Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Historia Económica de Galicia Código 611G01042
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Alonso alvarez, Luis
Correo electrónico
luis.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso alvarez, Luis
Correo electrónico
luis.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende analisar a evolución da economía de Galicia dende unha perspectiva de longo prazo. Esta viaxe no tempo permitirá acadar dous obxectivos básicos. En primeiro lugar, entender os esforzos dos nosos devanceiros para obter pouco a pouco maiores cotas de benestar. Neste sentido, non podemos esquecer que o desenvolvemento económico constitue un fenómeno complexo que non só integra variabeis económicas se non tamén factores de tipo político, social e institucional. En segundo lugar, comprender a realidade económica actual de Galicia, que non é outra máis que o resultado dos seus éxitos e fracasos ao longo do tempo. Con esta finalidade, organízase o programa en dous bloques separados cronolóxicamente. O primeiro abrangue o estudo das nosas características básicas a finares do Antigo réxime, que configura o ponto de partida para o tempo posterior, e a análise da economía galega durante o século XIX, un periodo no que se ten producida a crise da economía tradicional e unha lenta transición cara unha economía de mercado. O segundo bloque, máis amplo, adícase ao estudo polo miudo da evolución da economía gallega durante o século XX e a primeira década do XXI.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e entender a realidade económica de Galicia, as súas transformacións no longo prazo, os sectores produtivos, e as institucións económicas e a súa evolución A5
A11
C8
Asimilar que as realidades económicas son complexas, interrelacionadas con variables sociais, políticas e culturais, e inmersas nun contexto dinámico A4
C4
C6
Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico A3
A4
Axudar a entender as orixes e persistencia das desigualdades socioeconómicas en Galicia e entre as distintas áreas económico-xeográficas A6
A7
C5
C8
Aplicar conceptos básicos da economía a diferentes contextos históricos A3
A7
Coñecer as distintas formacións económicas xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento A4
C3
Potenciar o emprego de técnicas e instrumentos cuantitativos básicos que impliquen o uso de material estatístico e gráfico A4
A7
Capacidade analítica e sintética A9
C4
Capacidade crítica e autocrítica A13
C4
Capacidade de traballo en grupo A13
C4
C7
Capacidade de expresión, oral e escrita C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema I: A fortaleza da sociedade galega tradicional: poboación, economía e direitos de propiedade (ata 1740) 1 A POBOACIÓN : TRES GALIZAS CON DIFERENTES RITMOS DE CRECEMENTO DEMOGRÁFICO
1.1 A singularidade da Galiza no conxunto peninsular
1.2 Un crecemento moderado e desigual
1.3 O modelo demográfico galego
2. A AGRICULTURA
2.1 A agricultura nas economías tradicionais
2.2 A pequena producción e as comunidades rurais
2.3 Organización da producción e tipos de cultivos
2.4 O sistema agrario e os seus rendementos
3. A PROPIEDADE DA TERRA: O PREDOMINIO DO SISTEMA FORAL
4. A ECONOMÍA RURAL NON AGRARIA
4.1 as actividades de auxilio
4.2 A industria lenceira
5. A DIMENSIÓN URBANA DA ECONOMÍA GALEGA TRADICIONAL
6. CONCLUSIÓN: LUCES E SOMBRAS DA ECONOMÍA TRADICIONAL
Tema II: A difícil transición cara unha economía de mercado: a traxedia do século XIX 1. A POBOACIÓN GALEGA ENTRE 1840 E 1900
1.1 Un crecemento que perde ritmo
1.2 A caída da poboación relativa
1.3 O descenso da natalidade e a emigración interna e exterior
2. A ECONOMÍA GALEGA ENTRE 1840 E 1900
2.1 A Economía agraria
2.1.1 A crise da agricultura tradicional
2.1.2 A liquidación das actividades de auxilio: a grande emigración a América
2.1.3 A crise agraria finisecular e as súas consecuencias
2.2 As actividades urbanas: banca, servizos públicos e conservas, un proxecto para o século XX
3. UN BALANCE DO SÉCULO XIX
Tema III: A modernización do primeiro terzo do século XX e a súa liquidación durante o franquismo 1. UNHA ECONOMÍA INNOVADORA
1.1 O que morre e o que nace na economía do primeiro terzo do século XX
1.2 As cifras macroeconómicas
2. MUDANZAS AGRARIAS E FORTALEZA DA PEQUENA EXPLOTACIÓN FAMILIAR
2.1 O progreso agrario de Galicia
2.2 As saídas á crise finisecular: propietarización, innovación e mercantilización
3. A NOSA PEQUENA "REVOLUCIÓN INDUSTRIAL"
3.1 O complexo marítimo e os seus "linkages"
3.2 Formación e consolidación da banca galega
3.3 Os primeiros servizos públicos. As eléctricas
3.4 Un novo impulso no setor público: tabacos e asteleiros militares
4. O FRANQUISMO E O FIN DO CRECEMENTO INNOVADOR: UN BALANCE DE MEDIO SÉCULO DE DESENVOLVEMENTO
Tema IV: O "milagre económico" de Galicia na década de 1960 1. O FINAR DA AUTARQUÍA EN ESPAÑA
2. O CRECEMENTO DE GALICIA NOS 60
2.1 As mudanzas estructurais
2.1.1 Desagrarización e emigración a Europa
2.1.2 Urbanización
2.1.3 Asalarización
2.2 As mudanzas sectoriais
2.2.1 Sector agrario
2.2.2 Sector pesqueiro
2.2.3 Sector conserveiro
2.2.4 A industria
2.2.5 Os servizos
2.2.6 O setor exterior da economía
3. UN BALANCE DOS 60 EN PERSPECTIVA EMPRESARIAL
Tema V: As crises dos 70 e dos 80, a inserción na Unión Europea e no mercado global e a desfeita da Grande Recesión de 2008 1. AS CRISES DOS 70 E DOS 80 NA ECONOMÍA GALEGA
1.1 A caída da demanda de traballo en Europa e o fin da emigración
1.2 O debalo da construcción naval para a exportación
1.2 O fin do aproveitamente libre dos rescursos do mar: a expulsión da flota dos caladoiros tradicionais
2 O INGRESO DE ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA E O A REPERCUSIÓN EN GALICIA
1.2.1 O impacto nos sectores maduros: asteleiros e agroindustria
1.2.2 A reindustrialización dos sectores diversificados e modernos
1.3 Os custos das crises
1.3.1 A Galicia norde: A Coruña e Ferrol
1.3.2 A Galicia sul: Vigo
2. A INSERCIÓN DE GALIZA NO MERCADO GLOBALIZADO
2.1 A nova disciplina europea: a privatización do sector público
2.2 A desregulación da economía
3. O FIN DO CRECEMENTO: A GRANDE RECESIÓN EN GALICIA

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 17 34
Actividades iniciais 3 0 3
Análise de fontes documentais 11 28 39
Estudo de casos 5 15 20
Lecturas 8 8 16
Seminario 2 0 2
Proba mixta 2 34 36
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor comentará as pautas chave da materia que o estudante ten que coñecer e preparar con traballo individual e en grupo, empregando os demáis instrumentos que ofrece o curso. O estudante deberá asistir ás aulas obrigatoriamente. A asistencia ás aulas será decisiva para elaborar a cualificación final dos estudantes dudosos (aos que lles falten poucas décimas para o aprobado ou para subir a cualificación).
Actividades iniciais Orientación docente, técnicas de traballo e planificación do curso.
Análise de fontes documentais Insinarase aos estudantes a percurar información nas principais bases de datos, así como tamén se lles informará sobre os recursos máis significativos en rede, úteis para a preparación e ampliazón da materia.
Estudo de casos Incluen prácticas a partir de textos e datos estatísticos.
Lecturas Haberá algunhas leituras de carácter obrigatorio e o seu contido se discutirá nas aulas. Servirán como complemento das sesións maxistrais e como materiais para realizar estudos de caso e análises de tatos.
Seminario Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).
Proba mixta Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais. Valorarase a capacidade de expresión, o emprego e dominio do vacabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa.
Queda prohibido acceder á aula do exame con calisquer dispositivo que permita a comunicación co exterior ou o almacenamento de información.
Asi mesmo, é preciso que cada estudante que desexe realizar o exame, ten que identificarse correctamente co DNI ou o cartón de estudante na aula onde teña que realizar o exame.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Lecturas
Descrición
En cada un dos casos ofrecerase atención persoalizada aos estudantes, tanto en aulas como en turorías.
Algunas actividades se realizaran como tutorías de grupo reducido (4 horas por cada subgrupo de 15 estudantes). Nelas resolveranse as dúbidas sobre a materia impartida nas aulas, discutiránse en grupo algúns pontos da mesma e realizaránse prácticas complementarias.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Nestas sesións o profesor impartirá as liñas xerais da materia que os estudantes deberán coñecer e preparar con traballo personal e coa axuda dos demáis instrumentos que ofrece o curso. 0
Estudo de casos Incluen a) as prácticas con material cuantitativo, b) as lecturas e c) a participación e asistencia ás aulas. No primeiro caso, refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Ainda que ao longo do curso se realizarán máis, 2 destes exercicios serán puntuables para a cualificación final (previo aviso do profesor). Sobre as lecturas, véxase o apartado de máis abaixo. Prácticas e lecturas puntuarán entre ambas 2 puntos. A participación e asistencia ás aulas puntuará tamén con 2 puntos. En total, 4. 40
Lecturas Representan unha información complementaria ás sesións maxistrais. Nas aulas traballaranse as técnicas para obter a información fundamental das lecturas e o seu contido discutirase na aula. O contido das lecturas servirá como materia complementaría á impartida nas sesións maxistrais. Asi mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación queda incluída no apartado anterior. 0
Proba mixta Consistirá na realizacion dun exame escrito sobre os contidos do programa. Ese exame representa o 60% da avaliación final do estudiante. No exame se valorará a capacidade de expresión, o emprego e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa da materia. 60
 
Observacións avaliación

O exame ou proba obxectiva, celebrarase na convocatoria oficial establecida pola Xunta de Facultade e publicada na súa páxina web. Para superar a materia (participación e asistencia a clase, 2 puntos; práxticas e lecturas, 2 puntos; proba obxectiva, 6 puntos) é preciso acadar como mínimo 5 puntos do total.


Fontes de información
Bibliografía básica

1. Manuais

 

Juana, J. de y J. Prada, coords. (2005), Historia Contemporánea de Galicia, Ariel, Barcelona.

Villares Paz, Ramón, dir. (1991), Historia de Galicia, Vigo, Faro de Vigo, 4 vols.

 

2. Obras sectoriais/temporais. Economía tradicional: sécs. XVIII e XIX

 

Alonso Álvarez, Luís (1976), Industrialización y crisis del Antiguo régimen en Galicia, 1750-1830, Madrid, Akal Editor, 1976.

Alonso Álvarez, Luís (1986), Comercio colonial y crisis del Antiguo régimen en Galicia, 1778-1818, Santiago, Pub. Xunta de Galicia

Carmona Badía, Joám (1985), «La industria conservera gallega, 1840-1905», Papeles de Economía Española, especial Economía de las Comunidades autónomas. Galicia,  pp. 177-191.

Carmona Badía, Joám (1990), El atraso industrial de Galicia, 1750-1900, Barcelona, Ariel.

Carmona Badía, Joám e Teresa Fernández Vázquez (2003), A Compostela industrial. Historia e pegada das fábricas de coiros no concello de Santiago, Santiago, Consorcio de Santiago.

Eiras Roel, Antonio (1996), La población de Galicia, 1700-1860, A Coruña, Fund. Caixa Galicia.

Facal Rodriguez, Maria Jesus (1985), «O sistema financiero galego da segunda metade do século XIX», Agália, monográfico Quatro estudos de história económica de Galiza, Corunha, pp. 71-92.

Fernández González, Ángel (1994), «Los mayores productores agrarios de Galicia en la segunda mitad del siglo xviii», Revista de Historia Económica, 2, pp. 365-396.

García-Lombardero, Jaime, La agricultura y el estancamiento económico de Galicia en la España del Antiguo régimen, Madrid, Siglo xxi, 1973.

Lindoso Tato, Elvira (1999), Empresas y empresarios en La Coruña, 1830-1914, Madrid, Documento de trabajo 9905, Fundación Universidad Empresa (Programa de Historia Económica).

Lindoso, E. E M. Vilar (2008): "A supervivencia dos comerciantes-banqueiros coruñeses nun marco de crecente competencia: estratexias e resultados (1840-1936)", Revista Galega de Economía vol. 17, nº 1, pp. 217-248.

