Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Contabilidade Financeira II Código 611G02018
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Alvarez Dominguez, Maria America
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
Profesorado
Alvarez Dominguez, Maria America
Andrade Calvo, José Manuel
Fraga Romero, Daniel
Gomez Rodriguez, Maria Luz
Palleiro Barbeito, Ricardo
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
j.manuel.andrade@udc.es
daniel.fraga.romero@udc.es
luz.gomez@udc.es
rpalleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Continuar o proceso de aprendizaxe iniciada na materia Contabilidade financeira I, sobre a elaboración e comunicación da información contable, así como facilitar que o alumno familiarícese coa normativa que afecta á elaboración dos estados financeiros.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Determinar o resultado económico e elaborar e interpretar a información agregada de carácter económico-financeiro A3
A6
C6
Aplicar o Marco Conceptual e os principios de contabilidade xeralmente aceptados ás distintas áreas, avaliando o seu impacto no resultado e na situación financeira da empresa. A3
A6
C6
Elaboración dos estados contables básicos que pernitan comunicar información útil para a toma de decisións. A1
C6
Entender o impacto da normativa no resultado e na situación financeira da empresa. A3
A6
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Marco conceptual da contabilidade financeira 1.1.- Concepto e necesidade
1.2.- Estrutura e contido
1.3.- Regulación contable en España

2. Tributos . 2.1.- Imposto sobre beneficios
2.2.- Imposto sobre o valor engadido (IVE)
2.3.- Outros impostos
3. Existencias (I) 3.1.- Definición e tipo de existencias
3.2.- Movemento de existencias non elaboradas
3.3.- Valoración de existencias non elaboradas
4. Existencias (II) 4.1.- Movemento de existencias elaboradas
4.2.- Valoración de existencias elaboradas
5. Ingresos por vendas e prestación de servizos
5.1.- Definición de ingreso
5.2.-Criterios para o recoñecemento de ingresos: regras xerais e casos particulares
6. Debedor e acredores comerciais
6.1.- Definición e elementos
6.2.- Valoración de debedor e acredores: momento inicial e valoración posterior
6.3.- Operacións comerciais en moeda estranxeira
7. Inmobilizado material
7.1.- Definición e tipos
7.2.- Recoñecemento e valoración

8. Inmobilizado intangible
8.1.- Definición e elementos
8.2.- Recoñecemento
8.3.- Valoración
9. Problemas particulares do inmobilizado material 9.1.- Revalorizacións
9.2.- Mantementos e melloras
9.3.- Grandes reparacións
10. Outros instrumentos financeiros
10.1.-Tipos de instrumentos financeiros
10.2.- Activos financeiros
10.3.- Pasivos financeiros
11..Provisións e continxencias 11.1.- Concepto, recoñecemento e valoración
11.2.- Remuneracións a empregados
12. Patrimonio neto
12.1.- Definición e compoñentes
12.2.- Repartición de resultado
13. Formulación dos estados financeiros 13.1.- As Contas anuais na normativa española
13.2.- Os Estados financeiros na normativa internacional

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 17 34
Discusión dirixida 6 28 34
Proba de resposta múltiple 1 10 11
Obradoiro 19 38 57
Proba obxectiva 2 8 10

Atención personalizada 4 0 4

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor expón os conceptos conceptos teórico-prácticos do programa
Discusión dirixida Preparación dos temas propostos polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase una proba tipo test sen previo aviso.
Obradoiro Resolución de exercicios e casos prácticos en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Discusión dirixida
Obradoiro
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e problemas contables tratados durante o curso. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo destinaranse a discutir a proba tipo test e as probas escritas (exercicios) que serán valoradas para a cualificación final. Aqueles alumnos que demostren nestas discusión un maior grado de aprendizaxe que o reflectido na proba que se discute, verán incrementada a súa cualificación, co límite da valoración máxima que corresponde a dita proba. Os grupos dividiranse en dous para as titorías en grupo. O profesor tratará de fixar as horas para as mesmas, se hai dispoñibilidade de aulas, na franxa horaria inmediatamente anterior ou posterior a aquela na que o grupo teña asignada a súa docencia. Tamén se utilizarán para as titorías en grupo as horas asignadas para a docencia desta materia dentro do período lectivo que excedan das 14 semanas de docencia presencial.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 30
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Discusión dirixida Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ó dos seus compañeiros. 20
Obradoiro Valorarase, a través de pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 40

Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ó alumno pídeselle que:

a) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións indicadas polo profesor para á súa discusión na aula.

b) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ó inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará ós alumnos un pequeno exercicio, similar ós propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estes exercicios recolleranse e de todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ó rematar o cuadrimestre.

En canto ó exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación de non presentado. Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación da oportunidade de xullo. Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

Fontes de información
Bibliografía básica Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad financiera. Pearson
Cervera Oliver, Mercedes; González García, Ángel; Romano Aparicio, Javier (2008). Contabilidad financiera (adaptada al nuevo PGC) . Centro de Estudios Financieros
Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Amador Fernández, Sotero; Romano Aparicio, Javier (coordinadores) (2008). Manual del Nuevo Plan General Contable. Centro de Estudios Financieros

Bibliografía complementaria Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade das Operacións Societarias/611G02027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008
Contabilidade Financeira I/611G02013

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías