Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información. |
A3 |
Que saiban xestionar e organizar documentación. |
A4 |
Que dominen o entorno virtual. |
A6 |
Que saiban realizar produtos multimedia e páxinas web. |
B2 |
Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas. |
B3 |
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. |
B4 |
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. |
B5 |
Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. |
B6 |
Que saiban formular xuízos a partir dunha información que pode ser incompleta ou limitada. |
B7 |
Que saiban realizar reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B9 |
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Entender a utilidade da marcación de textos. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer a filosofía e estrutura das linguaxes de marcado e os seus conceptos básicos: textos ben formados e textos válidos. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Entender os obxectivos de cada tipo de linguaxe de marcado. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer o conxunto de etiquetas básicas de HTML. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Saber crear un documento HTML mediante un editor básico de textos e mediante ferramentas específicas de creación de páxinas web. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer as vantaxes de XML fronte a HTML. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Entender un DTD e ser capaz de crear un DTD específico. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer a utilidade dos XML Schemas. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer estándares para o etiquetado de recursos documentais baseados en XML: Dublin Core e RSS. |
AP1 AP3 AP4 AP6
|
BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP9
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución |
Historia e conceptos básicos das linguaxes de etiquetado: documentos válidos e ben formados |
HTML |
Estrutura dun documento HTML
Formatos de parágrafo
Formatos de caracter
Outros elementos
|
XML |
Introdución
DTD
XML-Schema |
Estándares e conceptos avanzados |
Dublin Core, RSS e TEI
Presentación da información: CSS
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
4 |
9 |
13 |
Prácticas a través de TIC |
5 |
15 |
20 |
Traballos tutelados |
1 |
12 |
13 |
Proba mixta |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos. |
Prácticas a través de TIC |
Impartiranse aulas de prácticas, nas que se traballará cos computadores das aulas de informática da facultade.
|
Traballos tutelados |
Proporase un traballo que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual e que será obrigatorio para superar a materia. O prazo e as normas de entrega estableceranse nas aulas. |
Proba mixta |
Realizarase un exame escrito que conterá preguntas curtas, preguntas test e exercicios sobre os contidos das aulas de teoría, das aulas de prácticas e do aprendido na elaboración dos traballos obrigatorios. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
É por iso que se planifica un tempo fixo de atención personalizada para cada persoa fóra das aulas presenciais, isto é, aparte do que precisen durante as prácticas na aula e durante a realización do traballo tutelado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Avaliarase a participación e a actitude de cada alumno/a nas aulas. |
5 |
Prácticas a través de TIC |
Avaliarase a participación, a actitude e o aproveitamento de cada alumno/a nas aulas. |
5 |
Traballos tutelados |
Avaliarase a calidade dos traballos en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal. A puntuación positiva neste traballo será imprescindíbel, mais non suficiente, para superar a materia. |
45 |
Proba mixta |
Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través de traballo persoal. A puntuación positiva nesta proba será imprescindíbel, mais non suficiente, para superar a materia. |
45 |
|
Observacións avaliación |
Ademais da asistencia e participación activa nas clases e a habilidade demostrada no manexo de ferramentas informáticas nas clases de laboratorio, valorarase o traballo e o exame de contidos finais.
Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo (traballos tutelados). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar o traballo tutelado e realizar a proba mixta nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará ao alumnado publicándoos na web da materia a principio de curso. Para este alumnado, cada unha destas probas suporá o 50% da cualificación final, en vez do 45%.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|