Rodríguez Galdo, M.X. e F. Dopico, Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo xix, Sada (A Coruña), Ed. O Castro, 1981.

Saavedra, Pegerto (1994), La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo régimen, Barcelona, Crítica.

Saavedra, Pegerto e Ramón Villares (1985), «Galicia en el Antiguo régimen: la fortaleza de una sociedad tradicional», en Roberto Fernández (ed.), España en el siglo XVIII. Homenaje a Pierre Vilar, Barcelona, Crítica, pp.434-504

Villares Paz, Ramón (1982), Foros, frades e fidalgos, Vigo, Edicións Xerais de Galicia.

 

3. Obras sectoriais/temporais. Economía do século XX

 

Alonso, José Antonio (1984), «La banca y la economía de Galicia en el primer tercio del siglo XX», en Manuel Tuñón de Lara, España, 1898-1936. Estructura y cambio, Madrid, Universidad Complutense.

Alonso Álvarez, Luis (2000), «El poder empresarial en Galicia en perspectiva histórica», en VV.AA, Grandes empresas, grandes historias de Galicia, A Coruña, La Voz de Galicia, pp. 9-48.

Alonso Álvarez, Luis (2001), Las tejedoras del humo. Historia de la fábrica de tabacos de A Coruña, 1804-2000, Vigo, A Nosa Terra /Fundación Altadis. Edición en galego, máis curta (1997) As tecedeiras do fume. Historia da Fábrica de Tabacos da Coruña, 1800-1935, Editorial A Nosa Terra.

Alonso Álvarez, Luis (2011), «La economía de Galicia, una panorámica, c. 1750-2010», Historia contemporánea, núm. 42-1, pp. 15-65.

Alonso Álvarez, Luis, Elvira Lindoso Tato e Margarita Vilar (2008), Construyendo empresas. La trayectoria de los emprendedores coruñeses en perspectiva histórica, 1717-2006, A Coruña, Confederación de Empresarios Coruñeses.

Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato e Margarita Vilar (2011), O lecer das augas. Unha historia dos balnearios de Galicia, 1700-1936, Vigo, Galaxia.

Balboa, Xesús (1990), O monte en Galicia, Vigo, Edicións Xerais de Galicia.

Carmona Badía, X. (1996): «La economía del siglo XX: una panorámica», Papeles de Economía Española, 16, pp.3-16.

Carmona Badía, Joám (1999), «Galicia en el desarrollo del sector eléctrico español (1900-1982)», en Doctor Jordi Nadal. La industrialització i el desenvolupament econòmic d’Espanya. La industrialización y el desarrollo económico de España, vol. II, Barcelona, Publicacións de la Universitat de Barcelona, pp. 1378-1397.

Carmona Badía, Joám (2001), «Minifundio persistente e industrialización limitada» en Germán, Luis, Enrique Llopis, Jordi Maluquer de Motes y Santiago Zapata (eds.), Historia económica regional de España, siglos xix y xx, Editorial Crítica, Barcelona, pp. 13-45.

Carmona Badía, J. y J. Nadal (2005), O empeño industrial de Galiza, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Carmona Badía, Joám y Jesús Pena Espinha (1985), «As origens do sector eléctrico na Galiza, 1888-1936», Agália, monográfico Quatro estudos de história económica de Galiza, Corunha, pp. 33-49

Fernández Leiceaga, Xaquín (1990), Economía (política) do monte galego, Santiago, Servicio de publicacións da Universidade de Santiago.

Fernández Leiceaga, Xaquín e Edelmiro López Iglesias (2000), Estrutura Económica de Galiza, Vigo, Laiovento.

Fernández Prieto, Lourenzo (1992), Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, Vigo, Edicións Xerais de Galicia.

Fernández Prieto, Lourenzo,  ed. (2000), Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Vigo, Edicións Xerais de Galicia.

Gallego, Domingo (1993): «Pautas regionales de cambio técnico en el sector agrario español (1900-1930)», Cuadernos Aragoneses de Economía, vol. 3, nº 2, pp.241-276.

Giráldez Rivero, Jesús (1985), «Aproximaçom ao sector pesqueiro galego no primeiro terço do século XX», Agália, monográfico Quatro estudos de história económica de Galiza, Corunha, pp. 7-32.

