Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Contabilidade Financeira I Código 611G02013
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Muiño Vazquez, Maria Flora
Correo electrónico
flora.muino@udc.es
Profesorado
Alvarez Dominguez, Maria America
Anido Martinez, Cristina
Fraga Romero, Daniel
Gomez Rodriguez, Maria Luz
Llano Paz, Fernando de
Muiño Vazquez, Maria Flora
Palleiro Barbeito, Ricardo
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
cristina.anido@udc.es
daniel.fraga.romero@udc.es
luz.gomez@udc.es
fdellano@udc.es
flora.muino@udc.es
rpalleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumno nos conceptos básicos que guían o proceso de elaboración e comunicación da información contable.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros A2
A3
A4
A6
A7
A8
A9
C3
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. A1
A2
A3
A4
A6
A7
A9
C7
C8
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. A6
A9
A10
A11
C5
C6
C7
C8
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. A12
C4
C6
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. A12
C1
C3
C4
C6
Ter un comportamento ético nos negocios. C4

Contidos
Temas Subtemas
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade.
Tema 1: Introdución á contabilidade.
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto de contabilidade.
1.3. Divisións da contabilidade.
Tema 2: A información financeira. 2.1. Usos e usuarios da información financeira.
2.2. Características básicas da información financeira.
2.3. Normativa para á elaboración da información financeira.
Tema 3: O balance de situación. 3.1. O patrimonio da empresa.
3.2. Principio de dualidade.
3.3. Elementos patrimoniais: activos, pasivos e neto.
Tema 4: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo. 4.1. Criterio do devengo.
4.2. Resultado do período: ingresos e gastos.
4.3. Fluxo de efectivo: cobros e pagos.
Tema 5: O método contable. 5.1. Transaccións económicas e feitos contables.
5.2. A conta.
5.3. Tecnicismos das contas.
Tema 6: Rexistros contables. 6.1. Anotacións no libro diario.
6.2. Traspaso do libro diario ó libro maior.
6.3. Balance de comprobación e estados financeiros.
Tema 7: O ciclo contable 7.1. Apertura da contabilidade.
7.2. Rexistro das operacións realizadas no período.
7.3. Determinación do resultado e peche da contabilidade.
Segunda parte: Introducción ao rexistro, presentación e interpretación de transaccións básicas.
Tema 8: Transaccións de existencias comerciais. 8.1. Compras de existencias.
8.2. Ventas de existencias.
8.3. Custe de ventas e existencias finais.
8.4. Perdas de valor de existencias.
Tema 9: Valoración das saídas de existencias. 9.1. Seguimento individualizado.
9.2. Asuncións acerca do fluxo de custo: FIFO, LIFO, PMP.
9.3. Efecto da asunción do fluxo de custo sobre os estados financeiros.
Tema 10: Dereitos e obrigadas derivados de operacións comerciais. 10.1. Compra-venda de existencias realizada a crédito.
10.2. Gastos e ingresos pendentes de pago/cobro.
10.3. Gastos e ingresos pagados/cobrados por anticipado.
10.4. Perdas de valor de dereitos derivados de operacións comerciais.
Tema 11: Inmobilizado e activos financeiros. 11.1. Adquisicións de inmobilizado.
11.2. Perdas de valor de inmobilizado.
11.3. Vendas de inmobilizado.
11.4. Operacións con activos financeiros.
Tema 12: Captación de recursos financeiros. 12.1. Achegas dos accionistas.
12.2. Préstamos e outras débedas.
12.3. Remuneración de accionistas e prestamistas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 34 51
Discusión dirixida 7 21 28
Obradoiro 18 36 54
Proba de resposta múltiple 1 2 3
Proba obxectiva 2 8 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución ós problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas propostos polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Resolución de exercicios e casos prácticos en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor.
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase una proba tipo test sen previo aviso.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Obradoiro
Discusión dirixida
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ó longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir a proba tipo test e as probas escritas (exercicios) que serán valoradas para a cualificación final. Aqueles alumnos que demostren nestas discusión un maior grado de aprendizaxe que o reflectido na proba que se discute, verán incrementada a súa cualificación, co límite da valoración máxima que corresponde a dita proba. Os grupos dividiranse en dous (15 alumnos aprox.) para as titorías en grupo. O profesor tratará de fixar as horas para as mesmas, se hai dispoñibilidade de aulas, na franxa horaria inmediatamente anterior ou posterior a aquela na que o grupo teña asignada a súa docencia. Tamén se utilizarán para as titorías en grupo as horas asignadas para a docencia desta materia dentro do período lectivo que excedan das 14 semanas de docencia presencial (isto é, semanas 15 e 16 do cuadrimestre).

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Proba obxectiva A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 30
Obradoiro Valorarase, a través de pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 40
Discusión dirixida Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ó dos seus compañeiros. 20
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ó alumno pídeselle que:


a) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións indicadas polo profesor para á súa discusión na aula.


b) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ó inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará ós alumnos un pequeno exercicio, similar ós propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estes exercicios recolleranse e de todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ó rematar o cuadrimestre.


En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:


Cualificación de non presentado. Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.


Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.


Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.


Fontes de información
Bibliografía básica Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Phillips, F., Libby, R. y Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Muñoz Merchante, Ángel (2008). Fundamentos de Contabilidad. Ramón Areces
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill

Bibliografía complementaria Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad Financiera. Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira II/611G02018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías