Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público. |
A3 |
Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica. |
A4 |
Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. |
A5 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma. |
A7 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A9 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A12 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A13 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer a mecánica liquidatoria dos principais impostos españoles |
A1 A4 A7 A9
|
|
|
Diferenciar a imposición individual e a empresarial |
A4 A9
|
|
|
Adecuado uso e comprensión de fontes bibliográficas esenciais no eido fiscal de cara ao seu emprego autónomo no futuro |
A4 A7 A10 A12
|
|
C3
|
Introdución ao manexo de programas informáticos oficiais de axuda da Axencia Tributaria |
A4 A7 A9 A10 A12 A13
|
|
C3
|
Valoración das implicacións fiscais das decisións económicas |
A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13
|
|
C1 C3
|
Valoración crítica do sistema fiscal español |
A3 A9 A12
|
|
C1 C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Obxectivos e metodoloxía da materia |
Obxectivos básicos. A organización da materia. O método de traballo e a
súa avaliación. |
Tema 2: Introducción ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) |
Elementos básicos do Imposto: contribuinte e unidade familiar, rendas
suxeitas e exentas, periodo impositivo. |
Tema 3: Rendas das Persoas Físicas |
Rendementos do Traballo, Rendementos do Capital, Ganancias e Perdas
Patrimoniais |
Tema 4: Rendas de Empresarios e Profesionais
individuais |
Elección do réxime de estimación da renda. Determinación da renda en
Estimación Directa e Estimación Obxectiva. |
Tema 5: Liquidación do IRPF |
Integración e compensación das rendas. Mínimo Persoal e Familiar. Cuota
Integra e Deducións. |
Tema 6 Introducción ó IS. |
Elementos básicos do Imposto: contribuinte, resultado contable e base
impoñible. Periodo impositivo. Imputación temporal de ingresos e gastos. |
Tema 7: Operacións determinantes da Base
Impoñible |
Gastos non deducibles. Amortizacións. Arrendamento Financeiro.
Deterioro de Valor e Transmisións Patrimoniais. |
Tema 8: Liquidación do IS |
Proceso Liquidatorio. Cuota Integra. Deducións. |
Tema 9: Introducción ó IVE |
Estrutura e características xerais do Imposto sobre o Valor Engadido
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
17 |
34 |
51 |
Estudo de casos |
19 |
22.5 |
41.5 |
Actividades iniciais |
1.5 |
0 |
1.5 |
Proba de resposta múltiple |
4.5 |
24.5 |
29 |
Solución de problemas |
3.5 |
17.5 |
21 |
|
Atención personalizada |
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos básicos dos principais impostos e facilitar a aprendizaxe. |
Estudo de casos |
O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos relativos aos principais impostos para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Actividades iniciais |
Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e avaliación.
Actividades a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao programa. Con ela preténdese obter e dar información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos. |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. |
Solución de problemas |
Trataríase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
Durante a realización dos casos de estudo orientarse, supervisarase e resolveranse as dúbidas dos alumnos no seu proceso de adquisición das competencias e realización das actividades propostas.
Tamén establecerase un horario de titorias individuais no que o alumno pode acudir para resolver calquera tipo de dúbida sobre a materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
Plantexaránse problemas concretos (casos) que describe unha situación real/simulada. O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de feitos relativos aos principais impostos e chegar a unha decisión razoada mediante a discusión en pequenos grupos de traballo. |
25 |
Solución de problemas |
Trataríase de resolver a liquidación dun ou varios dos impostos traballagos a partir dos coñecementos que se traballaron. |
50 |
Proba de resposta múltiple |
Formularanse probas de resposta múltiple. Plantexaranse varias cuestións, cada unha con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións das que só unha delas é válida, cando finalice cada tema ou bloque temático. |
25 |
|
Observacións avaliación |
O exame escrito se realizará nas datas fixadas polo
centro á finalización do primeiro cuadrimestre e no mes de xullo, respectivamente.
A entrega dos casos de estudio realizarase no período no que se desenvolven as actividades académicas docentes
do primeiro cuadrimestre nas datas que determine o profesor. Terá cualificación de non presentado quen só participe
de actividades de avaliación que teñan, en conxunto, una ponderación inferior ao
20% sobre a cualificación final, con independenciada cualificación acadada. Para aprobara materia, asemade de sumar 5 ou máis
puntos na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima de 2.5 de 5 puntos no estudio de casos e probas de resposta múltiple e 2 de 5 puntos na solución de problemas (exame). Está prohibido acceder á aula de exame con calquera
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información, agás os expresamente autorizados polo profesor.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Manuel
Practico Renta. Axencia
Tributaria. Edición actualizada. - Manual
Práctico Sociedades. Axencia
Tributaria. Edición actualizada. - Gabinete
xurídico do Centro de Estudos Financieiros: "Impuesto sobre la Renta
de las Personas Físicas. Casos Prácticos" . Madrid:
editorial CEF (edición actualizada). - Gabinete
xurídico do Centro de Estudos Financieiros: "Impuesto sobre
Sociedades. Casos Prácticos" . Madrid: editorial CEF (edición
actualizada). - Moreno Moreno,
Mª Carmen e Paredes Gómez, Raquel: "Fiscalidad Individual y
Empresarial. Ejercicios resueltos" . Madrid: editorial
Cívitas (edición actualizada). - Albi Ibáñez,
Emilio: "Sistema
Fiscal Español. Volumen 1" . Barcelona: editorial Ariel (edición actualizada). - "Memento
Práctico Fiscal" . Madrid:
ediciones Francis Lefebvre (edición actualizada). |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Principios de Facenda Pública/611G01021 | Facenda Pública/611G01026 |
|
|