Giráldez Rivero, Xesus (1996), Crecimiento y transformación de la pesca en Galicia, 1880-1936, Madrid, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

Gurriarán, Ricardo (2004), A investigación científica en Galicia (1900-1940): Institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da Guerra civil, Santiago, Universidade de Santiago, tese de doutoramento inédita.

López Taboada, Xosé Antón (1996), La población de Galicia, 1860-1991, A Coruña, F. Caixa Galicia.

Lozano Courtier, Alberto (1996), «De empresa pública a empresa privada: la gestión de los Arsenales del Estado, 1870-1936», en Francisco Comín y Pablo Martín Aceña, La empresa en la Historia de España, Madrid, Cívitas, pp. 369-382.

Lozano Courtier, Alberto (1998), La moderna construcción naval militar en Galicia: el arsenal de Ferrol, 1880-1936, Santiago, Universidade de Santiago (CDRom)

Maixé, J. C., M. Vilar y E. Lindoso (2002): «El sistema gallego de cajas de ahorro en perspectiva interregional, siglos XIX y XX», en E. López Iglesias y J. J. Ares (eds.), Novos escenarios para a economía galega, Santiago, IDEGA, pp. 823-850.

Maixé, J. C., M. Vilar e E. Lindoso (2003): El ahorro de los gallegos. Orígenes e historia de Caixa Galicia (1876-2002), A Coruña, Fundación Caixa Galicia.

Martínez Domínguez, Blanca, O capital humano en Galicia (1860-1930): alfabetización e crecemento económico, en Teses de doutoramento 2000, Santiago, Servicio de Publicacións da US (edición CD), 2000.

Martínez López, Alberte (1991), «Antecedentes del sector lácteo gallego, 1890-1935»,  Agricultura e Sociedad, vol. 59, pp. 9-40

Martínez López, Alberte (1995), Cooperativismo y transformaciones agrarias en Galicia, 1886-1943, Madrid, Ministerio de Agricultura

Martínez López, Alberte, coord. (2004), Las venas incesantes. Abastecimiento de agua y gestión empresarial en A Coruña, 1850-2000, Madrid, Lid Editorial, 2004.

Martínez López, Alberte e Carlos Piñeiro Sánchez (2001), «Empresas e servicios públicos: a creación dunha infraestructura de transporte urbano, A Coruña 1876-1925», Revista Galega de Economía, vol. 10, nº 1, pp. 249-278.

Martínez López, A., Mirás Araujo, J., Lindoso Tato, E. (2009): La industria del gas en Galicia: del alumbrado por gas al siglo XXI, 1850-2005, Madrid, LID Empresarial.

Rico Boquete, Eduardo (1995), “Montes, industrias de aserrío e tráfico de madeiras en Galicia. A provincia de Pontevedra no periodo 18875-1936», Caring for the Forest: Researching in a Changing World, XX Congreso Mundial de la Unión Internacional del Investigación Forestal, Tampere (Finlandia). Reproducida también en Lourenzo Fernández Prieto, ed. (2000).

Sinde Cantorna, Ana Isabel (2000), Estrategias de crecimiento y formas de integración en la empresa pesquera gallega: 1900-1960, Madrid, Fundación Empresa Pública, documento de trabajo.

Vázquez González, Alejandro (1988), «La emigración gallega. Migrantes, transportes y remesas», en Nicolás Sánchez Albornoz, Españoles hacia América. La emigración en masa 1880-1930, Madrid, Alianza Universidad.

Vázquez González, Alejandro (1999), La emigración gallega a América, 1830-1930, en Teses de doutoramento 2000, Santiago, Servicio de Publicacións da US (edición CD), 2 vols.

Vilar, M., Lindoso, E. (2009): “El negocio de la guerra civil en Galicia, 1936-1939", Revista de Historia Industrial nº 39, pp. 153-192.

Villares Paz, Ramón (1982): La propiedad de la tierra en Galicia (1500-1936), Madrid, Siglo XXI.

Villares Paz, Ramón e Luis Alonso Álvarez (2006), Estrella Galicia. Unha empresa, un século, 1906-2006 (tamén en español e inglés), A Coruña, Hijos de Rivera.