Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A7 |
Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal. |
A12 |
Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. |
A14 |
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. |
B3 |
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. |
B4 |
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. |
B9 |
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal. |
AP12
|
|
|
Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal |
AP7
|
|
|
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación |
AP14
|
|
|
Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas |
|
BP3
|
|
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. |
|
BP4
|
|
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo |
|
BP9
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
|
|
CM4
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
1.1. Conceptos fundamentais
1.2. Exemplos no galego |
2. Variábeis e factores que inciden no uso |
2.1. Tempo, idade, zona, procedencia, contexto etc.
2.2. Exemplos prácticos no galego |
3. Uso dunha lingua de calidade: constatacións, recomendacións e orientacións |
3.1. Ámbito ortográfico
3.2. Ámbito fónico
3.3. Ámbito morfosintáctico
3.4. Ámbito semántico-lexical
3.5. Ámbito pragmático-textual |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Recensión bilbiográfica |
0 |
15 |
15 |
Presentación oral |
5 |
15 |
20 |
Obradoiro |
15 |
20 |
35 |
Análise de fontes documentais |
10 |
10 |
20 |
Proba obxectiva |
3 |
10 |
13 |
Resumo |
0 |
7 |
7 |
Sesión maxistral |
20 |
16 |
36 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Recensión bilbiográfica |
A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valorización desta en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece o texto recensionado a respecto doutras obras de temática similar. |
Presentación oral |
Consiste nunha ntervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e profesorado interaxen dun modo ordenado, propondo cuestións, facendo aclaracións e expondo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa, e pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación etc. |
Resumo |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Atención personalizada |
|
Descrición |
Durante o tempo dedicado á atención personalizada, a persoa encarregada da docencia orientará e debaterá co alumno ou coa alumna xeito de se faceren os resumos previamente acordados. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Recensión bilbiográfica |
Nas actividades agrupadas nas recensións bibliográficas terase en conta a capacidade de síntese, o uso dunha lingua de calidade e a capacidade crítica do alumno ou da alumna. |
20 |
Presentación oral |
As presentacións orais terán como puntos fortes a fluidez discursiva, o emprego dunha lingua de calidade e a clareza expostiva. |
25 |
Obradoiro |
Nos obradoiros porase en valor a capacidade dialéctica do alumnado, o seu grao de coñecemento dos contidos que expoñen ou que se debaten e as súas capacidades crítica e de síntese. |
25 |
Proba obxectiva |
Nos exercicios enmarcados na modalidade de "proba obxectiva" serán tidos en conta o grao de coñecementos adquiridos, a clareza expositiva, a capacidade de síntese e o emprego dunha modalidade lingüística culta e de calidade. |
15 |
Resumo |
Os resumos contarán na cualificación final nun 15% e neles valorizarase a capacidade de síntese e de asimilación de contidos, ben como a evolución do seguimento do alumno ou da alumna na atención personalizada. |
15 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
PERES, J. ANDRADE / MÓIA, T. (1995). Áreas Críticas da Língua Portuguesa . Lisboa: Caminho
VV.AA (2002). Dialectoloxía e léxico. Compostela: CCG / ILG
AGAL (1989). Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982. A Corunha: AGAL
FREIXEIRO MATO, X. R (2006). Gramática da lingua galega. Vol. I. Fonética e Fonoloxía. Vol. III. Semántica. Vol. II. Morfosintaxe. Vol. IV. Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
CHAMBERS, J. K. / TRUDGILL, P. (1994). La dialectología . Barcelona: Visor
MARZYS, Z. (1998). La Variation et la Norme. Essais de dialectologie galloromane et d’histoire de la langue française . Neuchâtel / Genève: Universite de Neuchâstel / Libraire Doz
FREIXEIRO MATO, X. R (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
LORENZO, E. (1991). Niveles y registros en el español actual. . Logroño: Gobierno de La Rioja
VV.AA (2005). Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego. Compostela: CCG / ILG
RAG / ILG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega . A Coruña
KABATEK, J. (2000). Os falantes como lingüistas. Tradición, innovación e interferencia no galego actual. Vigo: Xerais
CALERO FERNÁNDEZ, M. A. (1999). Sexismo lingüístico. Análisis y propuestas ante la discriminación sexual en el lenguaje . Madrid: Narcea
VV.AA (1996). Sociolinguistic Variation. Data, Theory and Analysis. Selected Papers from New Ways of Analyzing Vartiation (23rd, 1994) at Stanford. Sociolinguistic Variation. Data, Theory and Analysis. Selected Papers from New Ways of Analyzing Var
FASOLD, R. (1990). Sociolinguistics of Language . Cambridge, MA: Basil Blackwell
ÁLVAREZ, R. (2003). Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar. A Coruña: RAG |
|
Bibliografía complementaria
|
|
A bibliografía complementar será entregada no desenvolvemento do seminario tendo en conta as actividades propostas (resumos, recensións etc.). |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|