Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Lingua e Literatura na Sociedade da Información Código 613445026
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 2
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web
Descrición xeral As novas tecnoloxías e as novas formas de produción e divulgación literaria. Cultura dixital e Literatura: unha introdución á a ciberliteratura.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Que saiban xestionar e organizar documentación.
A4 Que dominen o entorno virtual.
A6 Que saiban realizar produtos multimedia e páxinas web.
A8 Que poidan crear contidos culturais.
A10 Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc.
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B2 Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B4 Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B9 Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Entender o impacto das novas tecnoloxía na profesión do filólogo/a AP4
AP6
AP8
BP1
BP5
BP9
CM3
CM6
CM8
Entender o impacto das industrias da lingua na sociedade AP4
AP6
AP8
AP10
BP1
BP2
BP4
BP5
CM3
CM6
CM8
Coñecer en profundidade as implicacións teóricas e prácticas das novas interfaces dos medios electrónicos nos procesos de lectura e produción textual. AP3
AP4
AP8
BP1
BP2
BP4
CM3
CM6
CM8
Coñecer en profundidade novas formas de produción e divulgación literaria. AP4
AP8
BP1
BP3
BP5
CM3
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución xeral: novas tecnoloxías e novas formas de produción e divulgación literaria
- Que cambios provocan as novas tecnoloxías no fenómeno literario?
- Que se entende por literatura electrónica?
Autoría, lectura, edición e bibliotecas no mundo dixital
- Bibliotecas Dixitais e servizos de valor engadido.
- Os novos retos da edición: O hipertexto e a edición virtual.
A creatividade dixital asociada ás bitácoras - Caracterización e extensión social das bitácoras (blogs).
- Posibilidades da textualidade electrónica.
Hipermedia e sistema literario - Tradución de obras impresas ao formato dixital
- Producións orixinais creadas en e para un contorno dixital
- Incidencia dos novos formatos nos modos de ler e escribir
Que se entende por ciberliteratura? - A ciberficción: hipertexto e narrativa.
- A ciberpoesía: hipertexto e poesía.
- O ciberteatro.
- O ciberensaio.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 5 5 10
Traballos tutelados 0 14 14
Discusión dirixida 3 6 9
Presentación oral 1 3 4
Lecturas 0 12 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que se presentarán contidos teóricos en combinación con exercicios prácticos.
Traballos tutelados O alumnado realizará dous traballos tutelados.
O primeiro consistirá na selección e comentario de algúns exemplos de literatura hipertextual. Este traballo exporase oralmente en sesión presencial.
O segundo traballo consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.

Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Previamente deberán prepara a discusión a partir das lecturas obrigatorias determinadas pola profesora.
Presentación oral Destinaranse as sesión presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos.
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos desenvolvidos nas aulas, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e mais para os traballos que desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Serán avaliadas, tanto a presentación oral do segundo dos traballos tutelados (que consistirá na selección e comentario de algúns exemplos de literatura hipertextual), como a participación retroalimentadora nos traballos dos outros grupos.
20
Discusión dirixida Para superar a materia, será obrigatoria a participación activa nas discusións que se propoñan nas aulas.
20
Traballos tutelados O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
40
Lecturas As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos, tanto ás discusións dirixidas, como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados na aula ou no espazo de traballo colaborativo en liña.
20
 
Observacións avaliación

Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado nin participar, polo menos, nunha parte das discusións dirixidas que se plantexen nas aulas.


Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.


Fontes de información
Bibliografía básica

AGUIRRE ROMERO, J.: "El fluído literario: Internet y la literatura", http://www.ucm.es/info/especulo/numero31/fluido.html

AGUIRRE ROMERO, J.: “Literatura en Internet: ¿Qué encontramos en la WWW?:  http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/lite_www.htm

BORRÀS CASTANYER, L. (2004): “De la estética de la recepción a la estética de la interactividad. Notas para una hermenéutica hipertextual”, en Muro, M. A. (ed.), Arte y nuevas tecnologías, La Rioja, Universidad de la Rioja, pp. 272-287.

FERNÁNDEZ PÉREZ-SANJULIÁN, C. (2007): “Novas tecnoloxías, libros e bibliotecas dixitais”, Grial, 174, pp. 140-147.

PAJARES TOSCA, S. (1997), Las posibilidades de la narrativa hipertextual, Espéculo, nº 6. http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/s_pajare.htm

QUEIPO, X. : "Cartas marcadas", http://www.culturagalega.org/colaboracion.php?id=13

RODRÍGUEZ REYES, C. (2005), Hipertexto y literatura en Red. El relato digital, los escrilectores y la Cibercultura, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 7: http://www.cibersociedad.net

VILARIÑO PICOS, Mª T. (2004): "Literatura e novas tecnoloxías", en CASAS, A. (coord.): Elementos de crítica literaria. Vigo, Xerais, pp. 615-650.

VILARIÑO PICOS, Mª T. / ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006): "Historias multiformes en el ciberespacio. Literatura e hipertextualidad", en Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco, pp. 13-23.

VOUILLAMOZ, N. (2000): Literatura e hipermedia. La irrupción de la literatura interactiva: precedentes y crítica, Barcelona, Paidós, pp.103-105 e 117-127.

Bibliografía complementaria (). .

Bibliografía complementar

ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.

BIRKERTS, S. (1994), The Gutemberg Elegies. The Fate of Reading in Electronic Age. Nueva York, Fawcett Columbine. Trad. ao cast. por D. Manzanares, Elegía a Gutemberg. El futuro de la lectura en la era electrónic. Madrid, Alianza Editorial, 1999.

BORRAS CASTANYER, L. (2005), Textualidades electrónicas. Nuevos  escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.

LÉVY, P. (1993), As Tecnologias da Inteligência. Rio de Janeiro, Editora 34.

MARCUSCHI, L.A. / XAVIER, A.C. (orgs.) (2005), Hipertexto e gêneros digitais. Novas formas de construção de sentido. Rio de Janeiro, Lucerna.

MORENO HERNÁNDEZ, C. (1998), Literatura e hipertexto: de la cultura manuscrita a la cultura electrónica, Madrid, UNED.

PAJARES TOSCA, S. (2004): Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres Universidad de Extremadura.

MURRAY, J. H. (1997), Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in Cyberspace. The Free Press, Nueva York. Trad.ao cast. de http://www.jamillan.com/hamlet.htm

SÁNCHEZ MESA, D. (2004) Literatura y cibercultura, Madrid, Arco Libros.

VILARIÑO PICOS, Mª T./ ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006), Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid, Arco Libros.

VEGA, Mª J.(2003), Literatura hipertextual y teoría literaria, Madrid, Marenostrum.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías