Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Entender o impacto das novas tecnoloxía na profesión do filólogo/a |
AP4 AP6 AP8
|
BP1 BP5 BP9
|
CM3 CM6 CM8
|
Entender o impacto das industrias da lingua na sociedade |
AP4 AP6 AP8 AP10
|
BP1 BP2 BP4 BP5
|
CM3 CM6 CM8
|
Coñecer en profundidade as implicacións teóricas e prácticas das novas interfaces dos medios electrónicos nos procesos de lectura e produción textual. |
AP3 AP4 AP8
|
BP1 BP2 BP4
|
CM3 CM6 CM8
|
Coñecer en profundidade novas formas de produción e divulgación literaria. |
AP4 AP8
|
BP1 BP3 BP5
|
CM3 CM6 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución xeral: novas tecnoloxías e novas formas de produción e divulgación literaria
|
- Que cambios provocan as novas tecnoloxías no fenómeno literario?
- Que se entende por literatura electrónica?
|
Autoría, lectura, edición e bibliotecas no mundo dixital
|
- Bibliotecas Dixitais e servizos de valor engadido.
- Os novos retos da edición: O hipertexto e a edición virtual. |
A creatividade dixital asociada ás bitácoras |
- Caracterización e extensión social das bitácoras (blogs).
- Posibilidades da textualidade electrónica. |
Hipermedia e sistema literario |
- Tradución de obras impresas ao formato dixital
- Producións orixinais creadas en e para un contorno dixital
- Incidencia dos novos formatos nos modos de ler e escribir |
Que se entende por ciberliteratura? |
- A ciberficción: hipertexto e narrativa.
- A ciberpoesía: hipertexto e poesía.
- O ciberteatro.
- O ciberensaio. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
5 |
5 |
10 |
Traballos tutelados |
0 |
14 |
14 |
Discusión dirixida |
3 |
6 |
9 |
Presentación oral |
1 |
3 |
4 |
Lecturas |
0 |
12 |
12 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos. |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará dous traballos tutelados.
O primeiro consistirá na selección e comentario de algúns exemplos de literatura hipertextual. Este traballo exporase oralmente en sesión presencial.
O segundo traballo consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
|
Discusión dirixida |
Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Previamente deberán prepara a discusión a partir das lecturas obrigatorias determinadas pola profesora. |
Presentación oral |
Destinaranse as sesión presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos.
|
Lecturas |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos desenvolvidos nas aulas, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e mais para os traballos que desenvolverán de forma individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
Serán avaliadas, tanto a presentación oral do segundo dos traballos tutelados (que consistirá na selección e comentario de algúns exemplos de literatura hipertextual), como a participación retroalimentadora nos traballos dos outros grupos.
|
20 |
Discusión dirixida |
Para superar a materia, será obrigatoria a participación activa nas discusións que se propoñan nas aulas.
|
20 |
Traballos tutelados |
O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
|
40 |
Lecturas |
As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos, tanto ás discusións dirixidas, como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados na aula ou no espazo de traballo colaborativo en liña.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado nin participar, polo menos, nunha parte das discusións dirixidas que se plantexen nas aulas.
Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
AGUIRRE ROMERO, J.: "El fluído literario: Internet y la literatura", http://www.ucm.es/info/especulo/numero31/fluido.html
AGUIRRE ROMERO, J.: “Literatura en Internet: ¿Qué encontramos en la WWW?: http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/lite_www.htm
BORRÀS CASTANYER, L. (2004): “De la estética de la recepción a la estética de la interactividad. Notas para una hermenéutica hipertextual”, en Muro, M. A. (ed.), Arte y nuevas tecnologías, La Rioja, Universidad de la Rioja, pp. 272-287.
FERNÁNDEZ PÉREZ-SANJULIÁN, C. (2007): “Novas tecnoloxías, libros e bibliotecas dixitais”, Grial, 174, pp. 140-147.
PAJARES TOSCA, S. (1997), Las posibilidades de la narrativa hipertextual, Espéculo, nº 6. http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/s_pajare.htm
QUEIPO, X. : "Cartas marcadas", http://www.culturagalega.org/colaboracion.php?id=13
RODRÍGUEZ REYES, C. (2005), Hipertexto y literatura en Red. El relato digital, los escrilectores y la Cibercultura, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 7: http://www.cibersociedad.net
VILARIÑO PICOS, Mª T. (2004): "Literatura e novas tecnoloxías", en CASAS, A. (coord.): Elementos de crítica literaria. Vigo, Xerais, pp. 615-650.
VILARIÑO PICOS, Mª T. / ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006): "Historias multiformes en el ciberespacio. Literatura e hipertextualidad", en Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco, pp. 13-23.
VOUILLAMOZ, N. (2000): Literatura e hipermedia. La irrupción de la literatura interactiva: precedentes y crítica, Barcelona, Paidós, pp.103-105 e 117-127. |
Bibliografía complementaria
|
(). . |
Bibliografía complementar
ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.
BIRKERTS, S. (1994), The Gutemberg Elegies. The Fate of Reading in Electronic Age. Nueva York, Fawcett Columbine. Trad. ao cast. por D. Manzanares, Elegía a Gutemberg. El futuro de la lectura en la era electrónic. Madrid, Alianza Editorial, 1999.
BORRAS CASTANYER, L. (2005), Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.
LÉVY, P. (1993), As Tecnologias da Inteligência. Rio de Janeiro, Editora 34.
MARCUSCHI, L.A. / XAVIER, A.C. (orgs.) (2005), Hipertexto e gêneros digitais. Novas formas de construção de sentido. Rio de Janeiro, Lucerna.
MORENO HERNÁNDEZ, C. (1998), Literatura e hipertexto: de la cultura manuscrita a la cultura electrónica, Madrid, UNED.
PAJARES TOSCA, S. (2004): Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres Universidad de Extremadura.
MURRAY, J. H. (1997), Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in Cyberspace. The Free Press, Nueva York. Trad.ao cast. de http://www.jamillan.com/hamlet.htm
SÁNCHEZ MESA, D. (2004) Literatura y cibercultura, Madrid, Arco Libros.
VILARIÑO PICOS, Mª T./ ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006), Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco Libros.
VEGA, Mª J.(2003), Literatura hipertextual y teoría literaria, Madrid, Marenostrum. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|