Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Facenda Pública. Sistema Fiscal Código 611G02026
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Rivera Castiñeira, M. Berta
Correo electrónico
b.rivera@udc.es
Profesorado
Campo Villares, Manuel Octavio del
Garcia Lopez, Javier Angel
Rivera Castiñeira, M. Berta
Correo electrónico
m.campov@udc.es
javier.garcial@udc.es
b.rivera@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse as causas de intervención do Sector Público na actividade económica e a vertente de ingresos públicos. Delimítase o sector público e as súas funcións, e preséntase o orzamento como instrumento fundamental de intervención, ao incluír as previsións de gastos e ingresos deste axente económico.
Introdúcense os ingresos públicos, dedicando os diferentes temas ás principais figuras tributarias: o Imposto Persoal sobre a Renda, o Imposto de Sociedades, a imposición indirecta e o financiamento subcentral.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Identificar e coñecer a organización do Sector Público e os fundamentos da súa intervención na economía. A4
A6
A7
A8
A11
Coñecer o funcionamento xeral das finanzas públicas e as súas implicacións sobre as magnitudes macroeconómicas. A7
A8
A9
A11
Coñecer os principais elementos do sistema fiscal español e as súas figuras tributarias. A8
Coñecer o significado dos distintos elementos dos impostos e as súas implicacións. A8
A9
A11
Habilidades de xestión da información relacionada coa materia: obtención e análise crítica de diferentes fontes A6
A8
A9
A11
Habilidade para traballar en equipos interdisciplinarios A12
C1
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 - INTRODUCIÓN AO SECTOR PÚBLICO E ACTIVIDADE FINANCEIRA • Razóns para a intervención do Sector Público na economía
• Sector Público: configuración e delimitación e instrumentos de intervención
• O Orzamento Público. Concepto principios e indicadores

TEMA 2 - INGRESOS PÚBLICOS E CONCEPTOS TRIBUTARIOS BÁSICOS • Concepto e clases de ingresos públicos
• Imposto: concepto, elementos e clasificación
• Principios impositivos básicos.
• Estrutura fiscal española
TEMA 3 - TEORÍA XERAL DA IMPOSICIÓN: EQUIDADE, INCIDENCIA E EFICIENCIA • Distorsións impositivas e exceso de gravamen
• Imposición óptima: eficiencia
• Imposición óptima: eficiencia e equidade
• Imposición óptima e política tributaria
• Efectos económicos do imposto sobre a renda
TEMA 4 - INCIDENCIA DISTRIBUTIVA DA IMPOSICIÓN • Incidencia impositiva en equilibrio parcial
• Incidencia impositiva en equilibrio xeral
• Incidencia espacial
• Evaluación da incidencia distributiva dos impostos
TEMA 5 - IMPOSTO SOBRE A RENDA PERSOAL • Xustificación de un imposto sobre a renda persoal
• A renda como medida da capacidade de pago do imposto
• Determinación da renda fiscal
• Elección da unidade contribuinte
• A inflacion e o imposto sobre a renda

TEMA 6. IMPOSTO DE SOCIEDADES • Xustificación do imposto
• Estructura do imposto.
• Integración dos impostos de renda e sociedades.
TEMA 7. IMPOSICIÓN INDIRECTA. O IVA • Ventaxas e inconvintes da imposición indirecta sobre o consumo
• Imposición selectiva
• Impostos sobre o volumen de ventas
• Impostos sobre o valor engadido
TEMA 8. FEDERALISMO FISCAL • A financiación das Facendas Territoriales
• A tributación das Facendas Territoriales.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 2 18 20
Solución de problemas 25 50 75
Sesión maxistral 17 34 51
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.)). Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Solución de problemas Realización de actividades de carácter práctico (demostracións e/ou exercicios). Nalgúns casos poderán utilizarse os recursos de páxinas web oficiais (AEAT, MEH, Xunta de Galicia, etc.).
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Destinadas a reforzar determinados aspectos da aprendizaje autónoma do estudante mediane o seguimento e supervisión de distintas actividades programadas (busqueda de datos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición dos traballos)

Faranse dous grupos reducidos de 15 alumnos e se programaran duas titorias para resolver dúbidas e para facilitar a preaparacion da proba final

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Consistirá nun exame escrito que se dividirá en dúas partes: unha parte teórica (nas que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio) e unha parte práctica. A cualificación da proba será o resultado da valoración conxunta das dúas partes. 70
Solución de problemas Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar o estudante aos profesores 30
 
Observacións avaliación

O exame escrito se realizará nas datas fixadas polo centro á finalización do segundo cuadrimestre e no mes de xullo, respectivamente.

A entrega de exercicios realizarase no período no que se desenvolven as actividades académicas docentes do segundo cuadrimestre e nas datas que estableza o profesor.

Terá cualificación de non presentado quen só participe de actividades de avaliación que teñan, en conxunto, una ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Para aprobar a materia, asemade de sumar 50 ou máis puntos (sobre 100) na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima de 35 de 70 puntos na proba obxectiva, e 15 de 30 puntos sobre o total das restantes formas de avaliación.

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, agás os expresamente autorizados polo profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica

ALBI, E., J.M. GONZÁLEZ-PÁRAMO e I. ZUBIRI (2004): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona.

COSTA, M., J.M. DURÁN e outros (2005): Teoría básica de los impuestos. Un enfoque económico, 2ª ed, Ed. Thomson Civitas.

DOMÍNGUEZ, J.M. e G. CARRASCO (1998): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. Pirámide, Madrid.

ROSEN, H.S. (2002): Hacienda Pública, 5ª edición, Ed. McGraw-Hill, Madrid.

RUIZ-HUERTA, J. e J. LOSCOS FERNÁNDEZ (dirs) (2003): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. McGraw-Hill, Madrid.

MORENO MORENO, M.C e PAREDES GÓMEZ, R. (2010): Fiscalidad individual y Empresarial Madrid, Civitas.

AEAT (2010): Manual Práctico IRPF. Madrid, AEAT.

ALBI IBAÑEZ, E. (2010): Sistema Fiscal Español, Tomos I y II Barcelona, Ariel

POVEDA BLANCO, F. e SÁNCHEZ SÁNCHEZ, A. (2010):Sistema fiscal. Esquemas y supuestos prácticos. Pamplona. Aranzadi

MEMENTO FISCAL 2011: Ediciones Francis Lefebvre. Madrid. Marzo 2011.

TODO RENTA 2011: Editorial CISS Valencia

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías