CORPO DO INFORME
• CONSIDERACIÓNS / CONCLUSIÓNS FINAIS
• BIBLIOGRAFÍA
• ANEXOS, no seu caso.
O proxecto que , deberá realizarse en lingua galega ou castelán, non superará as 100 páxinas a dobre espazo e
tamaño de letra 12. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia e outro idioma da U.E. |
Cada unha das partes mencionadas debe recoller a seguinte información:
1. PORTADA. Será de deseño libre pero incluirá: Escudo e nome da Universidade; Nome da Facultade; nome do
máster; título da Máster-Tese e nomes do autor e do tior; ano de presentación
2. RESUMO: recolle un breve resumo do contido do traballo.
3. INTRODUCIÓN XERAL: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os
obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os
antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo. Tamén debe
incluír o resumo das partes nas que se estruturou o traballo e o proceso de elaboración que se seguiu.
4. CORPO DO INFORME, composto por: fundamentos teóricos, metodoloxía, aplicación práctica e conclusións.
Esta parte é a que desenvolve propiamente o traballo. Nel descríbese o método seguido, as achegas acadadas, o
proceso de produción e recollida de datos e a súa análise, así como os principais instrumentos e procedementos
usados.
5. CONCLUSIÓNS. Recolle ao final os principais os resultados e conclusións.
6. BIBLIOGRAFÍA: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas.
7. ANEXOS: O apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no
corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s
empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun
anexo.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
0 |
143 |
143 |
|
Atención personalizada |
7 |
0 |
7 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
A Máster-Tese será realizado de forma individual baixo a supervisión dun/nha
profesor/a titor/a. Admítese a co-titorización.
A elección do/a titor/a e do tema deberá producirse cando menos tres meses antes da
finalización do prazo de presentación da Máster-Tese. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O/A titor/a será un/ha profesor/a doutor/a.
Terá que facilitar ao alumnado as orientacións adecuadas para elaboración da Máster-Tese. Isto non implica que o director ou titor do proxecto resolva os problemas, xa que se está a examinar a capacidade do alumnado para facerlles fronte.
Antes da presentación para ser avaliada, o titor supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario elaborado e dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión de defensa da Máster-Tese. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
O traballo será defendido polo alumnado ante a Comisión designada pola Comisión Académica do Máster. Para a avaliación da Máster-Tese o tribunal valorará:
- No caso de Máster-Tese con orientación profesional: a existencia dun produto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outra característica que permita establecer as capacidades do alumno no ámbito profesional relacionado coa temática do Máster.
- No caso de Máster-Tese con orientación académica: a calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusión e/ou as posibilidades de continuidade do traballo.
- En ambos casos se valorará tamén a presentación pública da Máster-Tese e a calidade formal do documento presentado. |
100 |
|
Observacións avaliación |
O traballo da Máster-Tese só poderá ser avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado cando menos o 70% dos créditos totais necesarios para a obtención do título de Máster.
O alumnado presentará á Coordinación do Máster, cunha antelación mínima de 15 días antes da defensa do proxecto, tres exemplares da Máster-Tese. Tamén presentará o proxecto en formato electrónico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Marco xurídico para a xestión das políticas públicas/611440001 | Institucións e políticas na Unión Europea/611440002 | Financiamento das facendas subcentrais/611440003 | Avaliación de programas e proxectos públicos/611440004 | Contabilidade Pública/611440005 | Orzamentos e control da xestión pública/611440006 | Calidade e xestión pública/611440007 | Goberno dixital: implantación e estratexias de e-administración/611440008 |
|
|