Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Teoría do Financiamento Código 611G02021
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Iglesias Antelo, Susana
Correo electrónico
susana.iglesias.antelo@udc.es
Profesorado
Boedo Vilabella, Lucia
Iglesias Antelo, Susana
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
lucia.boedo@udc.es
susana.iglesias.antelo@udc.es
carlos.psanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Esta materia está enfocada á análise da toma de decisións en materia de financiamento empresarial e de investimento financeiro e á súa valoración.
É complementaria das materias "Teoría do Investimento", do curso anterior, e "Planificación Financeira", do curso seguinte, pois entre as tres abórdase o groso da temática propia da dirección financeira da empresa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Xestionar e administrar una empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e integrar a lóxica financeira a aplicar na toma de decisións de financiamento na empresa A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
C1
C6
Coñecer as teorías financeiras básicas sobre os mercados de capitais e comprender as súas implicacións prácticas A2
A4
A5
A6
A8
A10
C4
C7
Saber valorar un investimento financeiro A2
A4
A5
A8
A11
C4
Saber desenvolver modelos financeiros e aplicar ferramentas informáticas A5
A9
A11
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: FINANCIAMENTO EMPRESARIAL 1. Clasificación das fontes de financiamento
2. Fontes de financiamento e o seu coste: o coste de capital
3. Estrutura de capital: a política de endebedamento da empresa
BLOQUE II: TEORÍAS DE CARTEIRAS O DO MERCADO DE CAPITAIS 1. Binomio rendibilidade-risco
2. Teoría de carteiras: modelos de selección de carteiras
3. Teoría do mercado de capitais: modelos de valoración de activos financeiros (CAPM e APT)
BLOQUE III: PRODUTOS FINANCEIROS DERIVADOS 1. Introdución aos produtos financeiros derivados
2. Opcións e futuros: valoración e estratexias de investimento

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 51 68
Solución de problemas 22 33 55
Prácticas a través de TIC 3 4.5 7.5
Seminario 4 4 8
Proba mixta 1.5 3.75 5.25
Proba mixta 1.5 3.75 5.25
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica dos temas do programa
Solución de problemas Realización de tarefas prácticas: desenvolvemento de aplicacións da teoría, resolución de exercicios e problemas individualmente ou en grupo, e análise crítica e reflexiva de casos
Prácticas a través de TIC Aplicación de modelos de análise financeira mediante folla de cálculo ou outro software
Seminario Titorías de grupo pequeno que se desenvolverán no cuadrimestre en datas que se fixarán ao longo deste
Proba mixta Exame teórico-práctico sobre os contidos da materia
Proba mixta Probas que poderán ser de diverso tipo (test, resposta breve, resposta ampla...) e que se realizarán durante o periodo de clases

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Seminario
Proba mixta
Descrición
Sesións na aula de informática supervisadas polos profesores da asignatura.
Programaranse catro horas de titorías en grupos reducidos duns 15 alumnos segundo normativa vixente.

As titorías individuais desenvolveranse nos despachos dos profesores nos horarios anunciados.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Exame da materia que supón o 70% da cualificación final que o alumno pode obter (máximo 7 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no dobre grao ADE+Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas acordadas pola xunta de facultade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte de cualificación correspondente ás probas que se realizarán durante o periodo de clases. 70
Proba mixta Durante o periodo de clases realizaranse varias probas de diverso tipo que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 30% da cualificación final (máximo 3 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero. 30
 
Observacións avaliación

A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumno cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente.


Segundo normativa do centro, está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento masivo de información.


En caso de realización fraudulenta dunha proba de avaliación, ademais da correspondente cualificación de suspenso (nota numérica 0) na mesma, e con independencia do proceso disciplinario que se puidese seguir contra o/a estudante infractor/a, o profesorado da materia poderá optar por realizarlle a este/a calquera proba futura da asignatura de modo oral. 


Fontes de información
Bibliografía básica Piñeiro, C.; De Llano, P. (2010). Dirección financiera. Un enfoque centrado en valor y riesgo. Madrid: Delta
Pindado, J. (dir.) (2012). Finanzas empresariales. Madrid: Paraninfo
Boedo, L. (2009). Las fuentes de financiación y su coste. A Coruña: Netbiblo
Piñeiro, C.; De Llano, P. (2009). Principios y modelos de dirección financiera. Santiago de Compostela: Andavira

Bibliografía complementaria Suárez, A. (2005). Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. 20ª ed.. Madrid: Pirámide
Doldán, F. (2003). Dirección financiera de la empresa. Santiago: Tórculo
Lassala, C.; Medal, A.; Navarro, V.; Sanchis, V.; Soler, A. (2007). Dirección financiera II. Madrid: Pirámide
Álvarez, B.; Boedo, L. (2011). La financiación empresarial: exposición teórica y análisis de la operativa. Estudio de casos reales desarrollados en Excel. Barcelona: Inforbook's
Fernández, A.; Iglesias, S. (2000). Métodos cuantitativos de selección de inversiones: casos prácticos. Santiago: Tórculo
Gómez, A.; Piñol, J.; Reig, A.; Rodrigo, A. (2006). Teoría de la financiación II. Madrid: Pirámide


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Planificación Financeira/611G02034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Estatística I/611G02006
Contabilidade Financeira I/611G02013
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014
Contabilidade Financeira II/611G02018
Teoría do Investimento/611G02020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías