Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Arquitectura da Información en Sedes Web Código 613445003
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
López Rodríguez, Juan Ramon
Correo electrónico
juan.ramon.lopez@udc.es
Profesorado
López Rodríguez, Juan Ramon
Correo electrónico
juan.ramon.lopez@udc.es
Web http://docencia.lbd.udc.es/mlup/sedes/index.html
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Que dominen o entorno virtual.
A6 Que saiban realizar produtos multimedia e páxinas web.
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os conceptos de sede Web e de aplicación Web AP4
CM3
CM6
Comprender as avantaxes competitivas derivadas do deseño Web baseado en estándares AP6
BP1
CM5
CM6
CM8
Comprender os principios básicos de interfases de usuario e interactividade aplicadas ás sedes Web BP1
CM3
Comprender os principios de accesibilidade e usabilidade aplicados ás sedes Web AP6
BP1
CM3
Coñecer os distintos tipos de contidos multimedia dispoñibles a través da Web, e as tecnoloxías asociadas BP1
CM3
Coñecer un número razonable de ferramentas e tecnoloxías útiles para o desenvolvemento de sedes Web AP4
AP6
BP1
CM3

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución: O hipertexto e as súas posibilidades. Tecnoloxías. Tipos de sedes Web. Ferramentas dispoñibles.
2. Deseño de sitios Web e de espazos de información dixital: estándares Obsolescencia e problemas de mantemento. Deseño e creación con estándares. Organismos de estandarización. Compatibilidades directa e inversa. Problemas dos estándares Web. Exemplos.
3. Interfases para aplicacións
multimedia. Arquitectura da información
Arquitectura da información. Interfases de usuario. Principios de usabilidade e universalidade. Accesibilidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC 6 12 18
Traballos tutelados 0 20 20
Sesión maxistral 9 18 27
Proba mixta 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Impartiranse aulas de prácticas nas que se traballará cos computadores das aulas de informática da facultade.
Traballos tutelados Realizarase un traballo individual que precisara de competencias relativas á interactividade, accesibilidade e usabilidade na Web. Incluirá o uso de ferramentas de desenvolvemento Web
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exemplos prácticos.
Proba mixta Realización dun exame final onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta breve.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos informáticos, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas.
É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e mais para os traballos que desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Para superar a materia, será obligatoiro obter o aprobado (2,5 sobre 5) nesta proba. 50
Traballos tutelados Realización dun traballo final 40
Prácticas a través de TIC Avaliarase o progreso e aproveitamento de cada estudante nas aulas prácticas. 10
 
Observacións avaliación

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes  con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) pola súa conta a totalidade (ou parte) das prácticas e traballos. No caso de actividades que requiran dun equipamento específico, se lles facilitará, dentro do posible, unha alternativa viable se a solicitan.


Fontes de información
Bibliografía básica Rosenfeld, Louis; Morville, Peter (1988). Arquitectura de la información para el WWW. Osborne McGraw-Hill
Zeldman, Jeffrey (2004). Diseño con estándares Web. Anaya Multimedia
Pipes, Alan (2012). Diseño de sitios web. Promopress
Krug, Steve (2010). Haz fácil lo imposible. Guía para detectar y determinar los problemas de usaabilidad. Anaya Multimedia
Nielsen, Jacob; Loranger, Hoa (2006). Usabilidad. Prioridad en el diseño Web . Anaya Multimedia

Bibliografía complementaria Clark, Joe (). Building accesible websites.
Cederholm, Dan (). Bulletproof web design.
Powell, Thomas A. (). Diseño de witios Web: Manual de referencia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Linguaxes de Etiquetados de Documentos/613445002
Contidos para Páxinas Web e Bibliotecas Dixitais/613445008

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías