Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal. |
AP7
|
|
|
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. |
AP10
|
|
|
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico. |
AP9
|
|
|
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. |
AP14
|
|
|
Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). |
AP15
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Definción, caracterización e construción do texto |
1.1. O texto e as súas propiedades
1.2. O contexto. O contexto sociocognitivo
1.3. O sentido do texto e o procesamento textual
1.4. Mecanismos de cohesión textual
1.5. Outras técnicas de construción textual |
2. O texto oral e a súa organización |
2.1. Contínuum tipolóxico e visión dicotómica
2.2. Caracterización do texto oral
2.3. A análise da conversación e a súa organización
2.4. Outros textos orais: aspectos prácticos e organizativos
2.5. O uso da lingua na oralidade
|
3. O texto escrito e a súa organización |
3.1. Caracterización da escrita
3.2. Organización do texto escrito
3.3. Importancia do parágrafo
3.4. Normas de construción de oracións e de escolla de palabras |
4. Estilos e rexistros lingüísticos |
4.1. Xénero, estilo e rexistro
4.2. Os recursos estilísticos e a calidade lingüística
4.3. A modalización do texto. Polifonía e intertextualidade.
4.4. Os rexistros lingüísticos |
5. Xéneros e tipoloxías textuais. A súa caracterización lingüística |
5.1. Consideracións previas
5.2. Os xéneros
5.3. Os tipos de texto: argumentativos, explicativos, descritivos, narrativos, conversacionais e instrutivos
5.4. Xéneros e textos particulares |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
1 |
0 |
1 |
Lecturas |
0 |
15 |
15 |
Recensión bilbiográfica |
0 |
10 |
10 |
Sesión maxistral |
20 |
40 |
60 |
Traballos tutelados |
0 |
40 |
40 |
Discusión dirixida |
23 |
0 |
23 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Realizarase unha proba inicial para comprobar o nivel de lingua e de dominio da redacción consistente na corrección e mellora de dous textos e na elaboración dun texto novo do ámbito administrativo. |
Lecturas |
Entregarase o primeiro día de aulas un dossier con lecturas obrigatorias sobre diferentes aspectos do programa que servirán de complemento aos contidos teóricos expostos nas aulas presenciais. |
Recensión bilbiográfica |
Entre as lecturas obrigatorias incluídas no dossier cada alumno ou alumna deberá realizar, de acordo co profesor/a, a recensión por escrito de unha delas e a correspondente exposición oral. |
Sesión maxistral |
En cada sesión haberá unha presentación inicial de contidos teóricos que desenvolvan o programa do curso, seguida de actividades prácticas e discusións dirixidas. |
Traballos tutelados |
Realizaranse dous traballos relacionados con algunha das seccións dos temas do programa que seleccionará o alumnado: un de modo individual e outro en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor ou coa profesora para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. |
Discusión dirixida |
Após á exposición teórica de contidos, e á parte da posibilidade de o alumnado realizar en calquera momento as preguntas que estimar convenientes, someteranse a debate regularmente algúns aspectos do programa elixidos polo/a profesor/a, quen tamén irá sinalando o alumno ou alumna que deberá iniciar o debate. Trátase tamén de practicar o discurso oral e de mellorar a súa técnica. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O alumnado deberá escoller coa profesora ou profesor os temas dos seus traballos, consultar con estes o guión proposto e a metodoloxía a utilizar, e logo procurar resolver con eles as dúbidas que se presentaren. Antes da entrega definitiva, cada alumno ou alumna deberá mostrar ao profesor/a a versión previa do traballo, por se houber que introducir algunha modificación relevante. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Tamén neste caso se puntuará ao 50% o traballo escrito e a exposición oral, tendo moi en conta en ambos os casos o criterio da corrección lingüística e das técnicas de organización e redacción utilizadas, xuntamente co contido. |
40 |
Lecturas |
Cada alumno ou alumna deberá pasar unha proba de comprobación de lecturas que consistirá no resumo e comentario dunha delas, excluída aquela de que realizar a recensión escrita. Poderá facelo oralmente ou por escrito, segundo preferir. |
30 |
Recensión bilbiográfica |
Neste caso puntuarase ao 50% a recensión escrita e a exposición oral, tendo moi en conta en ambos os casos o criterio da corrección lingüística e das técnicas de organización e redacción utilizadas. |
10 |
Discusión dirixida |
Valorarase tanto a participación de cada alumno ou alumna nas discusións dirixidas que o profesor/a lle encargar de inicio como aqueloutras intervencións que espontánea e voluntariamente fixer en todas as demais discusións. |
20 |
|
Observacións avaliación |
No conxunto da avaliación vai ser tida moi en conta a asistencia e participación activa nas aulas, así como a técnica demostrada na elaboración de textos orais e escritos, onde se inclúe necesariamente a corrección e a calidade lingüística.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua. A Coruña. SNL / Servizo de Publicacións da UDC
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega IV. Gramática do texto. Vigo. A Nosa Terra
Koch, I. G. Villaça (2004). Introdução à lingüística textual. São Paulo. Martins Fonte
Cassany, D. (1998). La cocina de la escritura. Barcelona. Anagrama
Ríos Noia, M. et al. (2007). Manual de documentos administrativos. A Coruña. SNL / Servizo de Publicacións da UDC
Bassols, M. e A. M. Torrent (1997). Modelos textuales. Teoría y práctica. Barcelona. Octoedro
Garcia Negro, M. P. e X. Costa Casas (1995). O ensino da língua. Por un cámbio de rumo. A Coruña. AS-PG
Estrela, E., M. A. Soares e M. J. Leitão (2004). Saber Escrever Saber Falar. Lisboa. Dom Quixote
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña. SNL / Servizo de Publicacións da UDC
Flesh, R. e A. H. Lass (1996). The Classic Guide to Better Writing. New York. Harper Resource |
|
Bibliografía complementaria
|
Marcuschi, L. A. (2001). Análise da conversação. São Paulo. Ática
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo. Parábola
Vilela, M. e Koch, I. (2001). Gramática da Lingua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Koch, I. G. Villaça e Bentes, M. (2007). Intertextualidade. Diálogos Possíveis. São Paulo. Cortez
Antunes, I. (2005). Lutar com palavras. Coesão e coerência. São Paulo. Parábola
Zinsser, W. (2005). On Writing Well. The Classic Guide to Writing Non-fiction. New York. Collins
Bordons, G. et al. (1998). TXT La lingüística textual aplicada al comentari de textos. Barcelona. Universitat de Barcelona |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O alumnado debe posuír dominio oral e escrito da lingua galega, con plena competencia en todas as destrezas básicas. |
|